Antes, en Certo:
Urbanismo: é un pelotazo para NovaGaliciaBanco a venta da biblioteca municipal?
Ribeira, 7 de novembro de 2012.- Está previsto que no día de mañá se formalice a adquisición por parte do Concello do local anexo á Biblioteca Municipal de Ribeira.
A tal efecto, o alcalde Manuel Ruiz Rivas visitará ás 12.30 horas estas instalacións, na rúa Manuel Lustres Rivas número 20, de case 1.000 metros cadrados de superficie, e explicará aos medios informativos cales son os plans que o Executivo ten reservado para este novo espazo municipal.Poxas das empresas que concorreron á licitación das pistas rurais de A Tasca e FriónsEn sesión de hoxe tivo lugar no Consistorio a apertura dos sobres B do proxecto de dinamización e de inclusión social a través do deporte en pistas rurais, o que implica a construción no municipio de dúas novas pistas polideportivas de 40x20 metros, situadas en A Tasca (Aguiño) e Frións (Carreira). Cofinanciada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), esta actuación ten un prezo de licitación de 116.795,07 euros, IVE incluído.Unha vez abertos os citados sobres B, as ofertas económicas presentadas resultaron ser: Galitec Desarrollos Tecnológicos S.L.: 96.195 €Instalaciones Deportivas Gallegas, S.L.: 102.434,07 €
Sport Equipalia, S.L. 107.622,71 €
Happy Park, S.L. 87.597,95 €
Acto seguido, os servizos técnicos do Concello procederán a estudar as devanditas ofertas para ver se se cumpre coa normativa, antes da efectiva adxudicación do proxecto.
Tapiado de baixo comercial por salubridade
Por outra banda, o Concello tamén informou hoxe de que, vistos os preceptivos informes e por motivos de saubridade pública, dende a Concellería de Sanidade se adoptou a decisión de tapiar a parte da cristaleira do baixo comercial de Miguel Rodríguez Bautista, esquina Mariño de Rivera, que aparecera descuberta hai uns días. A tal efecto, operarios municipais realizaron esta mesma mañá os labores oportunos. Esta medida ten lugar con independencia de que segue o seu curso o expediente administrativo aberto polo Concello.
ESTE VENRES 9 NOV, ÁS 21:30 H, AUDITORIO DE RIVEIRA:MOSTRA DE TEATRO CON "O FÚTBOL É ASÍ".ENTRADA É DE BALDE!RISA FIXA! twitter.com/enterateriveir…
— enterateriveira (@enterateriveira) November 6, 2012
Ribeira: Quico Cadaval liándoa cunha mosca. A famosa mosca da tele! marcus.es/2012/11/a-verd… vía @marcus
— Certo (@Certo) November 7, 2012
Ribeira: 60 persoas participarán este venres 9 no seminario de motivación emprendedora no conservatorio post.ly/9aAQf Inda hai prazas
— Certo (@Certo) November 7, 2012
- Ribeira: o 24, cea benéfica a prol de Renacer
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia