22.9.10

Noia: organizan un curso gratuíto de mediadores de saúde sobre o Sida o luns 4 de outubro

Flickr de  freizeit

Noia, 22 de setembro de 2010. A concellaría de Sanidade do Concello de Noia organiza un Curso de Mediadores en Saúde o vindeiro 4 de outubro dentro do programa de prevención da infección polo VIH e coa colaboración do Comité Antisida Lazos, de Ferrol.

 

O curso é de balde, e as inscrición pódense facer no 609.82.31.34 ou no email: saavedrapino@gmail.com. O número de prazas é de 12 persoas.



Está destinado a: persoas entre 18 e 30 anos, estudantes de Ciencias sociais e da
Saúde e personas interesadas no tema. Terá lugar o 4 de outubro na casa de cultura "Avilés de Taramancos" de Noia, en horarios de 10:00 a 14:00 h. e 16:00 a 20:00 horas.O ponente será Carlos Varela, educador da Asociación Pro-Solidariedade LAZOS de Ferrol.

OBXECTIVOS
  1. Clarificar os conceptos de saúde, sexualidade e saúde sexual.
  2. Identificar e analizar os factores que inflúen na mellora ou deterioro da nosa saúde.
  3. Derribar os mitos e estereotipos creados ó redor da sexualidade.
  4. Informar sobre os métodos preventivos e anticonceptivos existentes.
  5. Ofrecer información sobre as distintas ITS (vías de transmisión e contaxio e prevención)
  6. Potenciar a utilización do preservativo tanto masculino como feminino como único método eficaz na prevención de ITS.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical