Fotograma de "Sobre a morte do Bieito", de Xudit Casas Ribeira, 8 de abril de 2011. O Centro de Información á Muller de Ribeira (CIM) pon en marcha para esta un Obradoiro sobre Xestións Emocionais do Dó.
A finalidade desta iniciativa é a prevención de situacións de crise emocional que desencadeen en patoloxías ou recaídas psiquiátricas (depresión, ansiedade ou os seus síntomas: illamento social, somatizacións, problemas alimenticios, etc.), co resultado de mellora do equilibrio emocional da persoa, da súa estabilidade.
A actividade celebrarase todos os xoves, dende o 14 de abril ata o mes de xuño. O lugar no que se desenvolverá o taller serán as Aulas que os Servizos Sociais teñen na rúa Cristóbal Colón. O horario será de 11 a 12.30 horas.
Os obxectivos son:
- Coñecemento da terminoloxía do que é o dó (Dor ou aflicción que se sente por algo. Dó pola morte dun ser querido), as súas fases, as características os seus síntomas, os tipos.
- Dotar de ferramentas ou técnicas de xestión emocional para poder pasar as situacións de dó (en xeral)
- Previr estados de crise –por situacións de perda, etc – co aprendido no obradoiro.
- Aprender a expresar unha mala noticia a un menor e manexar o control de emocións que isto xera, sen que as desborde e xere medo e indefensión no menor.
Hai 22 prazas. Inscricións no CIM de Ribeira (preguntar á psicóloga: Ángeles Pazos).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario