Transcribimos o BOP do 12 de novembro (ollo que só dan 15 días)
Administración LocalMunicipal
Lousame Publicación anuncio de alleamento de ben inmoble en Camboño ANUNCIO DE ALLEAMENTO DE BEN INMOBLE. Por Resolución da Alcaldía con data 28 de outubro de 2009, foi
aprobado o alleamento por concurso, do ben inmoble
formado por casa e terreo pertencentes ó patrimonio municipal do solo
deste Concello, sitos en Corral de Abaixo, núm. 1,
Chousa – Camboño (Lousame), e o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares.
Publícase no Boletín Oficial da Provincia, por prazo de quince días, o
anuncio de licitación do contrato de alleamento do
dito ben por concurso público, co contido seguinte:
1. Entidade adxudicadora: Concello de Lousame.
2. Obxecto do contrato:O obxecto do contrato é o alleamento dun ben
integrante do patrimonio municipal de solo.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: Ordinaria.
b) Procedemento: Concurso público por procedemento aberto.
4. Orzamento base de licitación sen incluír impostos: 100.000 €.
5. Garantías.
a) Provisional: Non se esixe.
b) Definitiva: 5% do importe da adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lousame
b) Domicilio: Portobravo, Lousame.
c) Teléfono e fax: 981 82 04 94 – 981 82 18 65.
7. Presentación de ofertas:
a) Prazo: Quince días naturais desde a publicación deste anuncio no
BOP da Coruña.
b) Documentación a presentar: A prevista na cláusula novena do Prego
de Cláusulas.
c) Lugar de presentación: Os previstos no artigo 38.4 la Lei 30/1992,
de Réxime Xurídico das Administracións Públicas
e do Procedemento Administrativo Común.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lousame.
b) Domicilio: Portobravo - Lousame.
c) Localidade: Lousame (A Coruña).
d) Data: Quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de
presentación das proposicións. Se coincide en sábado a
apertura terá lugar o seguinte día hábil.
e) Hora: 12:30 horas.
9. Gastos de anuncios: Ata un importe máximo de 600,00 euros.
BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETIN OFICIAL DE LA
PROVINCIA DE A CORUÑA
12 de noviembre de 2009 • Número 242 • Página 87
10. Modelo de proposición.
«D. ________________________, con domicilio a efecto de notificacións
en ___________, r/ ___________________,
n.º ____, con DNI n.º ___________, en representación da Entidade
_________________________________, con CIF n.º
_______________, decatado da convocatoria de oferta, para o alleamento
dunha casa con terreo pertencente ó patrimonio
público do solo sito en Chousa, Camboño (Lousame), fago constar que
coñezo o Prego que sirve de base ó contrato e que
o acepto integramente, comprometéndome a adquirir o inmoble sinalado
no prego de cláusulas, no prezo de ………………
Euros (en letra e número). No dito prezo non se inclúen impostos.
Lugar, data e sinatura».
Lousame, 29 de outubro de 2009.
Asdo.: José Santiago Freire Abeijón, alcalde. Vía http://barbanzadecambono.blogaliza.org/2009/11/13/o-concello-subasta-casa-e-terreo-en-cambono/
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario