O pazo de Fonseca está na rúa do Franco, preto da praza do Obradoiro
A Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela (USC) informou que xa se pode ver no Colexio de Fonseca a exposición Gravados de Rubens, produción do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira en colaboración con esa Vicerreitoría. Poderase visitar ata o 14 de marzo neste horario: martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas e os domingos de 11:00 a 14:00 horas.
Gravados de Rubens reúne unha selección de máis de 40 gravados da obra de Peter Paul Rubens datadas entre os séculos XVII e principios do XX, testemuña da repercusión atemporal e internacional da súa obra.
Peter Paul Rubens é un dos pintores barrocos máis significativos da escola flamenca. Acadou un grande éxito, polo que creou un importante obradoiro formado cos mellores pintores flamencos da época. Seguiu a tradición iniciada no S.XV por artistas coma Durero, de realizaren ilustracións con distintas técnicas para diminuír o custe e ampliar o número de compradores. Para a realización destes procedementos artísticos precisábase a colaboración de profesionais especializados como debuxantes, gravadores, estampadores ou editores. Con este fin se rodeou dos máis destacados gravadores do momento, como Lucas Emil Vorstemn, Pontius, Cornelio Danckerts, Theodor van Thulden ou Cornelio Galle. Logo da súa morte, houbo moitos proxectos de reprodución artística da súa obra. De entre eses traballos caben destacar a serie de gravados que reproduce o ciclo de pinturas de María de Medicis ou o “Hércules e Onfale”, reproducida polo académico español Juan Antonio Camacho e que foi editada pola Real Academia de San Fernando.
As obras exhibidas na presente exposición permiten a observación non só dos distintos xéneros practicados polo obradoiro, coma paisaxes ou retratos, temas mitolóxicos ou históricos..., senón das fieis características das composicións, o tratamento efectista da luz ou as naturezas exuberantes deste gran mestre.
Autorretrato de Rubens
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia













Noia, 21 de febreiro de 2010. O vindeiro venres 26 de febreiro terá lugar a inauguración das V Xornadas Psicopedagóxicas que organiza a Asociación de Nais e Pais do Instituto de Educación Secundaria "Virxe do Mar" de Noia. O acto inaugural será ás oito da tarde na aula "Álvaro de las Casas" do citado centro educativo. A última das ponencias está programada para o 7 de maio
Segundo a organización, "gustaríanos moito contar coa asistencia da ciudadanía en xeral, xa que son Xornadas de portas abertas. Sería interesante e demostrativo ademáis que fosemos capaces de facer que estas Xornadas en Noia servisen de incentivo e demostrar que os noieses acudimos a este tipo de actos, xa que, a verdade, non sempre é doado facer pleno de asistencia, así que contamos con todos vós".