http://www.concellodedodro.org/image/image_gallery?uuid=c03066ca-eac2-43a9-ad23-03b1c34def8c&groupId=12226&t=1318857184386 Esta concellería elaborou unhas bases reguladoras para o reparto de estes alimentos e con data 17 de outubro anunciouse un bando comunicando a todas aquelas persoas que necesiten ser beneficiarias, se poñan en contacto coas oficinas de servizos sociais para facer a solicitude correspondente. Os veciños poderán realizar a solicitude para entrar dentro de este programa o longo de todo o ano.
Este primeiro reparto efectuarase nos últimos días do mes de outubro e terá continuidade todos os meses.Charlas rematadas Por outra banda, a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade rematou o pasado venres o primeiro ciclo de charlas organizado nos meses de setembro e outubro.
As charlas que ían orientadas a persoas en situación de dependecia, os/as coidadores/as e ás persoas interesadas na temática tiveron unha grande aceptación por parte da veciñanza, sendo moi numeroso o grupo que acudiú a elas.
A última das charlas estaba orientada á prevención na 3ª idade: "Prevención na 3ª idade dos riscos no consumo de medicamentos e outras sustancias", na que se trataron diversas adiccións como o tabaco, o alcohol e os medicamentos, e a maneira de prevenilas. Asistiron a esta charla 30 persoas e recibiron un diploma de asistencia. Baloncesto para os maiores de 6 anos Por outra banda, a Concellería de Deportes do Concello oferta unha nova actividade deportiva dentro da súa programación, Baloncesto. Esta nova actividade está dirixida a nenos/as maiores de 6 anos, será gratuita e desenvolverase os sabados de 12h a 13,30h no pavillón polideportivo de Dodro.
As inscricións poden realizarse no departamento de Deportes do concello en horario de oficina ata o 4 de novembro incluido. Nota de Certo:
Hoxe, 20 de outubro de 2011, temos que darlle os parabéns a Euskadi. Que a liberdade que acadades faga medrar a democracia de tod@s. #AgurETA
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia