Boiro, 31 de xaneiro de 2011. A biblioteca municipal do Concello de Boiro, situada na Casa de Cultura, desenvolverá durante os meses de febreiro e marzo un programa que, baixo o título “Unha morea de contos”, pretende achegar o mundo dos libros aos nenos desde as primeiras idades. A actividade, que consiste na realización de sesións de contacontos e xogos, está dirixida a rapaces de 1º e 2º de Educación Primaria.
Ademais do obxectivo citado, con esta actividade preténdese tamén promover o uso da biblioteca nos nenos de 4 a 7 anos e dos seus pais; manter a tradición dos contos orais e dar a coñecer contos tradicionais galegos e doutras culturas do mundo.
“Unha morea de contos” desenvolverase en febreiro e marzo na Biblioteca Municipal de 16.30 a 17.30 horas, e empezará o 3 de febreiro. A inscrición é gratuíta e pódese facer na Biblioteca (teléfono 981 848410).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario