Boiro, 13 de Nadal de 2011. A falta de pan, boas son tortas. Logo da mala nova da suspensión da Mostra de Curtas "Vila de Noia", por obras no Coliseo Noela que, ante a creba da construtora encargada, adiaranse aínda máis, en Boiro, vila que tradicionalmente colaboraba con Noia no audiovisual, organízase unha mostra alternativa. A mostra, da man de Aturuxo!, comezará o xoves 29 de Decembro e continuará o venres 30 a partir das 21:00. Quere pór en relevo a producción galega no eido audiovisual, neste caso a través de diferentes curtametraxes.
"Na Galiza existen centos de criadoras e criadores que carecen de medios e espazos para a difusión da súa obra. Ao mesmo tempo tiran ao lixo miles de millóns de euros en proxectos supostamente culturais como a Cidade da Cultura, espazo baleiro que pretenden encher expoliando a cultura do país para encerrala nunha cidade sen vida", argumentan os organizadores.
"Con esta Mostra de Curtametraxes queremos pór o noso gran de area facilitando un espazo onde poder desfrutar do noso audiovisual, que é moito e de moi boa calidade", conclúen. Polo de agora, os tres documentais confirmados son:
O Cheque - Estevo Silva (Boiro)
Hermanos de sangre - Toño Chouza (Boiro)
A consulta do Doutor Natalio - Javi Camino
En canto se vaian confirmando os demais, irán informando no blog http://aturuxa.blogspot.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario