30.11.09

Dodro: rematou a semana contra a Violencia de Xénero

A CONCELLARÍA DE IGUALDADE E BENESTAR CLAUSUROU AS ACTIVIDADES
CONMEMORATIVAS DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Dodro, 30 de novembro de 2009. Coa concentración celebrada no día de onte en Padrón (domingo 29 de novembro) convocada polos tres concellos da comarca do Sar, púxose fin os actos específicos de conmemoración desta data.

A concelleira de Igualdade de Dodro, Victoria Rei, amosou a súa satisfación pola participación dos seus veciños, pois "había unha nutrida representación de persoas do concello e detrás da nosa pacarta tivemos a xente de todas as edades, homes e mulleres, que rexeitan a violencia machista".

No pleno do pasado venres día 27 de novembro aprobouse unha Declaración Institucional por unanimidade. Este texto foi lido pola concelleira citada no transcurso da concentración, despois de que o pasado 30 de outubro se aprobara unha moción no
mesmo sentido, dando así apoio institucional a estes actos e facendo expresamente pública a loita contra a violencia de xénero.

Ademais, durante toda a semana unha pancarta alusiva estivo pendurada nos balcóns do concello.

Tamén as actividades dirixidas ás mulleres, co fin de potenciar a súa autoestima e os espazos de relación tiveron éxito e foron moi ben valoradas. Nas imaxes pódense ver ás mulleres no obradoiro de musicoterapia.

“Se ben o noso obxetivo é traballar pola igualdade ó longo de todo o ano, consideramos que nesta campaña abordamos todos os frentes: o social, o institucional e o apoio ás mulleres, co fin de sensibilizar á sociedade, previr as relacións violentas e apoiar ás vítimas”, concluiu a concelleira Victoria Rei.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical