Pola súa banda, Guillerme Vázquez centrou a súa intervención en criticar o actual goberno da Xunta, aínda que estas eleccións son municipais, e preguntouse "cales son os méritos de Núñez Feijóo para trasladalos á política municipal? O récord no desemprego?" Guillermo Vázquez afirmou que o éxito do BNG vai significar a derrota dos populares e o freo para que non poidan trasladar aos concellos a súa “incompetente e fracasada política da Xunta”, tal e como están “amenazando” que van facer, dixo. Para o voceiro nacionalista, se estas son as intencións do PP perante os próximos comicios e para o futuro dos concellos galegos antes terán que demostrar cales son os méritos de Núñez Feijóo, “acaso a súa política de emprego, os recórdos que nos levou a bater nas cifras do paro?, ou as súas politicas antisociais e privatizadoras?”. Ante esta situación, amosouse convencido de que a única alternativa a estas “politicas de dereita que practican tanto PP como PSOE” nos gobernos da Xunta e do Estado é a do BNG, que traballará cunha prioridade, a de crear emprego nunha situación límite como a que se está a vivir: 245 mil parados, o 8 por cento dos fogares do País con todos os seus membros no paro, un 36 por cento de taxa de paro xuvenil, menos un millón de afiliados na Seguridade Social...”. Por iso, o BNG reducirá “á mínima expresión o gasto burocrático improdutivo e incrementaremos as partidas para o investimento produtivo e criador de riqueza e emprego”.
O número un do BNG amosou a súa convicción de que “milleiros de galegos e galegas comparten con nós a idea de que non hai que resignarse e de que é posíbel unha saída á crise con xustiza social”. Por iso, cada día máis galegos e galegas teñen no BNG “o seu referente e nós queremos ser portavoces deses galegos e galegas”.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia