29.8.12

Ribeira: Núñez Feijóo, de precampaña no municipio

  • Alberto Núñez Feijóo foi recibido na casa consistorial, onde destacou este concello, gobernado polo Partido Popular, "como exemplo de iniciativa económica e de solvencia nas contas"
  • O presidente da Xunta departiu cos voceiros da Corporación e os diferentes ex- alcaldes da democracia

 

 

Ribeira.- 29 de agosto de 2012.- A Casa do Concello viviu no día de hoxe unha recepción institucional ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo: un acto no que, co alcalde Manuel Ruiz Rivas á cabeza, compareceron a maioría dos integrantes da Corporación Municipal, ademais doutras autoridades como é o caso dos anteriores rexedores do municipio (José Luis Torres Colomer, Ricardo Pérez Queiruga e Xosé Antonio Ventoso Mariño), os Fillos Adoptivos Ramiro Carregal Rey e Magdalena Bringas Miralles, e a delegada territorial da Xunta, Belén do Campo Piñeiro.

 

Núñez Feijóo tivo a oportunidade de asinar no Libro de Ouro do Concello no despacho de alcaldía, lugar onde mantivo un primeiro encontro cos rexedores anteriormente referidos e cos voceiros da Corporación.

 

Acto seguido, foi recibido no salón de plenos nun acto no que Alberto Núñez Feijóo cualificou a Ribeira como un dos “núcleos máis importantes de actividade económica dende o punto de vista da pesca, da industria e transformación do mar e do turismo”.


Concello "saneado" pero que foi a plan de rescate

 

O presidente, que acaba de convocar eleccións e xa antes diso estivo facendo precampaña por Cabo de Cruz, quixo reafirmar todos os proxectos comprometidos polo Goberno galego co Concello ribeirense, “xa se trate de proxectos que melloran a produción económica e incentivan a promoción económica ou xa se trate de proxectos sociais, viarios, de infraestruturas e de saneamento”.  Tamén destacou o feito de que Ribeira é un Concello saneado, o que constitúe “a maior garantía de autogoberno dunha Administración”.


Esquecéuselle lembrar no seu mitin ao presidente da Xunta, e do Partido Popular de Galicia, que Ribeira foi, como todos os concellos de Barbanza, a plan de rescate, xa que ten unha débeda considerable cos seus proveedores. E non é algo de agora: véxase o resultado dos últimos catro exercicios contables.


Débeda dos catro últimos exercicios de Ribeira (A Coruña)
2008: 6,526,000Euros237.91por habitante
2009: 6,530,000 Euros238.06por habitante
2010: 6,524,000Euros237.84por habitante
2011: 6,174,000Euros222.90por habitante
POBOACIÓN 2011: 27,699

 


Lealdade institucional

Pola súa parte, Manuel Ruiz agradeceu ao presidente da Xunta que quixera estar na “casa de todos os ribeirenses”, e resaltou a lealdade institucional demostrada polos distintos grupos políticos da Corporación ao estar presentes neste acontecemento.

 

Ademais, o alcalde manifestou a intención do Concello de Ribeira de ser non só referente na comarca do Barbanza senón en toda Galicia. “Nestes momentos temos a comarca con menos paro de toda Galicia e isto se debe a o espírito emprendedor deste pobo, tanto no eido industrial como nos sectores do mar e comercial” afirmou, e ratificou a súa intención de que “o exemplo de Ribeira sexa o exemplo de toda Galicia e de toda España”.

 

A este respecto, manifestou que a Xunta de Galicia "coñece todos os problemas do concello e é garante da solución dos mesmos".

 

Agasallo

Para finalizar o acto, o alcalde entregou un agasallo institucional ao presidente da Xunta consistente nunha réplica do faro de Corrubedo elaborada por Sargadelos.







Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical