Flickr de freizeit
Noia, 22 de setembro de 2010. A concellaría de Sanidade do Concello de Noia organiza un Curso de Mediadores en Saúde o vindeiro 4 de outubro dentro do programa de prevención da infección polo VIH e coa colaboración do Comité Antisida Lazos, de Ferrol.
O curso é de balde, e as inscrición pódense facer no 609.82.31.34 ou no email: saavedrapino@gmail.com. O número de prazas é de 12 persoas.
Está destinado a: persoas entre 18 e 30 anos, estudantes de Ciencias sociais e da
Saúde e personas interesadas no tema. Terá lugar o 4 de outubro na casa de cultura "Avilés de Taramancos" de Noia, en horarios de 10:00 a 14:00 h. e 16:00 a 20:00 horas.O ponente será Carlos Varela, educador da Asociación Pro-Solidariedade LAZOS de Ferrol.
OBXECTIVOS
- Clarificar os conceptos de saúde, sexualidade e saúde sexual.
- Identificar e analizar os factores que inflúen na mellora ou deterioro da nosa saúde.
- Derribar os mitos e estereotipos creados ó redor da sexualidade.
- Informar sobre os métodos preventivos e anticonceptivos existentes.
- Ofrecer información sobre as distintas ITS (vías de transmisión e contaxio e prevención)
- Potenciar a utilización do preservativo tanto masculino como feminino como único método eficaz na prevención de ITS.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario