Durante a xornada de formación, os equipos de dinamización da lingua galega dos centros de ensino premiados tiveron ocasión de presentar os seus traballos, que están a poñer en marcha no presente curso escolar. Así mesmo, dúas especialistas na materia, Ana Iglesias e Salomé Díaz, afondaron nas características que debe cumprir un bo proxecto de dinamización, ao tempo que facilitaron recomendacións de boas prácticas para a execución dos traballos gañadores, co fin de acadar uns resultados máis eficaces e eficientes.
Os gañadores dos Premios de Innovación en Dinamización Lingüística 2010, nos que participaron un total de 37 centros de toda Galicia, foron, ademais do CEIP de Aguiño xa citado, o CEIP de Quintela, en Moaña (Pontevedra), polo traballo En galego pola rede II; o CRA Mestra Clara Torres, en Tui (Pontevedra), grazas á iniciativa Unha andaina “Artic” en galego; o IES Perdouro, en Burela (Lugo), que se presentou co proxecto Dinamización sociolingüística de Burela: intervención dinamizadora da Sanidade; e, finalmente, o IES Rodeira, en Cangas (Pontevedra), polo traballo Que sorte falarmos en galego!
A través destas xornadas de formación, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo busca axudar os equipos de dinamización, a través de recomendacións e pautas, no desenvolvemento dos seus proxectos de fomento do uso da lingua galega desde o ámbito educativoPosted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia