24.8.12

A Pobra do Caramiñal: do 14 ao 17 de setembro, Festas do Nazareno

Porto do Son: a parede da "desfeita urbanística" da Arnela conta xa cun novo mural

Imaxes cortesía de Paco do Martelo
  • Nunha das paredes máis vistas por todos os que atravesamos Porto do Son en vehículo agora acumúlanse entullos e lixo

Porto do Son, 24 de agosto de 2012. O ano pasado informamos da aparición dun primeiro mural:

Agora, a éste súmase outro máis, pintado tamén polos integrantes do campamento xuvenil que hai ao pé, como actividade artística. Mais ese sofá que leva tempo esquecido sen retirar polo Concello e o lixo e entullos que o acompañan deslocen o novo aspecto do muro.

Desfeita urbanística e vergoña política

Por que o bautizamos como a "parede da desfeita urbanística"? Esta foto explícao todo:


Logo pasou a ser o "muro da desvergoña política": namentres unha das promesas típicas dos políticos é manter limpa a súa vila, e cánsanse namentres están na oposición de criticar por estes asuntos, cando chega a campaña electoral non lles importa poñer os currunchos dos seus municipios así:
Media_httpfarm6static_zrzxn


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Festival Cantón Jazz, Blues & Funky celébrase o 30 e 31 de agosto e 1 de setembro

Noia_canton_jazz


Noia, 24 de agosto de 2012. O III Cantón Jazz, Blues & Funky terá lugar os días 30 (xoves) e 31 (venres) de agosto, e o 1 de setembro (sábado). Aínda que adiantamos o cartel, a presentación será a vindeira semana na propia praza do Cantón de Noia.

O máis salientable desta edición é que o noiés Kin García presentará seu novo traballo discográfico ("Accipiter Gentilis"); The Lákazans, logo de trunfar no Curota Sound, achégase a conquistar Noia, co seu líder á fronte, o JRAN Fran Velo, integrante de Heredeiros da Crus e, para rematar, unha curiosa e potente fusión do funk co rock que traen os vigueses Phantom Club Band, que interpretarán temas do seu último disco, "Muchas noches, buenas gracias".


Os concertos son de balde e sufragados polos locais da praza: Tasca Típica, Resto Pub Trócolo  e Cafetería Babilonia, segundo informa o director artístico deste festival, Pablo Sax.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: novo aspecto do Carreiro en Aguiño

  •  Colocaron cinco bancos e dúas balaustradas nas pontes

 

Aguiño, 24 de agosto de 2012.- O Concello informa da nova colocación de cinco bancos ao longo do Carreiro de Aguiño e de dúas balaustradas nas pontes do dique.  

 

Trala demanda dos veciños, decidiuse pór asentos para o descanso e acondicionar as pasarelas cuns quitamedos coa fin de ofrecer unha maior seguridade aos paseantes.

 

Ademais, o Concello púxose en contacto con Portos de Galicia para que se restableza a iluminación ao longo do camiño.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical