29.8.12

Noia: o Bng esixe ao PP que cumpra as promesas electorais sobre o aproveitamento do porto


Vista do peirao de A Barquiña

Noia, 29 de agosto de 2012. Segundo informa hoxe en nota de prensa o Consello Local do Bloque Nacionalista Galego de Noia, "logo de ter analizado o contido do “Plano estratéxico de náutica recreativa 2012-2020”, pódese comprobar que ningunha das propostas electorais formuladas polo Partido Popular na campaña electoral municipal para o mandato 2011-2015, aparecen recollidas no mesmo". 

Os nacionalistas do Bng sinalan que as conclusións do citado plano falan de mellorar a xestión, do desenvolvemento das insfraestructuras; do aproveitamento do potencial turístico galego e do incremento da responsabilidade social corporativa. "Pois é nos apartados onde se fala do desenvolvemento das insfraestructuras, así como no relativo ao do aproveitamento do potencial turístico no país,  onde botamos en falta toda aquela serie de propostas anunciadas por Antonio Pérez Insua -candidato á alcaldía polo PP entón e hoxe deputado en Madrid- e avaladas de xeito directo polo conselleiro Hernández, co apoio do propio Alberto Núñez Feijóo". 

O Bng lembra que nos días previos á constitución da actual Corporación Municipal de Noia e a subseguinte investidura do alcalde ou alcaldesa (xuño de 2011), librouse "unha batalla encarnizada que tiña como desculpa o que se ía  facer co sistema portuario noiés, pero que no fondo só buscaba que o grupo municipal do BNG axudase ao candidato do PP, señor Pérez Insua, a acadar a alcaldía; chegando incluso a acusarnos de traizoar ao pobo de Noia por un hipotético abandono da nosa proposta electoral referida á recuperación do mar para a vila. Nesta estratexia participaron activamente toda a estrutura orgánica do PP, determinados medios de comunicación afíns a esta forza política  (nomeadamente os radiofónicos con implantación na comarca) e tamén compañeiros e compañeiras que hoxe se atopan lonxe do BNG".  

Recuperar o porto histórico

"É sabido que nós estábamos e estamos, por recuperar os usos portuarios do que no seu día foi o porto histórico de Noia, falamos do Malecón de Gasset e do Peirao do Marqués, e para iso é imprescindible que o Ente Público Portos de Galicia se aclare no relativo a estas propostas. Non podemos ser optimistas xa que cando se debateron os orzamentos da Xunta de Galiza para o presente ano, non se admitiron as emendas formuladas por nós que ían encamiñadas a que o citado Ente Público dotara unha partida económica coa cantidade de 2 millóns de euros, a fin de avanzar na consecución dos obxectivos marcados. A posición do PP, e nomeadamente a do señor Pérez Insua, foi a mesma no Congreso dos Deputados, votar en contra da emenda presentada polo BNG e que pretendía que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente presupostara con 1 millón de euros  para a elaboración dos estudos pertinentes que permitiran unha verdadeira rexeneración do esteiro interior da ría, que nos conduza de xeito paulatino á posibilidade da retirada dos limos e fangos que colmatan o esteiro desde hai décadas. O obxectivo desta pretensión  non era outro que o de acadar a posibilidade de recuperar a navegabilidade polo mencionado espazo, ao tempo que se recuperen aqueles ámbitos marisqueiros produtivos que un día foron, e hoxe como consecuencia do aterramento da ría están ermos", argumentan dende o Bng noiés, grupo que esixe ao PP o cumprimento das súas promesas electorais e a inclusión no “Plano Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020”, das demandas para a recuperación dos usos portuarios no porto histórico de Noia.  

Pode que tamén lle interese:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: a parroquia de Nebra celebra festas dende este xoves 30 ata o sábado 1 de setembro

Rianxo: este sábado, 1 de setembro, IV Trofeo Internacional de Xadrez e o domingo, 2, II Campionato Galego de Xadrez

Rianxo, 29 de agosto de 2012. Segundo informa o Concello, Rianxo será durante esta fin de semana a capital galega do xadrez ao acoller dúas importantes probas do calendario axedrecístico galego. O sábado, 1 de setembro, celebrarase o IV Trofeo Internacional DISTRIBUNOSA - Concello de Rianxo e o domingo, día 2, será o II Campionato Galego de Xadrez Activo.

A presentación tivo lugar o pasado venres, 24 de agosto, a cargo de Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, Joaquín Domínguez, Concelleiro de Deportes, Daniel Martínez, Presidente do Club Xadrez Rianxo e Manuel Castaño, Xerente de DISTRIBUNOSA.

Destacouse o grande traballo que está a facer o Club Xadrez Rianxo en prol do desenvolvemento do xadrez e do deporte rianxeiro, ao tempo que se alabou a súa capacidade organizativa, como o demostra o feito de que Rianxo fora designada, por segundo ano consecutivo, sede do Campionato Galego de Xadrez Activo e tamén a repercusión e prestixio que acadou o Trofeo DISTRIBUNOSA - Concello de Rianxo en tan só 3 edicións.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: este venres 31 de agosto, sábado 1 e domingo 2 de setembro, Festas do Carme de Abanqueiro

Ribeira: Núñez Feijóo, de precampaña no municipio

  • Alberto Núñez Feijóo foi recibido na casa consistorial, onde destacou este concello, gobernado polo Partido Popular, "como exemplo de iniciativa económica e de solvencia nas contas"
  • O presidente da Xunta departiu cos voceiros da Corporación e os diferentes ex- alcaldes da democracia

 

 

Ribeira.- 29 de agosto de 2012.- A Casa do Concello viviu no día de hoxe unha recepción institucional ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo: un acto no que, co alcalde Manuel Ruiz Rivas á cabeza, compareceron a maioría dos integrantes da Corporación Municipal, ademais doutras autoridades como é o caso dos anteriores rexedores do municipio (José Luis Torres Colomer, Ricardo Pérez Queiruga e Xosé Antonio Ventoso Mariño), os Fillos Adoptivos Ramiro Carregal Rey e Magdalena Bringas Miralles, e a delegada territorial da Xunta, Belén do Campo Piñeiro.

 

Núñez Feijóo tivo a oportunidade de asinar no Libro de Ouro do Concello no despacho de alcaldía, lugar onde mantivo un primeiro encontro cos rexedores anteriormente referidos e cos voceiros da Corporación.

 

Acto seguido, foi recibido no salón de plenos nun acto no que Alberto Núñez Feijóo cualificou a Ribeira como un dos “núcleos máis importantes de actividade económica dende o punto de vista da pesca, da industria e transformación do mar e do turismo”.


Concello "saneado" pero que foi a plan de rescate

 

O presidente, que acaba de convocar eleccións e xa antes diso estivo facendo precampaña por Cabo de Cruz, quixo reafirmar todos os proxectos comprometidos polo Goberno galego co Concello ribeirense, “xa se trate de proxectos que melloran a produción económica e incentivan a promoción económica ou xa se trate de proxectos sociais, viarios, de infraestruturas e de saneamento”.  Tamén destacou o feito de que Ribeira é un Concello saneado, o que constitúe “a maior garantía de autogoberno dunha Administración”.


Esquecéuselle lembrar no seu mitin ao presidente da Xunta, e do Partido Popular de Galicia, que Ribeira foi, como todos os concellos de Barbanza, a plan de rescate, xa que ten unha débeda considerable cos seus proveedores. E non é algo de agora: véxase o resultado dos últimos catro exercicios contables.


Débeda dos catro últimos exercicios de Ribeira (A Coruña)
2008: 6,526,000Euros237.91por habitante
2009: 6,530,000 Euros238.06por habitante
2010: 6,524,000Euros237.84por habitante
2011: 6,174,000Euros222.90por habitante
POBOACIÓN 2011: 27,699

 


Lealdade institucional

Pola súa parte, Manuel Ruiz agradeceu ao presidente da Xunta que quixera estar na “casa de todos os ribeirenses”, e resaltou a lealdade institucional demostrada polos distintos grupos políticos da Corporación ao estar presentes neste acontecemento.

 

Ademais, o alcalde manifestou a intención do Concello de Ribeira de ser non só referente na comarca do Barbanza senón en toda Galicia. “Nestes momentos temos a comarca con menos paro de toda Galicia e isto se debe a o espírito emprendedor deste pobo, tanto no eido industrial como nos sectores do mar e comercial” afirmou, e ratificou a súa intención de que “o exemplo de Ribeira sexa o exemplo de toda Galicia e de toda España”.

 

A este respecto, manifestou que a Xunta de Galicia "coñece todos os problemas do concello e é garante da solución dos mesmos".

 

Agasallo

Para finalizar o acto, o alcalde entregou un agasallo institucional ao presidente da Xunta consistente nunha réplica do faro de Corrubedo elaborada por Sargadelos.







Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: a sexta Xuntanza Literaria "As verbas do Barbanza" será o venres 7 de setembro

6ª Xuntanza literaria.pdf Download this file


Boiro, 29 de agosto de 2012. A VI Xuntanza Literaria que organiza a asociación etnográfica e cultural "O Faiado 2" de Boiro será o vindeiro venres, 7 de setembro. Ademais, vaise facer a inauguración dunha exposición de artistas de O Faiado 2.

Nova ubicación

A partires de agora, segundo nos informa María Luísa López Otero, presidenta de "O Faiado 2", a sede da asociación está no Centro Social de Boiro, Rúa Manuel María, /n 15930- Boiro.

Pode que tamén lle interese:






 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: conferencia-coloquio sobre o Sáhara este venres 31 de agosto

O ano pasado tamén despediran aos nenos do Sáhara o 31 de agosto


Noia, 29 de agosto de 2012. Coincidindo coa despedida dos nenos e nenas saharauis que pasan as súas "Vacacións en paz" no termo noiés, o próximo venres, 31 de agosto, á 20:30 horas, no salón de plenos do Concello de Noia, terá lugar unha conferencia/coloquio sobre a exposición fotográfica e audiovisual que aborda a problemática do pobo saharaui e titulada “De Sanxenxo ao Sahara: Vacacións en Paz”.


Nesta conferencia/coloquio participarán, ademais da concelleira do BNG, Sofia Caamaño, a xornalista e vicepresidenta de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), Natalia Puga e tamén participará Lorena Seijo, responsábel da área de voluntariado de AGARESO. Esta organización é a autora da reportaxe gráfica e audiovisual que con "notable éxito", segundo explica Sofía Caamaño, estivo exposta no claustro do Concello de Noia, durante este mes de agosto.


Antes, en Certo:


Fotografía: "De Sanxenxo ao Sáhara", no claustro en agosto


 

Pode que tamén lle interese:


Festival: 30 e 31 de agosto e 1 de setembro, III Cantón Jazz, Blues&Funky



Consumo: Muros e Noia acollerán Galicia Calidade móbil en setembro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical