23.11.11

Sanidade: a Xunta asegura que garante a cobertura sanitaria a toda a poboación, incluídos os desempregados de longa duración

  • O Sergas alerta dun falso documento nas redes sociais "que está a ser utilizado para confundir á poboación"
  • Asegura tamén o goberno de Feijóo que o Bng minte
Media_httpfarm6static_apgqk

Barbanza-Noia, 23 de novembro de 2011.- Ante a alarma suscitada estes días e que comprobamos persoalmente en Certo ante numerosos comentarios e noticias sobre o mesmo asunto -antes pero sobre todo despois das eleccións do 20N-, a Xunta informou esta mesma tarde que "Galicia é a única Comunidade Autónoma que garante de oficio a asistencia sanitaria a desempregados de longa duración e persoas sen recursos. Coa publicación en setembro da Orde da Consellería de Sanidade, Galicia anticípase 4 meses a unha medida do Goberno de España para garantir a asistencia sanitaria a estes dous colectivos. A Orde publicada polo Goberno galego beneficia aos parados que teñan esgotada a súa prestación de desemprego, así como aos que a Seguridade Social lles retirara a prestación sanitaria".

Din que o Bng minte

"O BNG continúa mentindo sobre a sanidade pública en Galicia, cortando frases e sesgando textos oficiais, algo que o seu portavoz parlamentario debería evitar, na defensa do rigor. Só teñen que presentar documentación para acceder a unha tarxeta do Servizo Galego de Saúde as persoas procedentes de fóra de España que se declaren sen recursos e que non tiveran tarxeta sanitaria con anterioridade, por exemplo, os estranxeiros que non acrediten residencia oficial aquí", replica a Xunta.

Alerta dunha falsa circular nas redes sociais

Continúa a nota oficial da Xunta co seguinte: "Ademais, coa fin de tranquilizar á poboación, o Servizo Galego de Saúde manifesta que non emitiu ningunha “Circular informativa sobre a cobertura sanitaria”, na que se virten unha serie de aseveracións completamente falsas, sobre a medida posta en marcha pola Consellería de Sanidade, mediante a que se actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes e daquelas que se encontran en situación de desemprego. Dito suposto documento está repleto de informacións malintencionadas que o único que pretenden é confundir á opinión pública.

Polo tanto, o Sergas quere alertar da existencia deste falso documento nas redes sociais, que ten o único fin de crear alarma, e co que a Administración Sanitaria Galega non ten vinculación algunha; e desminte rotundamente calquera vinculación das unidades de xestión de tarxeta sanitaria co mesmo".

Os galegos non teñen que asinar ningún compromiso de pago

Como xa se reiterou en múltiples ocasións, ningún galego terá obriga de firmar ningún compromiso de pago para acceder á asistencia sanitaria. Deste xeito, ao igual que no resto dos servizos sanitarios de España, as únicas persoas que teñen a obriga de acreditar un compromiso de pago serán exclusivamente as persoas que queiran ser atendidas no Sergas cando teñan a cobertura realizada por mutuas particulares ou os estranxeiros que non acrediten dereito á súa atención sanitaria coa Tarxeta Europea ou documento acreditativo preceptivo.

Mensaxe de tranquilidade

O Servizo Galego de Saúde reitera a súa garantía de que ningunha persoa sen recursos quedará sen asistencia sanitaria en Galicia, e que todas as persoas sen recursos terán dereito a asistencia sanitaria.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: solicitan á empresa que fai a variante que respete o contemplado no futuro PXOM en Os Carballiños e en Río do Porto


Noia, 23 de novembro de 2011. Segundo informou hoxe Bieito González Domínguez, concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Solo de Noia, a Concellería que el dirixe vén de solicitar da empresa encargada da dirección da asistencia técnica da obra de construción da estrada variante de poboación "que respete as determinacións contempladas no futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal no lugar dos Carballiños así como no Río do Porto.

Nunha xuntanza de traballo mantida entre o Director da Asistencia Técnica encargada da construción da estrada variante de poboación, persoal da Consellería de Medio Ambiente e o concelleiro delegado de urbanismo, o Concello de Noia, solicita da Consellería "o respecto ás determinacións contidas no Documento de Inicio do futuro PXOM no relativo ao diseño de futuros viais de titularidade municipal, en relación á construción da infraestructura de titularidade autonómica".

O primeiro aspecto que se discutiu foi o relativo á pretensión do Goberno Local de contemplar no PXOM unha nova vía de comunicación entre os lugares da Barquiña e Barro, que avanzaría desde a Corredoira do Ruso polo Río do Porto, e por debaixo do viaduto en construción, ata o entronque co lugar de Barro.

Hai que lembrar, argumenta Bieito González, "que na Barquiña viven algo máis de 600 veciños, e para acceder ao lugar contan tan só cunha vía de comunicación. Con esta previsión, o Goberno Local pretende mellorar as comunicacións dun lugar amplamente habitado e que hoxe, como dicimos, só ten un punto de acceso".

A outra cuestión debatida tamén fai mención a outro vial de titularidade municipal, este, na contorna do centro comercial EROSKI, no lugar dos Carballiños, hoxe aínda inconcluso no seu encontro coa estrada provincial que comunica coa Barquiña, e que pretendemos nos leve no futuro a conectar coa actual Avenida de Castelao no lugar de Barro. Esta previsión que se vai a recoller na futura ordenación urbanística non busca outra cousa que a de facer máis permeable esa grande bolsa de solo existente entre Carracido e Barro, que hoxe ten a consideración de rústico, e que no futuro PXOM contará con outras categorías de solo, todas elas compatibles coas diversas limitacións impostas polas lexislacións sectoriais en vigor, dende o Plan de Ordenación Local ata a proteción de estradas ou a proteción de ribeiras dos ríos, entre outras.


 


11112214200 (Estudo do modelo de asentamento).pdf Download this file

11112214210 (Alternativa de ordenación nº 2).pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Día contra a Violencia de Xénero convoca numerosas actividades este venres 25

Media_httpfarm6static_seqhw

Noia, 23 de novembro de 2011. Segundo informou hoxe Julia Veiro, directora do Centro de Información á Muller de Noia, con motivo do 25 de Novembro, “DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES”, a Concellaría de Benestar e Igualdade do Concello de Noia, a través do CIM ten previsto realizar:

-A partir das 11:00 horas diante da Casa do Concello MESA INFORMATIVA sobre violencia de xénero

- 12:00 horas LECTURA DUN MANIFESTO EN REPULSA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

- MINUTO DE SILENCIO en recordo as mulleres vítimas de violencia

- ACENDIDO DE UNHA VELA EN MEMORIA DE CADA UNHA DAS MULLERES FALECIDAS ao longo desde ano por violencia de xénero

- Como música de fondo escoitaranse durante a mañán, a través dun CD, as cancións de rap elaboradas polos alumnos e alumnas dos institutos Campo de San Alberto e Virxe do Mar, dentro do proxecto “Dille Aí”

- As 13:30 horas PRESENTACIÓN DO CD DO PROXECTO “DILLE AÍ” E “GRAFFITI IGUAIS” no Salón de Plenos do Concello

- Dende o 28 de novembro ata  o 2 de decembro exporase no claustro do Concello unha serie de paneis cos grafitis creados polo alumnado dos institutos Campo de San Alberto e Virxe do Mar dentro resultado do desenvolvemento da actividade “Graffiti Iguais”.  

     Ambos traballos foron realizados polo alumnado de 1º, 2º,3º e 4º de ESO nos dous institutos da nosa vila, a través dunha subvención concedida ao CIM póla Secretaría Xeral de Igualdade para prevención e sensibilización da violencia de xénero no ámbito educativo.      Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.  

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a alcaldía insta a Portos a que arranxe as pingueiras na lonxa de Aguiño

Media_httpfarm4static_eacjl

Ribeira, 23 de novembro de 2011. Facéndose eco da preocupación expresada pola Confraría de Pescadores e Mariscadores de Aguiño, o alcalde Manuel Ruiz Rivas dirixiuse no día de hoxe ao Ente Público Portos de Galicia para instar a esta institución a que se arranxen con urxencia as filtracións de auga que se están a rexistrar na lonxa da parroquia. 

Estas filtracións agraváronse na noite do luns ao martes a consecuencia dos fortes ventos que estiveron a soprar no litoral do concello e, aínda que se interviu con rapidez a fin de intentar solucionar a incidencia, o certo é que a situación empeorou con respecto ao seu estado anterior e, a día de hoxe, existe risco de que como consecuencia das filtracións se danen equipos informáticos e outros custosos materias aloxados no interior da instalación. 

Situación de emerxencia

Por este motivo, Ruiz Rivas solicitou á entidade autonómica a declaración de situación de emerxencia a fin de que se actúe con rapidez para poñer fin a estes episodios.

Onte, en Rianxo:


Pode que tamén lle interese:



 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: Pero Tobaruela presenta "Poñente" no auditorio do Museo Valle-Inclán este venres 25

Cartel-_tobaruela-1

A Pobra, 23 de novembro de 2011. Pere Tobaruela, escritor e xeógrafo de orixe catalán afincado desde hai uns anos nas terras galegas de Rois, achégase novamente ó público pobrense para presentar outro título da súa creación: “Poñente”, editado por Edicións Xerais neste ano 2011.

Nesta nova obra Tobaruela lévanos a vivir dous momentos distintos da nosa historia recente que se atopan no tempo a través de dúas personaxes tan diferentes como Carme e Josep. Carme é unha profesora dos tempos actuais que, animada por Sarela, decide iniciar unha investigación sobre os industriais cataláns que no século XIX se achegaron ás costas galegas e deron comezo ó asentamento das industrias de salgadura que hoxe en día son tan importantes para a economía de Galicia. Por outra banda, Josep é un daqueles pioneiros cataláns que emigraron cara as terras galegas e colaboraron co crecemento deste xeito de economía na beiramar galega.

A presentación desta novela terá lugar o vindeiro venres día 25 de novembro ás 20:00 horas no auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: Cruz Vermella ocúpase da conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero este 25 de novembro

  • Consistirán as actividades en obradoiros nos centros escolares e un certame de cómic

Tamén se proxecta o 25 a película "El Bola", á que dará paso unha charla coloquio. Será no centro social de Boiro, no salón de actos, a partires das 20:15

Pode que tamén lle interese:


Magosto rebelde: Aturuxo! volta á carga este 26 de novembro


Homenaxe: a Ónega, Frinsa e Los Chiky´s o 26 de novembro


VIII Exposición da Camelia: é o 10 e 11 de decembro. Anótate atao 4


V Memorial Pepe Buceta: domingo 18 de decembro, VII Carreira Popular

noviolencia.pdf Download this file

Concurso de comics 25N.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Liceo organiza a I Xornada Micolóxica este sábado 26 de novembro

Noia_micoloxa_liceo

Noia, 23 de novembro de 2011. Este vindeiro sábado, 26 de novembro, terá lugar a I Xornada Micolóxica na Sociedade Liceo de Noia.

Os actos previstos consistirán nos seguintes:

12:00h.- Charla informativa acerca dos fungos: ecoloxía dos mesmos, exemplares máis frecuentes, importancia...

16:00h.- Rota a pé para recoñecemento e recolección de distintas especies. O grupo máximo será de 30 persoas. Os interesados deberán de inscribirse na conserxería. Os menores de idade deberán de ir acompañados dun adulto responsable.

Cos exemplares recollidos, se é posible, faráse unha exposición nos locais da Sociedade.

Pode que tamén lle interese:


Semana da Música: programa do 22 de novembro ao 27


Cultura en Noia: Barbantia entrega os seus "Sereos" o 26


Curso en Noia: sobre sexualidade o 13 e 15 de decembro


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical