30.11.09

Ribeira: ou pintado ou cal, pero que arranxen o campo xa


Iniciativa do BNG de Ribeira sobre o pintado dos campos de fútbol sete en A Fieiteira. "Trátase dunha iniciativa nova, xa que debido á deixadez do concello este pasado sábado preto de 100 nenos/as non puideron xogar ao fútbol", explícanos o concelleiro Luís Teira, do BNG de Ribeira.

 

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: rematou a semana contra a Violencia de Xénero

A CONCELLARÍA DE IGUALDADE E BENESTAR CLAUSUROU AS ACTIVIDADES
CONMEMORATIVAS DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Dodro, 30 de novembro de 2009. Coa concentración celebrada no día de onte en Padrón (domingo 29 de novembro) convocada polos tres concellos da comarca do Sar, púxose fin os actos específicos de conmemoración desta data.

A concelleira de Igualdade de Dodro, Victoria Rei, amosou a súa satisfación pola participación dos seus veciños, pois "había unha nutrida representación de persoas do concello e detrás da nosa pacarta tivemos a xente de todas as edades, homes e mulleres, que rexeitan a violencia machista".

No pleno do pasado venres día 27 de novembro aprobouse unha Declaración Institucional por unanimidade. Este texto foi lido pola concelleira citada no transcurso da concentración, despois de que o pasado 30 de outubro se aprobara unha moción no
mesmo sentido, dando así apoio institucional a estes actos e facendo expresamente pública a loita contra a violencia de xénero.

Ademais, durante toda a semana unha pancarta alusiva estivo pendurada nos balcóns do concello.

Tamén as actividades dirixidas ás mulleres, co fin de potenciar a súa autoestima e os espazos de relación tiveron éxito e foron moi ben valoradas. Nas imaxes pódense ver ás mulleres no obradoiro de musicoterapia.

“Se ben o noso obxetivo é traballar pola igualdade ó longo de todo o ano, consideramos que nesta campaña abordamos todos os frentes: o social, o institucional e o apoio ás mulleres, co fin de sensibilizar á sociedade, previr as relacións violentas e apoiar ás vítimas”, concluiu a concelleira Victoria Rei.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: os diplomas dos premios do III Certame galego de Bandas de Música

Os euros non os enviaron, nin fotocopiados... Noraboa aos gañadores (e van tres polo menos, pero é que o merecen).

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Historia: Google dixitaliza as pezas do museo de Iraq

Pero o Ministerio de Asuntos Exteriores de Italia ten esta marabillosa web xa sobre el... http://www.virtualmuseumiraq.cnr.it
Paga a pena botarlle unha ollada.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: a potencia musical e literaria do Barbanza

Só hai que ler o resumo de premiados nestas últimas datas:
http://www.blogoteca.com/educaldea/index.php?cod=74586

Sumámonos aos parabéns, por suposto.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical