- Será o 24 de febreiro e haberá 16 categorías e un apartado para mencións especiais
- Celebrarase no auditorio
Ribeira, 16 de xaneiro de 2012- O concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez Queiruga presentou este mediodía as bases da 7ª edición da Gala do Deporte de Ribeira, que nesta ocasión terá lugar no Auditorio Municipal o vindeiro 24 de febreiro e abarcará 16 categorías máis un 17º apartado dedicado ás mencións especiais.
Calquera persoa ou entidade poderá propoñer candidatos a estes premios ata o martes 31 de xaneiro de 2012. Á hora de designar os galardoados, o xurado (composto polo edil de Deportes e outros catro vocais escollidos por este entre deportistas, técnicos e outras persoas vinculadas ao deporte local) valorará os resultados e méritos deportivos obtidos durante o período comprendido entre ó 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2011.
“Queremos que os premiados se sintan reconfortados con esta calor que lle queremos dar a través da Gala”, declarou Martínez Queiruga.
Os premios e recoñecementos que se outorguen axustaranse ás seguintes categorías:
- Mellor Deportista Masculino
- Mellor Deportista Feminina
- Mellor Deportista Masculino Discapacitado
- Mellor Deportista Feminina Discapacitada
- Deportista Revelación Masculino (sub – 18)
- Deportista Revelación Feminina (sub – 18)
- Mellor Equipo Masculino
- Mellor Equipo Femenino
- Mellor Adestrador
- Mellor Xuíz/Árbitro
- Mellor Evento Deportivo
- Mellor Centro Educativo na Promoción do Deporte Escolar
- Mellor Entidade na promoción do Deporte Base e Deporte Para todos
- Mellor Club Local
- Mencións Especiais
- Patrocinio Deportivo
- Mellor Labor Informativo
Para poder optar os premios dos apartados A, B, C, D, E e F, deberase ser un deportista nado en Ribeira, ou con residencia legal no Concello con data anterior a 1 de xaneiro de 2009.
A proposición de candidaturas pódese realizar mediante a presentación de instancia no rexistro xeral do Concello dirixida ao alcalde do Concello, ou por correo electrónico á dirección deportes@riveira.com.
Os clubs, calquera cidadán, institución ou asociación, poderán así mesmo propoñer a unha ou varias persoas para que sexa recoñecida o seu labor, sexa pola súa traxectoria deportiva, directiva, ou polo seu apoio ó deporte en xeral desde calquera ámbito de actuación.
A relación de nominados farase pública o día 10 de febreiro do 2012.
Peche ao tráfico de Cristóbal Colón o mércores 18 Por outra banda, tal e como fora anunciado, a avenida Cristóbal Colón voltará quedar cortada á circulación rodada co fin de proseguir coas actuacións de mellora que se están a desenvolver nesta vía. O comezo do peche está previsto para o mércores 18 de xaneiro pola mañá.
Os operarios continuarán coas obras de renovación das instalacións á altura do cruce de Cristóbal Colón coa rúa de Lugo e, acto seguido, estenderase a segunda capa de rodadura.
É posible que nos próximos días a rúa de Lugo tamén rexistre algún corte puntual.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario