21.2.10

Noia: o venres 26 comezan as V Xornadas Psicopedagóxicas no instituto "Virxe do Mar"

Levan por título "A educación en crise"

Noia, 21 de febreiro de 2010. O vindeiro venres 26 de febreiro terá lugar a inauguración das V Xornadas Psicopedagóxicas que organiza a Asociación de Nais e Pais do Instituto de Educación Secundaria "Virxe do Mar" de Noia. O acto inaugural será ás oito da tarde na aula "Álvaro de las Casas" do citado centro educativo. A última das ponencias está programada para o 7 de maio

Segundo a organización, "gustaríanos moito contar coa asistencia da ciudadanía en xeral, xa que son Xornadas de portas abertas. Sería interesante e demostrativo ademáis que fosemos capaces de facer que estas Xornadas en Noia servisen de incentivo  e demostrar que os noieses acudimos a este tipo  de actos, xa que, a verdade, non sempre é doado facer pleno de asistencia, así que contamos con todos vós".


Agradecen a presenza do alcalde Rafael García Guerrero para inaugurar as Xornadas, así como do Coro do IES "Virxe do Mar", que poñerá a nota musical. A primeira ponencia será impartida por Manuel Blanco-Ons Fernández, avogado do bufete Blanco-Ons, Siaba&Insua de Noia e versará sobre Dereito de Familia.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical