Presentación en Ribeira
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo, 8 de abril de 2011. O Bng de Rianxo reclama o amaño de dúas pontes de madeira derrubadas polas enchentes do inverno e que afectan ao paseo fluvial do río Té. "Xunto a iso é preciso acometer unha limpeza xeral, especialmente nalgunha zona onde a vexetación chega a cegar o camiño. Coa chegada do bo tempo e comezar a saír as familias a gozar do paseo polo río faise necesario agora acometer esa limpeza e os arranxos e recolocación das estruturas movidas pola enxurrada", conclúen os nacionalistas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Lousame, 8 de abril de 2011. O club de BTT "O Treito", de Lousame, en colaboración co Concello, organizan a "II Marcha Cicloturista Btt Concello de Lousame" que terá lugar o Sábado 30 de Abril de 2011 pola tarde. A ruta será de dificultade técnica e física de nivel alto e terá unha distancia aproximada de 40 km dos cales 2 serán por estrada asfaltada (a maioría o comezo) e o resto por sendeiros, trialeiras e pistas de terra. Realizarase un avituallamento líquido sen paradas e un segundo líquido e sólido aproximadamente no km 20 na ermida de San Cristovo (Ces), ao remate poderán disfrutar duns petiscos e algunha sorpresa máis (en especial para as mozas que se apunten) no Polideportivo Municipal.
A entrega de dorsais e firma de estatutos realizarase a partir das 15:00h ata as 15:45h no "Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra" que se sitúa a 1 km do Concello de Lousame. Saída ás 16:00 h.
Para apuntarse poden chamar ó teléfono 981 820 494 (de Luns a Venres de 9:00 a 14:00) ou ben na dirección de correo electrónico deporteslousame@gmail.com indicándonos nome e apelidos, d.n.i., teléfono e lugar de procedencia con data límite o 27 de abril. O límite de inscrición será de 300 participantes e a cota de inscrición terá un módico prezo de 5 euros (federados e non federados) a ingresar no número de conta 2091 0381 71 3040003248 do noso Club "BTT O TREITO LOUSAME" en NovaCaixaGalicia ou ben o mesmo día da marcha a un prezo de 7 euros.
NOTA: O RESGARDO DEBE LEVARSE PARA ENTREGAR NA RECOLLIDA DE DORSAIS.
A inscrición da dereito á participación, a un regalo, servizo de lavado de bicicletas e duchas, servizo de recollida de bicicleta en caso de avaría, ambulancia e varios sorteos que se farán na organización ao finalizar a proba.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A finalidade desta iniciativa é a prevención de situacións de crise emocional que desencadeen en patoloxías ou recaídas psiquiátricas (depresión, ansiedade ou os seus síntomas: illamento social, somatizacións, problemas alimenticios, etc.), co resultado de mellora do equilibrio emocional da persoa, da súa estabilidade.
A actividade celebrarase todos os xoves, dende o 14 de abril ata o mes de xuño. O lugar no que se desenvolverá o taller serán as Aulas que os Servizos Sociais teñen na rúa Cristóbal Colón. O horario será de 11 a 12.30 horas.
Os obxectivos son:
Hai 22 prazas. Inscricións no CIM de Ribeira (preguntar á psicóloga: Ángeles Pazos).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 8 de abril de 2011. Pensabamos que só había dous festivais este mes -que xa é unha barbaridade para abril- e faltounos o Festival de Punk-Rock por excelencia do Barbanza, o Kurrala Rock 2011, con concertos aos que xa lle gustaría a Chuck Norris -dinos a organización que non vén por problemas de axenda- escoitar.
O Kurrala Rock conta desta volta con cinco bandas galegas e unha de Euskadi que van atronar nun campo de fútbol no que haberá 16 metros de escenario, 15.000 watios de son, 60.000 de luces e litros e litros de bebidas espirituosas -sede responsables coa vosa sede- para que a noite sexa caralluda. Comezan ás nove da noite e, como é lóxico, non aventuran hora de remate. Haberá varios técnicos profesionais de sonido e luces para que todo vaia como debe ser (a pedir de Milhouse), haberá barra para refresca-la gorxa a prezos económicos (populares non se pode dicir que estamos en precampaña electoral) e ampla zona para aparcar. Tamén, para o bandullo, haberá bocatas, que non todo vai ser beber, galopíns. O que non se mova en coche nin furgalla hippie pode coller un bus desde Ribeira ás 19.20 e 21.35 (neste último chegaredes tarde, informais). Para os máis finos, o teléfono da parada de taxi de Ribeira é 981 87 04 66 e o do Radio Taxi, 636 27 37 27. Que podemos dicir das bandas que tocan?SUTURA (Basque Punk Legends), TRINTXERPE-EUSKAL HERRIA é unha banda que leva máis de 10 anos pateándose os principais escenarios de festivais, gaztetxes e prestixiosas salas, tanto de Euskal Herria con do resto do estado. Compartindo escenarios con U.K.SUBS, GATILLAZO, VOMITO, ENVIDIA KOTXINA, LEHENDAKARIS MUERTOS, ANTI-REGIMEN e outros grupos cañeiros (potentes, non que tomen cañas).
Concerto: o 22 de abril, Sutura, Inllorfeis e Curva á eskerda

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra, 8 de abril de 2011. O xoves 6 de abril chegou un novo grupo ás instalacións do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal: nesta ocasión foi un colectivo formado por 40 persoas, entre alumnos e mestres que, procedentes do centro de ensinanza I.E.S. de Valmiñor, da localidade de Nigrán, percorreron os lugares máis emblemáticos do centro da Pobra relacionados co escritor (Villa Eugenia, Farmacia Tato, Pazos do Couto e Aguiar), para logo ser recibidos na Torre de Bermúdez e conducidos pola técnica Begoña Olveira a través das distintas dependencias do Museo.
Unha nova visita terá lugar este sábado día 9 pola tarde: ao Museo Valle-Inclán de A Pobra chegará un grupo de 20 persoas que a partir das 17:45 h. poderán disfrutar do edificio e o seu contido a través dunha percorrido guiado que os achegará ao insigne escritor galego en castelán.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O corrector de números de "Cifras e Letras", Jorge Mira, dará un paseo polos bordes da ciencia cercana. Os interesados tamén poderán aprender que é o grafeno ou os fullerenos.
Ribeira, 8 de abril de 2011. Un ano máis o instituto de ensino secundario Coroso celebra a súa “Semana das Ciencias”, que chega á terceira edición e está organizada polos departamentos de Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Tecnoloxía.Durante unha semana (do 11 ó 15 de Abril), desenvolveranse no instituto diferentes actividades: conferencias, proxeccións de documentais e películas, exposicións, talleres e visitas , todas elas encamiñadas a divulgar o mundo científico ós rapaces fóra do ambiente das clases.
Contarán coa presenza do profesor Jorge Mira Pérez, catedrático de Física e director do programa CONCIENCIA da USC, que impartirá a conferencia “Un paseo polos bordes da ciencia cercana”. Mira, que acaba de publicar un libro, é coñecido tamén pola súa participación no concurso "Cifras e letras", da TVG, na que, xunto a Iolanda Castaño, exercía como corrector dos concursantes.
Fernando Fernández Domonte do INTECMAR falará do “Programa de control da calidade do medio mariño en Galicia”. Haberá tamén unha charla de Francisco Sóñora do Proxecto Climántica: “Fontes e vectores enerxéticos”.
O profesor de Física da Materia Condensada da USC, Jesús Mosqueira Rey falará dun tema de actualidade: ”As novas variantes do carbono: grafeno, fullerenos e nanotubos”.
O martes día 12 de Abril, os alumnos visitarán a illa de Ons, onde desenvolverán diferentes actividades.
Haberá tamén no centro dúas exposicións: ”Momentos matemáticos”, para promover a apreciación e coñecemento do papel relevante que as Matemáticas desempeñan na Ciencia, na Natureza, na Tecnoloxía e na cultura. A outra exposición , “EXPOMETEORO”, está dedicada ao mundo da Meteoroloxía.
Segundo a organización desta Semana das Ciencias, "na sociedade de hoxe en día preténdese que o alumnado teña cada vez máis unha cultura máis ampla. Tendo en conta a optatividade do ensino da ciencia, hai alumnado que remata a educación secundaria con moi pouca cultura científica, mentres que a sociedade reclama unha alfabetización científica cada vez máis ampla como factor estratégico do desenvolvemento das persoas. Por esta razón, entendemos que a Semana das Ciencias constitúe unha plataforma de divulgación científica non formal que pode axudar ó estudantado a acadar unha perspectiva distinta e enriquecedora do coñecemento científico. Dende o IES COROSO esperamos que esta semana volva ser un éxito na participación e satisfacción do noso alumnado, para potenciar deste xeito a súa formación integral como cidadáns".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia