Noia, 13 de Nadal de 2011. Esta mañá tivo lugar no salón de plenos o Pleno Infantil Municipal, unha sesión extraordinaria para que as rapazas e nenos da vila coñezan polo miúdo como funciona o concello por dentro e se informen sobre o discorrer da vida política municipal. Segundo nos contou a concelleira de Educación, Sanidade e Deportes, Mary Domínguez, o máis preguntado e, por ende, o que máis lles interesou aos asistentes foron as melloras nas rúas onde estes vivían. Na parte de "Rogos e preguntas" acribillaron ao alcalde e concelleiros con estas cuestións: a algún só lle faltou soltar a consabida expresión "que hai do meu?". Actividades deportivas nocturnas
Unha das preguntas máis curiosas, sempre segundo Mary Domínguez, foi a relativa á proposta de actividades nocturnas como alternativa ao botellón. "Iso implica ter madurez ante o problema do consumo de alcohol e prácticas pouco saudables en idades temperás", argumentou a concelleira de Educación.
Ambiente distendido e bromasAínda que a algúns lles puido parecer un "tostón" o pleno, pois foron máis de dúas horas -non foi tan curto como o último pleno "serio" do Concello, que apenas chegou ao cuarto de hora, rogos e preguntas incluídos- o ambiente reinante foi distendido, chegando incluso a momentos de chiscadelas nas que os escolares asistentes amosaron familiaridade e incluso empatía co alcalde, Rafael García Guerrero. Curiosamente, ningunha das rapazas e tampouco ningún mozo dos que asistiu ao pleno revelou a súa intención de adicarse á política municipal. Para isto hai moitas posibles interpretacións. Propoñemos dúas, pero poden vostedes engadir máis: 1.- A xuventude noiesa "pasa" da política porque a ve moi lonxana e axena
2.- Os que se queren adicar á política non o contan por medo a ser logo obxecto de faladurías e chanzas por parte dos seus compañeiros. Entón hai futuros políticos "tapados"
2.- Os que se queren adicar á política non o contan por medo a ser logo obxecto de faladurías e chanzas por parte dos seus compañeiros. Entón hai futuros políticos "tapados"
PLENO INFANTIL MUNICIPAL
ORDE DO DÍA
Punto1: Apertura da sesión
Punto 2: Lectura e aprobación da acta anterior
Punto 3: Propostas dos rapaces e rapazas dos centros educativos.
Participaron os seguintes Centros Educativos.
CEIP FELIPE DE CASTRO. Concellerías de Educación e Seguridade Cidadá coas seguintes propostas:
* Gardería Municipal
Reparación do Pavillón do colexio
Reparacións do teito do colexio
Más vixiancia policial para atallar os roubos do Centro.
ALEXANDRE RODRÍGUEZ CADARSO: Concellerías de Servizos Sociais e Deporte
* Centro de día para 3º idade
* Actividades deportivas nocturnas (alternativas ao botellón)
* Pavillón novo
* Roubos no colexio.
Mª ASSUMPTA: Concellería de Obras e servizos , e Medioambiente Rural e Mariño.
* Saneamento da Zona de Testal, colocación de duchas e baños públicos, pistas de xogos, zona para xogos infantís.
* Saneamento e rexeneración da Ría de Noia.
Quedaron sen ocupar as concellerías de Sanidade e Cultura por non asistencia de outro centro invitado, ao que non lle foi posible asistir.
Punto 4. Rogos e preguntas.
Estiverón facendo preguntas ao Alcalde, tanto o público como os nenos que actuaron como concelleiros durante hora e media das que recibiron resposta por parte de Rafael García Guerrero.
Punto 5 : Clausura da sesión
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario