21.9.10

Rianxo: o Bloque, preocupado porque escolla outra ubicación, di que a vila é a mellor sede para a Universidade Aberta de Portugal


En Galicia hai unha iniciativa chamada Universidade Rural

O BNG de Rianxo está preocupado pola situación de impasse e falta de resposta do executivo coa Universidade Aberta de Portugal e a posibilidade de que poida abandonar a escolla de Rianxo por outro concello da Arousa

Rianxo, 21 de setembro de 2010. O BNG preguntará ao alcalde polo estado actual das xestións realizadas e os atrancos que existen para que recale en Rianxo a primeira sede galega da Universidade Aberta de Portugal e que podería posibilitar cursar desde Rianxo diferentes especialidades universitarias oficiais a distancia (un equivalente á UNED).

Tras as novas publicadas polo propio executivo a comezos de ano que sinalaban un inminente desembarco do reitor da universidade e a sinatura dun convenio co concello, pasouse, segundo o Bng rianxeiro, "a un progresivo e preocupante silencio informativo que se agrava diante da posibilidade de que esta pasividade do alcalde de Rianxo poida trocar a escolla da sede galega na nosa localidade por outro concello da ría de Arousa perdendo de cursar desde a nosa vila licenciaturas como educación, ciencias do ambiente, matemáticas, informática, xestión ou linguas aplicadas, entre outras".

O BNG apoia "decididamente" a implantación deste centro local de aprendizaxe portugués en Rianxo e di asistir nestes últimos meses "á marcha atrás do PSOE de Rianxo, esquecéndose das declaracións en prensa prometedoras e que impiden ser sede da UAB xa para este curso, perdido para implantar aulas". Engaden que "agardamos axiña haxa unha resposta e sexa favorábel aos intereses de Rianxo, que vería así aumentar se cabe a súa dimensión internacional no mundo da lusofonía e tamén aos da propia UAB que espallaría así a súa oferta de ensino no noso país sendo como é a universidade pioneira no Ensino Superior a Distancia en Portugal. Estamos convencidos de que Rianxo será a mellor sede galega para esta delegación académica com máis de 300 profesores e milleiros de alumnos de todo o mundo".

Web da Universidade Aberta de Portugal

http://www.uab.pt

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical