16.1.12

Boiro: o xoves 19 de xaneiro, primeira actividade da Red Innpulso, sobre medio ambiente e reciclaxe

Media_httpfarm6static_uglmx

Boiro foi o único municipio galego que conseguiu pertencer á rede INNPULSO, grazas á iniciativa do goberno bipartito anterior

Boiro, 16 de xaneiro de 2012. A “Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT)” puxo en marcha unha acción no ámbito do fomento da cultura da innovación INNAC Actitud Innovadora, e dentro desta unha actividade chamada “Ciudades con actitud innovadora”, que está dirixida aos concellos de toda España que foron premiados coa distinción “Ciudad de las ciencias y la innovación”, e forman parte da Red INNPULSO, tal como é o Concello de Boiro.


Esta actuación consiste no desenvolvemento de sesións de creatividade e innovación para obter solucións innovadoras sobre problemáticas identificadas na propia localidade. Neste caso escolleuse o tema "Medio Ambiente e reciclaxe", considerando os problemas locais máis destacados, como son os vertedoiros incontrolados, separación de residuos incorrecta, residuos na rede de sumidoiros, etc.


Trátase dun obradoiro no que participarán tres estudantes de Bacharelato pertencentes aos centros educativos de Boiro IES Praia Barraña e IES Espiñeira, tres empresarios/as de Boiro e tres respresentantes do propio Concello. O tema servirá de base para establecer un diálogo entre a ciencia e a tecnoloxía, a empresa, a administración e a sociedade, desenvolvendo un modelo de colaboración e participación cidadana amplo e efectivo co obxectivo de extraer, unha potencial solución creativa e innovadora, que permita ao concello ter un MAPA DE ACTUACIÓN para implementar esa solución dentro do marco temporal e orzamentario que estime adecuado en función do contexto e situación do municipio.


A “Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología “ (FECYT) farase cargo dos contidos e da dinamización da sesión.
A data seleccionada é o día 19 de xaneiro, de 16.00 a 21.00 horas (aproximadamente unhas 5 horas de sesion), no Centro Social do Concello de Boiro. Nas dúas últimas horas permítese a asistencia de persoas observadoras que queiran aportar algo á sesión (previa solicitude no Departamento de Emprego ou Departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: ata o 22 de febreiro, "Encontros", do fotógrafo Candiño, do colectivo Olláparo, no centro social

Noia: Baldo Ramos amosa os seus "Libros para habitar" no Liceo

Aínda se pode ver na sala Francisco Creo. É unha exposición que comezou en decembro do ano pasado.

Quen é Baldo Ramos?

Escritor e artista plástico. Consulte a súa traxectoria na Galipedia

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: Baldo Ramos amosa os seus "Libros para habitar" no Liceo

Aínda se pode ver na sala Francisco Creo. É unha exposición que comezou en decembro do ano pasado.

Quen é Baldo Ramos?

Escritor e artista plástico. Consulte a súa traxectoria na Galipedia

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: aberto prazo para presentar candidatos á VII Gala do Deporte

Gala_do_deporte_-_presentacin

  • Será o 24 de febreiro e haberá 16 categorías e un apartado para mencións especiais
  • Celebrarase no auditorio

Ribeira, 16 de xaneiro de 2012- O concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez Queiruga presentou este mediodía as bases da 7ª edición da Gala do Deporte de Ribeira, que nesta ocasión terá lugar no Auditorio Municipal o vindeiro 24 de febreiro e abarcará 16 categorías máis un 17º apartado dedicado ás mencións especiais. 

Calquera persoa ou entidade poderá propoñer candidatos a estes premios ata o martes 31 de xaneiro de 2012. Á hora de designar os galardoados, o xurado (composto polo edil de Deportes e outros catro vocais escollidos por este entre deportistas, técnicos e outras persoas vinculadas ao deporte local) valorará os resultados e méritos deportivos obtidos durante o período comprendido entre ó 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2011. 

“Queremos que os premiados se sintan reconfortados con esta calor que lle queremos dar a través da Gala”, declarou Martínez Queiruga. 

Os premios e recoñecementos que se outorguen axustaranse ás seguintes categorías:

    1. Mellor Deportista Masculino
    2. Mellor Deportista Feminina
    3. Mellor Deportista Masculino Discapacitado
    4. Mellor Deportista Feminina Discapacitada
    5. Deportista Revelación Masculino (sub – 18)
    6. Deportista Revelación Feminina (sub – 18)
    7. Mellor Equipo Masculino
    8. Mellor Equipo Femenino
    9. Mellor Adestrador
    10. Mellor Xuíz/Árbitro
    11. Mellor Evento Deportivo
    12. Mellor Centro Educativo na Promoción do Deporte Escolar
    13. Mellor Entidade na promoción do Deporte Base e Deporte Para todos
    14. Mellor Club Local
    15. Mencións Especiais
    16. Patrocinio Deportivo
    17. Mellor Labor Informativo

    Para poder optar os premios dos apartados A, B, C, D, E e F, deberase ser un deportista nado en Ribeira, ou con residencia legal no Concello con data anterior a 1 de xaneiro de 2009. 

    A proposición de candidaturas pódese realizar mediante a presentación de instancia no rexistro xeral do Concello dirixida ao alcalde do Concello, ou por correo electrónico á dirección deportes@riveira.com

    Os clubs, calquera cidadán, institución ou asociación, poderán así mesmo propoñer a unha ou varias persoas para que sexa recoñecida o seu labor, sexa pola súa traxectoria deportiva, directiva, ou polo seu apoio ó deporte en xeral desde calquera ámbito de actuación. 

    A relación de nominados farase pública o día 10 de febreiro do 2012.


Peche ao tráfico de Cristóbal Colón o mércores 18

Por outra banda, tal e como fora anunciado, a avenida Cristóbal Colón voltará quedar cortada á circulación rodada co fin de proseguir coas actuacións de mellora que se están a desenvolver nesta vía. O comezo do peche está previsto para o mércores 18 de xaneiro pola mañá. 

Os operarios continuarán coas obras de renovación das instalacións á altura do cruce de Cristóbal Colón coa rúa de Lugo e, acto seguido, estenderase a segunda capa de rodadura. 

É posible que nos próximos días a rúa de Lugo tamén rexistre algún corte puntual.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical