As laudas gremiais déronse en boa parte de Europa no medievo. Na imaxe, unha en San Juan de Luz (Francia)
En Santa María a Nova hai centos de laudas. Só unhas poucas se expoñen Texto íntegro da moción:
O Grupo Municipal Popular, ao amparo do establecido no artigo 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, formula, para o seu debate e, no seu caso, aprobación no Pleno Ordinario a celebrar o vindeiro día 27 a seguinte
MOCIÓN
Exposición de motivos:
A vila de Noia ten un tesouro de incalculable valor histórico; as laudas gremiais do cemiterio de Santa María a Nova, que constitúen a maior colección coñecida de laudas nas que aparecen símbolos de distintos oficios, figuras humanas de forma esquemática, signos familiares, escudos heráldicos, etc.
A coñecida como maior colección de laudas sepulcrais do mundo, ronda o medio milleiro de exemplares e pertencen á época medieval, entre os séculos XIV e XVI, aínda que algúns autores sitúan as máis antigas nos séculos XI e XIII e tamén as máis modernas, as nobiliarias, entre os séculos XVII e XIX.
A súa riqueza patrimonial non se corresponde co seu estado de conservación, protección e catalogación, e consecuencia disto o seu potencial expositivo está seriamente mermado.
O Partido Popular, no programa das eleccións municipais do 2011 incluía, no apartado de cultura, a recuperación, restauración, catalogación e posterior exposición deste conxunto, polo que sendo consecuente co mesmo e tendo en conta tanto a importancia histórica destas laudas como o potencial turístico que supón para a vila como reclamo cultural de primeira orde, propón ao pleno a adopción dos seguintes acordos:
Destinar a totalidade do importe do novo Plan Especial que a Deputación de A Coruña destinará este mes a Noia (prevese que a nosa vila recibirá 211.000 € sin necesidade de cofinanciamento municipal), para a súa restauración, catalogación e posterior exposición ao público, o que redundará nun importante incremento do noso turismo cultural.
Que o equipo de goberno se encargue, durante os meses de execución, de buscar un lugar definitivo para a súa ubicación, conservación e musealización.
Relacionada:
Laudas: a dos Canteiros pódese ver na Cidade da Cultura ata decembro
Pode que tamén lle interese:
Ciclo "Rúas Vivas": circo, cine, humor e música no verán
San Bartolomeu 2012: o 24 de agosto, Son de Seu, de balde
San Bartolomeu 2012: o 26 de agosto, Cantajuego
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario