15.10.12

Rianxo: abren o prazo para anotarse no obradoiro "Divorciando a poesía"

  • Este obradoiro poético terá lugar o venres 19 e sábado 20 de outubro
  • Impárteo Elías Portela, poeta de Cangas que vive en Islandia, quen dará un recital o xoves 25 de outubro


Terá lugar na biblioteca Castelao, na praza Rafael Dieste

Rianxo, 15 de outubro de 2012. Está aberto o prazo de inscrición no Obradoiro Poético DIVORCIANDO A POESÍA, que, organizado pola Editorial Axóuxere de Rianxo en colaboración coa Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, desenvolverase o vindeiro venres 19, de 20:00 a 21:30, e bado 20, de 12:00 a 13:30, na sala de lectura da Biblioteca Pública Municipal “Castelao”.

Todos os interesados poderán inscribirse enviando un email a cultura@concelloderianxo.es, co asunto “OBRADOIRO ELÍAS PORTELA” e no que farán constar o seu nome completo e idade, teléfono, enderezo postal e enderezo electrónico.

O Obradoiro rematará cun recital-performance que terá lugar a cargo do poeta e condutor do Obradoiro, Elías Portela, tamén na BPM “Castelao”, o vindeiro xoves 25 de outubro a partir das 20:30 horas.

Emigrante en Islandia

Elías Portela é poeta e tradutor de Cangas, aínda que leva moitos anos vivindo en Islandia, onde, curiosamente, é considerado un dos mellores poetas do momento en lingua islandesa, na que tamén escribe, á parte de en galego. A súa presenza en Rianxo inscríbese no programa de Residencias Creativas que a Editorial Axóuxere puxo en Marcha este ano e que tivo como primeira creadora á poeta mallorquina Irene Le Sen.

Quen é Elías Portela?

Na Galipedia

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical