18.8.12

Noia: o Liceo ten unha programación paralela do San Bartolomeu, do 18 ao 28 de agosto

Liceo-festas-agosto-2012_1

  • Aproveita tamén para celebrar o seu aniversario

Programa completo:

18 de Agosto: ás 21:30 h. o Teatro do Liceo porá en escea a obra "A cea dos idiotas" de Francis Veber.

22 de Agosto: ás 21:30 h. e en colaboración coa asociación "Mar de Noia" presentación e proxección do documentario "Torreiros- un oficio centenairo que se apaga" de Pablo Ces.

23 de Agosto: ás 22:00 h actuación do grupo de múscia tradicional do Liceo "A Subela"

24 de Agosto:ás 23:00 h actuación do grupo "A Roda"

25 de Agosto: ás 23:00h actuación de Enrique Paisal, ex compoñente dos míticos Los Tamara.

26 de Agosto: ás 20:00h entrega de trofeos do II Torneo de Tenis Liceo de Noia
                      ás 22:00h actuación do grupo vogal e instrumental " A Misela " do Liceo de Noia

28 de Agosto:ás 20:30h conmemoración do LXXXIV Aniversario da Sociedade Liceo na Igrexa de S. Martiño cunha misa cantada pola Coral Polifónica da Sociedade na memoria de todos os socios finados
                    ás 23:00h Baile Aniversario amenizado polo Grupo Canela

E o programa do Concello:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a campioa mundial Ana Peleteiro louva o traballo dos mariñeiros para levantar a cidade

  • Durante o pregón da feira Artemar Ribeira

 

Ribeira, 17 de agosto de 2012.- A nova feira Artemar Ribeira xa está oficialmente inaugurada despois do pregón ofrecido pola xoven atleta ribeirense Ana Peleteiro Brión, campioa mundial júnior de triple salto, na praza do Concello.

Acompañada do alcalde Manuel Ruiz Rivas e de numerosas autoridades (entre as cales se atopaban Nava Castro como directora xeral de Comercio da Xunta e Santiago Freire, alcalde de Lousame, tamén do PP, en representación da Deputación), a triplista campioa do mundo júnior salientou a idoneidade de que Ribeira lle dedique uns días aos seus mariñeiros e pescadores, “homes e mulleres valentes e traballadoras que axudaron co seu traballo diario a levantar esta cidade”.

Así mesmo, expresou ante o numeroso público reunido o seu desexo de que esta feira cumpra os seus obxectivos para o ben de Ribeira e da súa xente e de todas as persoas que nos visitan nas vacacións.

Pola súa parte, o alcalde manifestou o orgullo que sinten os ribeirenses -e os galegos en xeral- cos logros acadados por Ana Peleteiro grazas particularmente ao seu esforzo e o da súa familia e adestradores. Ademais, definiu á moza atleta como a expresión dos valores que os rapaces e a xuventude teñen e explicou que con esta nova iniciativa do Concello tense a intención de amosar aos demais o que os ribeirenses son capaces de facer cos seus produtos.

O pregón rematou coa actuación da Coral Polifónica Municipal baixo a dirección de Enrique Paisal, ex compoñente dos míticos Los Tamara, e cunha degustación de produtos Frinsa.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a campioa mundial Ana Peleteiro louva o traballo dos mariñeiros para levantar a cidade

  • Durante o pregón da feira Artemar Ribeira

 

Ribeira, 17 de agosto de 2012.- A nova feira Artemar Ribeira xa está oficialmente inaugurada despois do pregón ofrecido pola xoven atleta ribeirense Ana Peleteiro Brión, campioa mundial júnior de triple salto, na praza do Concello.

Acompañada do alcalde Manuel Ruiz Rivas e de numerosas autoridades (entre as cales se atopaban Nava Castro como directora xeral de Comercio da Xunta e Santiago Freire, alcalde de Lousame, tamén do PP, en representación da Deputación), a triplista campioa do mundo júnior salientou a idoneidade de que Ribeira lle dedique uns días aos seus mariñeiros e pescadores, “homes e mulleres valentes e traballadoras que axudaron co seu traballo diario a levantar esta cidade”.

Así mesmo, expresou ante o numeroso público reunido o seu desexo de que esta feira cumpra os seus obxectivos para o ben de Ribeira e da súa xente e de todas as persoas que nos visitan nas vacacións.

Pola súa parte, o alcalde manifestou o orgullo que sinten os ribeirenses -e os galegos en xeral- cos logros acadados por Ana Peleteiro grazas particularmente ao seu esforzo e o da súa familia e adestradores. Ademais, definiu á moza atleta como a expresión dos valores que os rapaces e a xuventude teñen e explicou que con esta nova iniciativa do Concello tense a intención de amosar aos demais o que os ribeirenses son capaces de facer cos seus produtos.

O pregón rematou coa actuación da Coral Polifónica Municipal baixo a dirección de Enrique Paisal, ex compoñente dos míticos Los Tamara, e cunha degustación.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: "Ocean Man" xunta este sábado 18 en Coroso aos mellores socorristas de Portugal e España

Ocean_man

  •  Hai 200 participantes anotados

 

Ribeira, 17 de agosto de 2012. – Este sábado, 18 de agosto, vaise celebrar na praia de Coroso unha das probas do Campionato Ocean Man 2012. A competición de resistencia acuática está organizada pola Asociación Española de clubs de Salvamento Acuático xunto co Concello de Ribeira e a Federación Galega de Salvamento e Socorrismo. Para falar da iniciativa déronse cita hoxe na casa consistorial o concelleiro de Deportes e Atención Cidadá, Juan Luis Martínez e o concelleiro de Seguridade e Mobilidade Cidadá Víctor Reiriz.

 

A iniciativa enmárcase dentro das actividades deportivas que se están a levar a cabo por mor da Semana do Mar e de forma coincidente coa feira Artemar Ribeira, ao igual que a regata Dorna de Prata organizada por Lajareu por Barlovento coa colaboración do Concello que se desenvolverá no mesmo día e lugar que Ocean Man.

 

O campionato consta de catro competicións que se desenvolven nas cidades de Alicante, Ribeira, Lisboa e Málaga. Segundo salientou Juan Luis Martínez:  “decidiuse celebrar o acto un ano máis en Ribeira porque, tanto a asociación como a federación, quedaron moi satisfeitos coa organización, o entorno e a colaboración das distintas concellerías”.

 

As probas

Na competición participarán 200 deportistas de toda España e de Portugal e coa presenza do actual club campión de España e de Europa.

 

As probas serán:

 

      Cadetes e xuvenís: unha proba de táboa, nado e táboa.

      Absolutos: dividirase en Proba de Bandeiras que é unha competición de reacción e translación, e Ocean Man que consiste en recorrer 1.000 m a nado, 2.500 sobre táboas de rescate e 5.000 de ski (un tipo de piragua).

 

Estas probas comezarán en Coroso ás 11 horas e prolongarase durante todo o día ata aproximadamente as 20 horas.

Tamén, en Ribeira:





OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical