Padrón, 17 de maio de 2012. O Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro Tato, e os tres alcaldes anfitrións -os de Dodro, Padrón e Rois-, asistiron hoxe á apertura do circuíto da Xira Galega de Karting.O Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro Tato, e os alcaldes dos tres municipios colaboradores, Antonio Fernández Angueira, do Concello de Padrón, Valentín Alfonsín Somoza, do Concello de Dodro e Ramón Tojo Lens do Concello de Rois -os tres do Partido Popular- presidiron a apertura e carreira inaugural de presentación da chegada da sexta edición Xira Galega de Karting, que terá lugar no aparcadoiro gardería municipal de Padrón ata o domingo 20 de maio. Ao acto, que se celebrou no propio circuíto, asistiron ademáis a directora da Xira Karting, Raquel González así como varios concelleiros e concelleiras dos tres concellos organizadores. Esta proba "é posible grazas á colaboración de institucións públicas como, ademáis dos propios concellos, a Deputación Provincial da Coruña e tres empresas privadas", explicou a tenente de alcalde de Dodro, Marisol Boga, en nota de prensa. Ademáis, cerca dun cento de rapaces dos concellos de Rois e Dodro, acudiron invitados gratuitamente e disfrutaron dunha sesión completa de pilotaxe. Os nenos tiveron así o seu bautismo no mundo do motor e da educación vial. O/As rapaces/zas poideron disfrutar dunha verdadeira experiencia automovilística a bordo de karts coa seguridade máis completa, sen necesidade de mercar ou alugar calquera equipamento, nunha sesión de pilotaxe, con tódolos materiais (casco, protector...) incluídos; tamén dunha xornada en familia con xogos, inchables para nenos e agasallos. O horario oficial desta actividade é o seguinte: a mañá do venres de 10.00 a 14.00 horas é reservado a escolares; o sábado 19 e o domingo 20 a apertura será de 12.00 a 14.00 horas. Tódalas tardes a apertura será de 17 a 22.00 horas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia