20.7.12

Noia: o PP levará ao pleno do 27 unha moción a prol de restaurar e musealizar todas as laudas gremiais de Santa María a Nova

Media_httpfarm4static_djibz

As laudas gremiais déronse en boa parte de Europa no medievo. Na imaxe, unha en San Juan de Luz (Francia)

En Santa María a Nova hai centos de laudas. Só unhas poucas se expoñen

Texto íntegro da moción:

O Grupo Municipal Popular, ao amparo do establecido no artigo 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, formula, para o seu debate e, no seu caso, aprobación no Pleno Ordinario a celebrar o vindeiro día 27 a seguinte  

MOCIÓN

Exposición de motivos:

A vila de Noia ten un tesouro de incalculable valor histórico; as laudas gremiais do cemiterio de Santa María a Nova, que constitúen a maior colección coñecida de laudas nas que aparecen símbolos de distintos oficios, figuras humanas de forma esquemática, signos familiares, escudos heráldicos, etc.

A coñecida como maior colección de laudas sepulcrais do mundo, ronda o medio milleiro de exemplares e pertencen á época medieval, entre os séculos XIV e XVI, aínda que algúns autores sitúan as máis antigas nos séculos XI e XIII e tamén as máis modernas, as nobiliarias, entre os séculos XVII e XIX.

A súa riqueza patrimonial non se corresponde co seu estado de conservación, protección e catalogación, e consecuencia disto o seu potencial expositivo está seriamente mermado.

O Partido Popular, no programa das eleccións municipais do 2011 incluía, no apartado de cultura, a recuperación, restauración, catalogación e posterior exposición deste conxunto, polo que sendo consecuente co mesmo e tendo en conta tanto a importancia histórica destas laudas como o potencial turístico que supón para a vila como reclamo cultural de primeira orde, propón ao pleno a adopción dos seguintes acordos:

  1. Destinar a totalidade do importe do novo Plan Especial que a Deputación de A Coruña destinará este mes a Noia (prevese que a nosa vila recibirá 211.000 € sin necesidade de cofinanciamento municipal), para a súa restauración, catalogación e posterior exposición ao público, o que redundará nun importante incremento do noso turismo cultural.

  2. Que o equipo de goberno se encargue, durante os meses de execución, de buscar un lugar definitivo para a súa ubicación, conservación e musealización.

Relacionada:


Laudas: a dos Canteiros pódese ver na Cidade da Cultura ata decembro

Pode que tamén lle interese:


Noia: outro paso máis para aprobar o PXOM


Ciclo "Rúas Vivas": circo, cine, humor e música no verán


San Bartolomeu 2012: o 24 de agosto, Son de Seu, de balde


San Bartolomeu 2012: o sábado 25 de agosto, Kiko Veneno en concerto no San Bartolomeu. Gratis


San Bartolomeu 2012: o 26 de agosto, Cantajuego

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o domingo 29 de xullo celébrase a gala dos premios "Concello de Riveira"

  • Os premiados este ano son a ong Cruz Vermella, o arquitecto británico David Chipperfield e o dramaturgo local Quico Cadaval
  • 30 euros para os veciños que desexen acudir ao papatorio no restaurante Baiuca ás dúas da tarde


Quico Cadaval nunha escea de "Shakespeare para ignorantes"

 

Ribeira, 20 de xullo de 2012.- Xa hai data para a celebración da 14ª edición dos Premios Concellos de Riveira que organiza esta administración coa colaboración da Asociación de Amas de Casa: será o próximo domingo 29 de xullo, ás 14 horas, no Restaurante Baiuca.

 

Segundo ditame do xurado, estes galardóns recaerán en Cruz Vermella de Ribeira, na categoría de Traballo Desinteresado; no polifacético Quico Cadaval na modalidade de Cultura; e no renomeado arquitecto británico con vinculación con Corrubedo David Chipperfield, polo Traballo Ben Feito. Os tres galardoados xa confirmaron a súa presenza no acontecemento, que como xa é tradicional incluirá unha comida ademais do acto de entrega das distincións propiamente dito.

 

Os veciños que estean interesados en acudir poden adquirir as súas entradas a partir do luns ben na Casa do Concello (Secretaría de Alcaldía) ou ben poñéndose en contacto coa Asociación de Amas de Casa de Ribeira. O prezo é de 30 euros.

 

Hai que recordar entre os insignes persoeiros que foron agasallados con este galardón en pasadas convocatorias, figuran o que fora cronista oficial de Ribeira Carlos García Bayón, Gonzalo Torrente Ballester, Emilio Rodríguez López Erolo, Alfredo Conde, Fernando Ónega, Francisco Lorenzo Mariño, o propio Román Padín ou o presidente de Pescanova Manuel Fernández de Sousa-Faro. Ademais foron distinguidas entidades como a Cidade dos Muchachos, o Proxecto Home, Protección Civil de Ribeira, o Programa de RTVE Saber Vivir, a Asociación Aige para a igualdade de xénero, Cáritas Ribeira ou a Asociación da Loita contra o Cancro.

 

Cruz Vermella

En canto aos méritos valorados ao decidir as distincións deste ano, Cruz Vermella de Ribeira, presidida por Ángeles Cores Amigo, destaca o seu labor solidario axudando tanto aos colectivos máis desfavorecidos da poboación como enfocando tamén a súa actividade a atender as incidencias no mar, función coa que iniciou a súa presenza en Ribeira no século pasado.

Conta con máis de 1.000 socios en Riveira e un corpo de voluntarios diversificado en no mar e en terra.

Juan Pérez e Manuel Cartea foron outros dirixentes da institución.

Quico Cadaval

Nacido en Ribeira en 1960, é un artista con innumerables facetas: actor, director, adaptador teatral, contacontos, guionista... Tal e como lembrou o alcalde, principiou a súa vocación na taberna familiar de A Carreirana.

A finais dos setenta comezou no mundo da interpretación no Centro Dramático Galego, e xa nos oitenta fundou a súa propia compañía: "O Moucho Clerc". Traballou en diferentes producións da TVG, así como en curtametraxes e longametraxes, e recibiu diferentes premios polo seu traballo no teatro. Foi profesor de interpretación da Operación Triunfo portuguesa no ano 2003.

En 2011 recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Escénicas que outorga a Xunta de Galicia.

Entre os seus innumerables traballos figuran: Matías, juez de línea (actor), Cabeza de boi (actor), Amor Serrano (actor), Apaga a luz (guionista), A rosa de pedra (actor), Entre bateas (actor), A miña sogra e mais eu (dirección), Máxima audiencia (actor), As dunas (director), Shakespeare para ignorantes (dirección e interpretación), Un cranio furado (director) ou A ópera dos tres reás (director).

David Chipperfield

Sir David Chipperfield é un arquitecto británico nacido en Londres en 1953. Estudou arquitectura na Architectural Association School of Architecture de Londres. Entre 1974 e 1984 traballou con arquitectos da talla de Douglas Stephen, Richard Rogers e Norman Foster.

Entre as súas obras máis relevantes figuran o Pavillón de Visitantes de Valencia con motivo da Copa América de Vela ou a restauración do Neues Museum de Berlín, pero sobre todo é coñecido na comarca pola casa de veraneo que este arquitecto ten na parroquia de Corrubedo.

Ten gañado multitude de premios e distincións, como a Medalla de Ouro Real do Instituto Real de Arquitectos Británicos ou o Premio Mies Van der Rohe. Foi designado este ano para dirixir a Bienal de Arquitectura de Venecia, unha das referentes do sector a nivel mundial.


O mesmo día, ás oito da tarde:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o venres 27 de xullo preséntase "O efecto Grenlandia", escultura para reflexionar sobre o cambio climático

Media_httpfarm7static_jvgdj

Sarasquete espuxo o ano pasado en Santiago varias esculturas-denuncia

Ribeira, 20 de xullo de 2012. O escultor Gonzalo Sarasquete e a Asociación AMBAR, coa colaboración do biólogo Ignacio Munilla, estarán o vindeiro venres, día 27 de xullo, na presentación dunha escultura-instalación e unha intervención artística de reflexión e divulgación. A instalación desenvolverase na caseta do celador de obras do Porto do Ribeira na súa cara sur, e correrá a cargo do escultor Gonzalo Sarasquete e o biólogo Ignacio Munilla Rumbao. Nela reivindican máis enerxías limpas e comprométense coa loita contra o cambio climático a través dunha escultura chamada O efecto Grenlandia, na que lle preguntan ao espectador: Que farías ti para que o quecemento global non avanzase? A montaxe consta dunha escala de mareas e a reprodución aumentada da fauna da preamar Gasterópodos (Lapas, Caramuxos e Cornetas) todo situado á posible altura do mar se se fundise o casquete de Grenlandia.

A intervención-happening, arredor das 12:30, terá lugar na praza Otero Goyanes e correrá a cargo dos alumnos da Asociación AMBAR e levará por título A sombra da marea, como continuidade deste acto reivindicativo, no que se situará a liña mareal, no hipotético caso dunha suba espectacular, para a que se instalarán os refugallos que o mar achega nas beiras.

E o 29 de xullo:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Psoe recolle queixas de veciños e comerciantes sobre a mala pavimentación da rúa peonil Galicia

  • Disque para optimizar a humanización da cidade, fíxose peonil estar rúa dende a praza de Otero Goyanes ata a praza de compostela, co anovamento das conducións de auga, saneamento, telefonía e electricidade, e co acondicionamento da calzada para persoas e vehículos
  • Nos últimos meses, a agrupación socialista de Ribeira recolleu denuncias de comerciantes e peóns sobre o mal estado do empedrado desta rúa de Galicia, e a petición de facer sentir o seu malestar
  • O Psoe constatou o deterioro do firme por mala colocación, con lousas estragadas, sen fixación e sen xuntas de dilatación. As diferenzas de nivel entre lousas chegan a dous centímetros, cando debían estar a ras, o que provoca traspés continuos dos peóns.
  • Os comerciantes agardan que os reciba o alcalde e que se recobre o sentido único da vía, así como cambiar o firme central, mantendo marxes peoniles ben diferenzados. Tamén queren que se reubiquen as áreas de carga e descarga

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o mércores 25 de xullo, campionato galego de traíñas en Aguiño

  •  Homenaxearán a Ramón Sánchez, remeiro retirado da parroquia aguiñense, antes de dar inicio á competición

 

Ribeira, 20 de xullo de 2012.- O porto de Aguiño é o escenario elixido este ano para celebrar este 25 de xullo, a partir das 12 do mediodía, o XXIX Campionato Galego de Traíñas. O evento está organizado pola Federación Galega de Remo (FEGAR) e conta coa colaboración do Concello de Ribeira e a Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño.

 

Para falar dos pormenores da proba, da que sairá a representación galega no Campionato de España da Federación Española que terá lugar en Castro Urdiales (Cantabria) o 4 e 5 de agosto,  déronse cita no Consistorio o concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez; o patrón maior de Aguiño, José Manuel Oujo; e o vicepresidente primeiro da Federación Galega de Remo, José Manuel Seijas.

Dúas tandas

Hai inscritos un total de oito traíñas divididos en dúas tandas. A clasificación xeral establecerase por tempos.

 

Na primeira tanda competirán en principio Cabo de Cruz, Vilaxoan, Mecos e Regatas Perillo (cabe a posibilidade de que este sexa substituído por Pobra). Por outro lado, a tanda de honor inclúe aos grandes favoritos e estará formada por Chapela, Amegrove, Samertolameu de Meira e Tirán, que é o único representante galego na liga ACT.  Polo que respecta á competición veteranos serán, mediranse Cabo de Cruz, Tirán e Samertolameu.

O edil de Deportes de Ribeira, Juan Luis Martínez Queiruga, salientou a importancia de que o campionato se desenvolvese en Aguiño e dixo ser “o primeiro paso para pór en marcha esta actividade a nivel non estacionario e que Ribeira recobre a súa condición de referente neste deporte”.

Ofrenda floral e Salve Mariñeira

Ademais, informou de que antes do comezo do campionato, ás 11.45 horas, a Coral de Ribeira entoará a Salve Mariñeira en honor aos pescadores falecidos e ofrecerase unha coroa que se arroxará ao mar e na cal estará presente o alcalde do Concello. Acto seguido, realizarase unha homenaxe ao remeiro retirado, Ramón Sánchez, natural de Aguiño, que estivo en clubs tan importantes como o de Pobra e o de Cabo de Cruz.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o autobús turístico comeza a funcionar o 27 de xullo e ofrece seis rutas

  •  O vehículo percorrerá, de mércores a domingo, os lugares de maior interese das nove parroquias do municipio
  • Só hai 22 prazas no bus. Custará tres euros a entrada para os adultos e os nenos ata dez anos, de balde. As entradas retíranse na oficina de turismo do Malecón

 


Ribeira, 20 de xullo de 2012.- Os turistas e os veciños terán a oportunidade de descubrir e disfrutar dos emprazamentos máis atractivos do municipio, grazas ao autobús que percorrerá, a partir de finais da semana que vén, as zonas de maior interese das nove parroquias do concello.

 

Baixo o lema “Rutas de Riveira en marcha, de todos para todos” a iniciativa, promovida dende a Concellería de Fomento do Emprego, Comercio, Turismo e Pemes, está dirixida segundo Anxo Orellán “a todos os que queiran coñecer os atractivos turísticos do concello, desde o dolmen de Axeitos ata o parque natural.

 

Nova estética

O autocar ten un total de 22 prazas e conta cunha nova estética moito máis atractiva que o vehículo co que se iniciou este servizo o verán pasado, ao estar integramente panelado e serigrafiado cunha selección de imaxes turísticas do municipio. Pensouse nun transporte de menores dimensións que o de 2011 co fin de poder chegar a destinos que, como é o caso do porto de Corrubedo, doutra forma tería ser moi complicado alcanzar.

 

Durante dous meses a partir do 27 de xullo, percorrerá de mércores a domingo, de 11 a 13.30 horas,  cinco rutas e unha máis alternativa por se chove.

 

Ao longo de todo o traxecto, unha guía acompañará aos visitantes e lles informará dos segredos do noso patrimonio, así como diferentes vídeos que ofrecerán información sobre o concello, e seus próximos proxectos como o de “Riveira Atlántica” As saídas e chegadas de todas as rutas faranse dende estación de autobuses e dividiranse en:

 

1.      Mércores: parque Periurbano de San Roque e Centro de Interpretación Arqueolóxica, Miradoiro Pedra da Rá, Casa da Costa-CIELGA (Centro de Interpretación dos Ecosistemas Litorais de Galicia).

2.      Xoves: miradoiro e capela de San Alberte, menhir de Olveira, dolmen de Axeitos, Centro Etnográfico de Artes.

3.      Venres: lavadoiro de Penisqueira, peirao da Covasa, porto de Aguiño, pontes do Carreiro.

4.      Sábado: miradouro da Curota, petróglifo da Pedra das Cabras, porto de Palmeira.

5.      Domingo: gran duna do parque natural, faro de Corrubedo, porto de Corrubedo.

6.      Ruta alternativa en caso de chuvia: Faro de Corrubedo, gran duna do parque natural, Casa da Costa-CIELGA (Centro de Interpretación dos Ecosistemas Litorais de Galicia).

 

 

Entradas

Os usuarios unicamente deberán pagar un prezo simbólico de tres euros, os rapaces de ata 10 anos poderán ir de forma gratuíta. Os tíckets cómpranse na oficina de turismo do Malecón, que está aberta de martes a domingo de 10 a 15 horas de mañá e de 16 a 21 horas pola tarde. Ademais as entradas non están numerados por fechas ni por días, polo que pódese elixir a data e a ruta que se queira facer.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o luns 23 de xullo, na praza de España, portas abertas a un emulador de voo do EVA 10

Ribeira, 20 de xullo de 2012.- Este luns día 23 de xullo a cidade de Santa Uxía vai ser escenario dunha atractiva actividade consistente nunha xornada de portas abertas dun Emulador de Vóo.

 

Organiza polo Escuadrón de Vixilancia Aérea número 10 (EVA 10) e polo Concello de Ribeira, a actividade estará aberta de 11 a 14 e de 16.30 a 21 horas, na praza de España.

 

Distintas autoridades tanto da EVA 10 como representantes da Corporación Local- daranse cita no principio do evento ás 11 horas.

 

Patrulla Águila

O Emulador da Patrulla Águila consiste nun tráiler de 16 metros que leva unha estrutura hidráulica que dota de movementos en dous eixes á cúpula, capaz de levar a 16 persoas á vez, ás cales poderán ver en vídeo imaxes da perspectiva que ten un piloto da Patrulla cando voa en formación cos demais compoñentes da Patrulla Acrobática do Exército do Aire.

 

O acceso é gratuíto.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: envían o documento previo á aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal ás administracións competentes

 

Noia, 20 de xullo de 2012. Segundo informou hoxe o concelleiro de Urbanismo noiés, Bieito González, "tal como se acordou na xunta da Comisión Municipal de Seguimento celebrada o día 5 do presente mes, na mañá de hoxe remitiuse ás administracións competentes na materia o “Documento previo á aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal”, a fin de que as mesmas emitan os informes preceptivos sobre o asunto en cuestión".

 

A citada documentación foi remitida á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, ao Organismo Autónomo Augas de Galicia e á Dirección Xeral de Mobilidade. Tamén se entregou un exemplar na Demarcación de Costas do Estado en Galicia.

 

En palabras dos autores do documento, "o Plan Xeral debe contribuír a reforzar a estrutura social e económica de Noia en aras de manter a hexemonía no contexto xeográfico da Ría. Para iso o Plan Xeral definirá un modelo territorial capaz de canalizar o desenvolvemento e as inversións en base a un proxecto onde os recursos se utilicen de xeito responsable e respetuoso co ambiente e, o territorio asuma as funcións que lle son propias, segundo aos seus valores a potencialidades".

 

Reforzamento de turismo, comercio e cultura, entre outras funcións


Así, desde unha perspectiva comarcal, "Noia debe reforzar a súa función residencial, turística, administrativa, comercial, cultural e de servizo, apoiándose nunha estructura territorial lóxica e ben definida. Neste eido as Directrices de Ordenación do Territorio, referíndose ao sistema urbano intermedio, do que Noia forma parte, falan de aumentar o rango urbano de xeito que se incremente a calidade e variedade dos servizos e o atractivo do municipio como espazo de residencia e actividade", sinala o Concello en nota de prensa.


Pouco máis de oito mil vivendas actuais: prevén catro mil máis nos vindeiros 16 anos

 

O parque de vivendas existente no termo municipal é, na actualidade de 8.012, repartidas do seguinte xeito: no solo urbano consolidado 5.333; nos núcleos rurais históricos 1.738 e nos núcleos rurais comúns 941. En consecuencia estímase que o PXOM permitirá a construcción de 4.021 novas vivendas durante a vixencia do mesmo; vixencia que se prevé de 16 anos susceptible de revisión cando concorran algunhas das seguintes causas:

a)   Necesidade de adaptación a un novo marco legal.

b)   Cambio de circunstancias económicas, de poboación, sociais, que impliquen novas necesidades da comunidade.

c)    Cando a capacidade potencial de vivendas chegue a esgotarse máis dun 80%.

 

Durante o espazo de tempo comprendido entre os anos 2000 e 2010 construíronse en Noia un total de 832 vivendas de nova planta.

 

 

2000

2001

2002

2003

2004

2005

2006

2007

2008

2009

2010

Vivendas de nova planta

112

19

112

55

100

190

103

89

31

1

20

Poboación

14.404

14.410

14.391

14.586

14.481

14.637

14.702

14.808

14.875

14.970

14.947

 


O PXOM estaría listo en 2013


Se as administracións que hoxe reciben a totalidade do documento, emiten os informes no prazo establecido na Lei do Solo (dous meses), o Gobernmo Local estima que se poderá aprobar inicialmente  o PXOM no presente ano, e acto seguido sometelo ao trámite de exposición pública durante dous meses consecutivos (decembro de 2012 e xaneiro de 2013) para que o conxunto da cidadanía poda aportar cantas alegacións considere.




MEM_XUSTIFICATIVA.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: do 27 ao 29 de xullo, Feira Celta

Porto do Son: piden a construcción dunha rotonda no medio de Portosín

85387-pnlc-mellora viaria AC 550 en portosin.pdf Download this file

Media_httpfarm9static_edfbc

Media_httpfarm8static_eagga

Esta valiosa peza da igrexa de San Sadurniño de Goiáns está ata decembro na expo "Gallaecia Petrea" na Cidade da Cultura


Porto do Son, 20 de xullo de 2012. Segundo explicaron onte en roda de prensa no mesmo lugar onde esixen que se faga a rotonda, os socialistas Lage Tuñas e Pastor Rodríguez “o goberno de Feijóo ten paralizado o proxecto de mellora da seguridade viaria en Portosín dende fai máis de tres anos o que supón unha auténtica temeridade polo grave risco existente neste punto negro da rede viaria AC-550”.

Os socialistas piden que se considere prioritaria a mellora da seguridade viaria no tramo da estrada AC-550 ao seu paso polo núcleo de Portosín (Porto do Son), tendo en conta a grave inseguridade actual e que se incluía nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2013 unha partida específica para esta urxente ao carón da igrexa de San Sadurniño de Goiáns.

Lage Tuñas estivo acompañado do portavoz municipal do PSdeG de Porto do Son, Xoán Pastor Rodríguez que explicou que “agora o goberno municipal pretende pintar unhas raias na estrada e olvidarse do proxecto de mellora da seguridade viaria”. Xoán Pastor Rodríguez tamén chamou a atención sobre “o silencio de AVS, o grupo independente de Portosín que antes moito reclamaba esta obra e agora volveuse mudo”.

Os socialistas reclamarán no Parlamento a execución dos proxectos de mellora da seguridade viaria que foron paralizados dende o 2009 polo goberno de Núñez Feijóo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical