21.9.10

Rianxo: o Bloque, preocupado porque escolla outra ubicación, di que a vila é a mellor sede para a Universidade Aberta de Portugal


En Galicia hai unha iniciativa chamada Universidade Rural

O BNG de Rianxo está preocupado pola situación de impasse e falta de resposta do executivo coa Universidade Aberta de Portugal e a posibilidade de que poida abandonar a escolla de Rianxo por outro concello da Arousa

Rianxo, 21 de setembro de 2010. O BNG preguntará ao alcalde polo estado actual das xestións realizadas e os atrancos que existen para que recale en Rianxo a primeira sede galega da Universidade Aberta de Portugal e que podería posibilitar cursar desde Rianxo diferentes especialidades universitarias oficiais a distancia (un equivalente á UNED).

Tras as novas publicadas polo propio executivo a comezos de ano que sinalaban un inminente desembarco do reitor da universidade e a sinatura dun convenio co concello, pasouse, segundo o Bng rianxeiro, "a un progresivo e preocupante silencio informativo que se agrava diante da posibilidade de que esta pasividade do alcalde de Rianxo poida trocar a escolla da sede galega na nosa localidade por outro concello da ría de Arousa perdendo de cursar desde a nosa vila licenciaturas como educación, ciencias do ambiente, matemáticas, informática, xestión ou linguas aplicadas, entre outras".

O BNG apoia "decididamente" a implantación deste centro local de aprendizaxe portugués en Rianxo e di asistir nestes últimos meses "á marcha atrás do PSOE de Rianxo, esquecéndose das declaracións en prensa prometedoras e que impiden ser sede da UAB xa para este curso, perdido para implantar aulas". Engaden que "agardamos axiña haxa unha resposta e sexa favorábel aos intereses de Rianxo, que vería así aumentar se cabe a súa dimensión internacional no mundo da lusofonía e tamén aos da propia UAB que espallaría así a súa oferta de ensino no noso país sendo como é a universidade pioneira no Ensino Superior a Distancia en Portugal. Estamos convencidos de que Rianxo será a mellor sede galega para esta delegación académica com máis de 300 profesores e milleiros de alumnos de todo o mundo".

Web da Universidade Aberta de Portugal

http://www.uab.pt

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: a Escola de Música abriu o prazo de matrícula e organiza o Ciclo de Outono, que ten o seu primeiro concerto o domingo 26

Rianxo, 21 de setembro de 2010. Como cada ano por estas datas, a Escola de Música de Rianxo abre o prazo de matrícula para o curso 2010-2011. O prazo para anotarse ás diferentes modalidades rematará o 29 de setembro. A información e entrega de matrículas será nas oficinas do Auditorio os días 23, 24, 27, 28 e 29 de setembro de 11:00 a 13:30 horas. Os días 24, 28, 29 de setembro de 19:00 ás 21:00 horas.

*Tfno. 671 058 555

*E-mail: escolademusicaderianxo@gmail.com

Ciclo de Outono

Asemade, a Xunta Directiva da Escola de Música de Rianxo ten o pracer de
convidar ao público que desexe asistir para o vindeiro domingo 26 de setembro ás 20:00, no Auditorio de Rianxo, ao primeiro concerto do "Ciclo de Outono" que organiza
conxuntamente o Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo, e que contará coa Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia.

Download now or preview on posterous
DIPTICO 2010-2011.pdf (611 KB)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: aberto o prazo ata este venres 24 para inscribirse na segunda edición da Escola de Fútbol Sálvora

Se queres ver as fotos de presentación do Sálvora para esta tempada 2010-2011, aquí

Ribeira, 21 de setembro de 2010. O Sálvora C.F., coa súa política de fomentar o deporte base na zona, en especial o fútbol, informa que se vai levar a cabo a segunda edición da Escola de Fútbol Sálvora que se une así a dous proxectos consolidados, como son a Copa Sálvora de Fútbol Base e o Campus Sálvora.


Os motivos que levan a este equipo de fútbol ribeirense a crear esta escola de fútbol base, "é o empeño dun grupo de persoas que representan ao clube, que queren encauzar as actividades deportivas dos nenos a través da práctica do fútbol, como medio para ocupar o tempo de ocio e fomentar os hábitos relaciondos coa saúde e benestar", explican.


A idea principal desta creación é a de facilitar ao alumno ou deportista unha serie de coñecementos básicos da iniciación ao deporte e máis en concreto ao fútbol. O neno que realiza actividade física e máis en concreto un deporte colectivo como é fútbol, cren que "non só aprenderá contidos relacionados co deporte senón que tamén adquirirá valores ou hábitos fundamentais na vida cotiá".


A escola de fútbol vai dirixida a nenos e nenas nacidas nos anos 2003,2004,2005. A  actividade realizarase no pavillón deportivo do C.E.I.P O Grupo de Ribeira os luns e xoves dende a primeira semana de outubro ata a segunda semana de xuño,.Os horarios están sen decidir, e escolleranse segundo os participantes.


O custo da actividade será de 17 Euros ó mes.

 

¿Cómo inscribirse na Escola de Fútbol Sálvora?

Mediante correo electrónico: Débese descargar o documento correspondente  na páxina  web do Sálvora www.salvoracf.blogspot.com e logo enviar cos datos requeridos mediante email a seguinte dirección: salvoracf@gmail.com.


O Prazo remata este venres 24 de setembro.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o presidente da Xunta visitou a zona do gran incendio forestal deste verán, que será recuperada para evitar a erosión

Alberte Núñez Feijóo dixo que xa se está a actuar nas primeiras 90 hectáreas, “para evitar escorrentías e evitar que os bancos marisqueiros se vexan afectados por elas e polas erosións que se producen coas primeiras chuvias”

Fotos: Xunta de Galicia. Autora: Ana Varela

Boiro, 21 de setembro de 2010.- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta mañá, durante a visita, xunto ao Conselleiro do Medio Rural, ao monte afectado polo incendio de Boiro, o inicio das labores de recuperación das zonas afectadas polos incendios con máximo risco de erosións e de afectación a outros cultivos.

O responsable do Goberno galego explicou así que, neste momento, a Xunta está a traballar nunha zona “moi complicada, como foi o incendio de Boiro. Neste incendio de 499 hectáreas –dixo- estamos actuando nas primeiras 90 hectáreas para evitar escorrentías e evitar que os bancos marisqueiros se vexan afectados por elas e polas erosións que se producen coas primeiras chuvias”.

Neste sentido, Feijóo avanzou que “o Centro de Investigación Forestal de Lourizán está estudando, en colaboración cos departamentos de agricultura dos Estados Unidos e doutros países, cáles son as técnicas de plantación e de reforestación, tanto forestal como herbáceas, para manter as capas do solo e evitar as erosións que sofren coas primeiras chuvias”.

Así mesmo, destacou que o centro de Lourizán está a analizar, tamén, cáles son as actuacións que procede facer noutro incendio como foi o de Laza, aínda que o 99% da superficie queimada foi de monte raso.

O titular do Executivo galego agradeceu de novo o labor das 6.000 persoas que este verán están a traballar contra os incendios. “Quero dar as grazas a un dispositivo que funcionou e que está a funcionar de forma exemplar, nunhas condicións climatolóxicas excepcionais como as que estamos a vivir desde fai meses, con ventos de 70 nudos e cunha falta de auga continuada, semana tras semana, practicamente na totalidade de Galicia e moi especialmente en Ourense”. E destacou o traballo do Exército, tanto nas labores de extinción como na súa labor de vixilancia.

Feijóo tivo, tamén, un recordo especial para os dous brigadistas que perderon a vida este verán extinguindo un lume en Fornelos de Montes. “O dispositivo e o operativo das 6.000 persoas que, este verán, fixeron fronte aos lumes e que seguen a traballar ata o final da campaña non van a esquecer en ningún caso este feito irreparable e desde aquí queremos trasladarlle ás familias a nosa solidariedade e o noso recordo permanente”.

Durante a súa visita, o presidente da Xunta destacou o compromiso da sociedade galega co monte, cos bosques galegos e co medio ambiente. “Sentímonos arroupados en todo momento pola sociedade galega tanto nas tarefas de prevención, como nas tarefas de extinción e nas tarefas de denuncia aos incendiarios”. Por último, Feijóo lembrou que, a próxima semana, o Conselleiro do Medio Rural comparecerá no Parlamento para explicar o alcance e o contido desta campaña.

Vídeo: se quere ver un extracto do que dixo o presidente da Xunta en Boiro, aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Solidaridade: Unicef pide axuda para a emerxencia no Pakistán

Rianxo: ata o sábado 25, máis dun cento de barcos no Campionato de España de vela, clase Láser Radial (Trofeo Distribunosa)


Os láser radial son considerados iates de vela lixeira. Información e foto na Wikipedia

Rianxo, 21 de setembro de 2010. O Campionato de España da clase Láser Radial – Trofeo Distribunosa, celébrarase en augas de Rianxo, entre os días 21 e 25 de setembro de 2010, ambos inclusive. É organizado polo Club Náutico de Rianxo e a Real Federación Española de Vela, en colaboración ca Federación Galega de Vela e a Asociación Española da clase Láser Internacional.

Máis de 100 barcos procedentes de toda a xeografía nacional disputan este campionato de España.


O programa do campionato é o seguinte:

DATA

HORA

ACTO

Martes  21 set 2010

10:00 – 18:00

19:00

Medicións e rexistro participantes

Reunión patróns – adestradores

Mércores  22 set 2010

12:00

Sinal de atención 1ª proba

Xoves  23 set 2010

12:00

Atención para as probas do día

Venres  24 set 2010

12:00

Atención para as probas do día

Sábado  25 set 2010

12:00

17:00

Atención para as probas do día

Clausura e entrega premios

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical