Sábado 20 de outubro: V Curso de Improvisación de Jazz
Exposición: Paula Tubío amosa "Lío de palangre" no centro social
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Sábado 20 de outubro: V Curso de Improvisación de Jazz
Exposición: Paula Tubío amosa "Lío de palangre" no centro social
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
LOL Recén lido: "Rajoy pechará a campaña galega en La Voz de Galicia e Feijóo en El País. Teñen que protexer aos patróns dos traballadores"
— Certo (@Certo) October 15, 2012
Ensino: mércores 17, mobilización en Ribeira. O debuxo de Galiza Nova amosa a @feijoo2012 e @marianorajoy en acción post.ly/9Y4SZ
— Certo (@Certo) October 15, 2012
Política: @diegocalvo2012, fanboy de @feijoo2012 pola noite, presidente dadivoso da Deputación polo día. #faitefan dicoruna.es/dicoruna-notic…
— Certo (@Certo) October 15, 2012
FRINSA E JEALSA-RIANXEIRA PATROCINAN "VOTA FEIJÓO".
— BARBANZA ALPORIZADA (@barbanzaalpor) October 15, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
LOL Recén lido: "Rajoy pechará a campaña galega en La Voz de Galicia e Feijóo en El País. Teñen que protexer aos patróns dos traballadores"
— Certo (@Certo) October 15, 2012
Ensino: mércores 17, mobilización en Ribeira. O debuxo de Galiza Nova amosa a @feijoo2012 e @marianorajoy en acción post.ly/9Y4SZ
— Certo (@Certo) October 15, 2012
Política: @diegocalvo2012, fanboy de @feijoo2012 pola noite, presidente dadivoso da Deputación polo día. #faitefan dicoruna.es/dicoruna-notic…
— Certo (@Certo) October 15, 2012
FRINSA E JEALSA-RIANXEIRA PATROCINAN "VOTA FEIJÓO".
— BARBANZA ALPORIZADA (@barbanzaalpor) October 15, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Terá lugar na biblioteca Castelao, na praza Rafael Dieste
Rianxo, 15 de outubro de 2012. Está aberto o prazo de inscrición no Obradoiro Poético DIVORCIANDO A POESÍA, que, organizado pola Editorial Axóuxere de Rianxo en colaboración coa Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, desenvolverase o vindeiro venres 19, de 20:00 a 21:30, e sábado 20, de 12:00 a 13:30, na sala de lectura da Biblioteca Pública Municipal “Castelao”.
Todos os interesados poderán inscribirse enviando un email a cultura@concelloderianxo.es, co asunto “OBRADOIRO ELÍAS PORTELA” e no que farán constar o seu nome completo e idade, teléfono, enderezo postal e enderezo electrónico.
O Obradoiro rematará cun recital-performance que terá lugar a cargo do poeta e condutor do Obradoiro, Elías Portela, tamén na BPM “Castelao”, o vindeiro xoves 25 de outubro a partir das 20:30 horas.
Elías Portela é poeta e tradutor de Cangas, aínda que leva moitos anos vivindo en Islandia, onde, curiosamente, é considerado un dos mellores poetas do momento en lingua islandesa, na que tamén escribe, á parte de en galego. A súa presenza en Rianxo inscríbese no programa de Residencias Creativas que a Editorial Axóuxere puxo en Marcha este ano e que tivo como primeira creadora á poeta mallorquina Irene Le Sen.
Quen é Elías Portela?
Na Galipedia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 15 de outubro de 2012.- O Boletín Oficial da Provincia publica no día de hoxe as bases polas que se rexe a convocatoria de subvencións do Concello de Ribeira para a promoción de actividades culturais no exercicio 2012.
Esta convocatoria ten por obxecto establecer os criterios e procedementos para a concesión de subvencións durante o exercicio 2012, destinadas a impulsar a actividade cultural das entidades sen ánimo de lucro existentes no municipio, de acordo cos principios de obxectividade, concorrencia competitiva e publicidade.
Os obxectivos estratéxicos que se pretenden con estas axudas residen en achegar a cultura ao maior número posible de persoas, empregando aos colectivos como instrumento para acadar tal fin, e propiciar unha vida culturalmente activa e estable no municipio fomentando a participación dos veciños e veciñas.
Con tal motivo, reservouse unha partida no orzamento municipal de 29.250 euros e, con carácter xeral, o importe mínimo de achegas a conceder por entidade será de 300 euros e o máximo non poderá superar os 2.000 euros.
Poden optar a estas subvencións as entidades e asociacións sen ánimo de lucro formalmente constituídas que teñan o seu domicilio social no concello, estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións antes do 1 de xaneiro de 2012 e conten cun mínimo de 20 socios; así como os centros educativos existentes no termo municipal.
Ata o 50% do gasto
Poderán ser subvencionada -ata un 50% do gasto acreditado- a organización de actividades culturais, tales como cursos, obradoiros, certames e eventos similares. Non se consideran gastos subvencionables os gastos de manutención, aloxamento e atencións protocolarias; as viaxes de ocio e derivados da organización de xantares, bailes ou eventos gastronómicos; os gastos de funcionamento das entidades; os investimentos reais; as actividades deportivas (dispoñen da súa propia liña de axudas específica) e os festexos patronais.
O prazo de presentación de solicitudes iníciase mañá e rematará o 26 de outubro. Non obstante, ao longo do exercicio orzamentario poderán presentarse solicitudes que, por circunstancias novas ou por causas imprevisibles e excepcionais, non puidesen terse achegado no prazo sinalado no apartado anterior. Esta circunstancia deberá motivarse adecuadamente.
As actividades financiadas deberán ser desenvolvidas dende o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro de 2012.
Relacionada:
Polémica: "Flor de Toxo", endebedada por unha subvención reducida pola Xunta
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 15 de outubro de 2012.- O Concello informa do inicio dunha nova actuación dirixida á mellora dos servizos urbanos de auga, saneamento e pluviais na rúa Caticovas, na parroquia de Palmeira. A empresa SYR-AMG, S.L, é a encargada de executar esta actuación, que ten un importe de 79.259,23 euros e un prazo de execución de dous meses.
O camiño obxecto da actuación rexistra unha traza moi irregular, con pavimento de formigón nun tramo e de terra natural noutro. Ademais, a rede de pluviais é inexistente (as augas de chuvia descorren pola superficie) e a zona adoece tamén da falla dun tramo de colectores de fecais que conecte o alcantarillado do lugar próximo da Bouciña coa rede xeral.
O obxectivo fundamental que se persegue con esta nova actuación é a de renovar os servizos urbanos de auga potable, saneamento e pluviais, utilizando para isto materiais de emprego actual para este tipo de instalacións: tubaxes de PVC para fecais e pluviais (en ambos tipos cunhas dimensións de 315 milímetros) e tubaxes de polietileno de auga densidade para auga potable.
Pavimentación
Ademais, unha vez realizada a demolición dos pavimentos existentes, rematarase o camiño cun pavimento de mestura bituminosa en quente, proporcionando un acabado acorde co entorno no que se desenvolven os traballos. A obra está adscrita ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.
Ribeira: veciños de Carreira disfrutaron da ponte do Pilar por terras cántabras post.ly/9ZWv6 Porto do Son: entrevistamos a Marisa Otero, directora da curta "Nebra", sobre os mártires de Cans. certo.es/index.php?page… Ayer en Cambados éramos 200 asistentes al encuentro. Faro de Vigo dice: 200. La Viz de Galicia: 50. ¿Mas claro agua? Beiras: «Castelao diría hoxe que a vaca galega ten os seus tetos en Berlín»
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Dodro, 15 de outubro de 2012. O pasado 12 de outubro celebrouse a XIV edición da Carreira Pedestre de Lestrobe, cun gran ambiente, onde se deron cita case 500 participantes. Tamén chamou a atención a gran cantidade de corredores que se anotaron e logo non se presentaron á proba, non só nas categorías inferiores, nas que a inscrición era de balde, senón tamén nas de veteranos, onde anotarse costaba 5 euros.
Luis Calvo Castro ( 33:22 ) e Yolanda Gutiérrez Robles ( 36:28 ) foron os gañadores absolutos desta edición. No apartado de clubes o gañador foi o "Clube Atletismo Sar a Poutada" con 38 puntos, quedando en segundo lugar o "Noitebra FC" con 143 puntos e en terceiro lugar o "Clube de Atletismo Milladoiro" con 341 puntos.
É convinte destacar que na categoría pitufo participaron 80 atletas, unha proba sen premiación pero na que todos os participantes recibiron unha medalla conmemorativa.
Nas demáis probas os participantes recibiron avituallamento e unha camiseta como agasallo. Acudiron á proba os representantes das corporacións dos concellos de Dodro, Padrón e Rois que colaboraron neste evento como mostra do seu entendemento, que se formalizará na futura "Comunidade Intermunicipal Terras de Iria".
Logo da entrega de trofeos, Valentín Alfonsín, alcalde do Concello de Dodro, agradeceu a todos os atletas a súa participación nesta edición.
Todos os resultados coas marcas:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia