13.11.09

Fotografía: A de Alakrana e de atún

Cantos máis días pasan, canto máis sabemos e canto máis escoitamos a tirios e troianos, máis nos preocupamos...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: Museo municipal e Casa da Xuventude, para cando?

Iniciativas que vai levar o Bng ao vindeiro pleno:

- A posta en funcionamento do Museo Casa de Doña Adela.

- A posta en funcionamento da Casa da Xuventude.

- O arranxo da rúa comprendida entre Mercadona e o Colexio Galaxia no barrio de Abesadas.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cultura: a Cofradía da Dorna, premio Altofalante 2009

Aí van disfrechados lojo de saber o premio e disir "Arresentella!!" (Vexa)


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arte: Youtube como galería de arte. Nesta, Edward Hopper

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Curiosidades: unha lámpara porcina

Si, como a ven. Feita con tiras de bacon.
Está a ser un fenómeno no Flickr o seu autor, un tal Kelley. Uns chámano "xenio", outros alcúmano con nomes ben menos xeitosos. Poden ver a construción desta "artistada" no flickr de Kelley:

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: non esquezas o magosto de Lampón este sábado 14

Deron roda de prensa e todo! O primeiro magosto que se celebra en Lampón. Organiza a parroquia e os veciños, que cada vez están máis unidos.

Fotos de Diego Romero

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: reunión para campaña de Nadal de ABE e FEB

Fotos: Diego Romero
Asociacións de comerciantes da zona destinan case 50.000 euros para a campaña de Nadal


A Federación de Empresarios do Barbanza (FEB) acordou na reunión mantida na sé da Asociación Boirense de Empresarios (ABE) o pasado 11 de novembro destinar 44.000 euros á campaña de promoción do comercio neste Nadal 2009.

En total son nove agrupacións de empresarios os que poñen os cartos. A última hora deuse de baixa Noia, que se vai con Noia Histórica, co que a cifra aportada resultou idéntica á do ano pasado, pero ao ser menos, toca poñer máis a cada un do que participan nesta anualidade.

Aínda que se deu de baixa Noia, voltou Muros, polo que se compensou algo. Ribeira vai por libre e Carnota aínda falta por respostar. Como ocorre co turismo, no comercio aínda queda moito por facer para acadar a unión de todas estas bisbarras. Localismos e minifundismos seguen a ser as pexas, unha en cada pata, destes cabalos económicos da zona.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Lousame: o Concello vende casa e terreo en Camboño, na Chousa

Transcribimos o BOP do 12 de novembro (ollo que só dan 15 días)

Administración Local
Municipal
Lousame

Publicación anuncio de alleamento de ben inmoble en Camboño

ANUNCIO DE ALLEAMENTO DE BEN INMOBLE.

Por Resolución da Alcaldía con data 28 de outubro de 2009, foi
aprobado o alleamento por concurso, do ben inmoble
formado por casa e terreo pertencentes ó patrimonio municipal do solo
deste Concello, sitos en Corral de Abaixo, núm. 1,
Chousa – Camboño (Lousame), e o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares.
Publícase no Boletín Oficial da Provincia, por prazo de quince días, o
anuncio de licitación do contrato de alleamento do
dito ben por concurso público, co contido seguinte:
1. Entidade adxudicadora: Concello de Lousame.
2. Obxecto do contrato:O obxecto do contrato é o alleamento dun ben
integrante do patrimonio municipal de solo.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: Ordinaria.
b) Procedemento: Concurso público por procedemento aberto.
4. Orzamento base de licitación sen incluír impostos: 100.000 €.
5. Garantías.
a) Provisional: Non se esixe.
b) Definitiva: 5% do importe da adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lousame
b) Domicilio: Portobravo, Lousame.
c) Teléfono e fax: 981 82 04 94 – 981 82 18 65.
7. Presentación de ofertas:
a) Prazo: Quince días naturais desde a publicación deste anuncio no
BOP da Coruña.
b) Documentación a presentar: A prevista na cláusula novena do Prego
de Cláusulas.
c) Lugar de presentación: Os previstos no artigo 38.4 la Lei 30/1992,
de Réxime Xurídico das Administracións Públicas
e do Procedemento Administrativo Común.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lousame.
b) Domicilio: Portobravo - Lousame.
c) Localidade: Lousame (A Coruña).
d) Data: Quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de
presentación das proposicións. Se coincide en sábado a
apertura terá lugar o seguinte día hábil.
e) Hora: 12:30 horas.
9. Gastos de anuncios: Ata un importe máximo de 600,00 euros.
BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETIN OFICIAL DE LA
PROVINCIA DE A CORUÑA
12 de noviembre de 2009 • Número 242 • Página 87
10. Modelo de proposición.
«D. ________________________, con domicilio a efecto de notificacións
en ___________, r/ ___________________,
n.º ____, con DNI n.º ___________, en representación da Entidade
_________________________________, con CIF n.º
_______________, decatado da convocatoria de oferta, para o alleamento
dunha casa con terreo pertencente ó patrimonio
público do solo sito en Chousa, Camboño (Lousame), fago constar que
coñezo o Prego que sirve de base ó contrato e que
o acepto integramente, comprometéndome a adquirir o inmoble sinalado
no prego de cláusulas, no prezo de ………………
Euros (en letra e número). No dito prezo non se inclúen impostos.
Lugar, data e sinatura».
Lousame, 29 de outubro de 2009.
Asdo.: José Santiago Freire Abeijón, alcalde.

Vía http://barbanzadecambono.blogaliza.org/2009/11/13/o-concello-subasta-casa-e-terreo-en-cambono/

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical