22.9.10

Ribeira: 41 participantes na ruta cicloturista xacobea entre Compostela e Fisterra

Ribeira, 22 de setembro de 2010. Un total de 41 persoas tomaron parte o pasado sábado na marcha cicloturista que, coa escusa de honrar o Xacobeo, se levou a cabo entre Santiago de Compostela e Fisterra. A iniciativa estivo organizada polo Club Ciclista Ácidoláctico, a Peña Ciclista Tahúme, unha tenda de bicicletas e o Concello de Ribeira.

A organización viu cumpridas as súas expectativas e o percorrido, con 98 quilómetros de distancia, foi completado nun tempo aproximado de 6 horas (entre as 9 e as 15  horas): circunstancia á que axudou as magníficas condicións meteorolóxicas existentes na mañá do sábado. O itinerario descorreu sen apenas incidencias (tan só houbo unha caída sen demasiada consideración) e un 80% dos ciclistas participantes lograron culminar este reto. 

Unha vez chegados á meta (houbo previamente un punto de avituallamento en Dumbría), todos os participantes puideron asearse no albergue por cortesía do Concello de Fisterra. Este municipio foi escenario dunha comida na que cada un dos participantes recibiu unha medalla conmemorativa. Ademais, concedéronse sendos trofeos ao Club Ciclista Ácidoláctico e á Peña Ciclista Tahúme, e sorteáronse diversos regalos.

A peregrinación serviu tamén para obter a certificación oficial da Fisterrana.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical