27.10.09

Medios: nace El Jelou, a revista para os que queren ser famosos

Xa estamos vendo a Dani Gestoso de colaborador...

Quen será a Isabel Pantoja de Barbanza?

E a Belén Esteban de Noia? Noia era terra de picadores, teremos algún Fran Rivera ao xeito? Haberá algún Paquirrín en Lousame? A Pobra ten toda a pinta de aloxar a algunha Cayetana de Alba! E que nos dicides de Porto do Son? Algún vividor tipo Álvaro de Marichalar?
Ribeira, que xa é Centenaria, ten que dar moito xogo, pero xa nos sacaron todas as ideas os da Dorna, que son moi ocurrentes coa súa publicación "La Vos de Jalisia". Sabemos que en Dodro se agocha algún cantante casposo e que en Rianxo hai varios exemplares coma Pipi Estrada.
Anímense! Nunca se sabe!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arte: Monica Cook, ou polbos como bufandas

Peculiar técnica hiperrealista que conxuga gastronomía e corpo humano...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Medios: Pecha Soitu.es

E nós que, de grandes, queríamos ser coma eles!

Nós mirabamos Soitu cada día. Eran unha fonte inesgotable de información actual, rigorosa, mesmo ilusionante e creativa.

En fin, calquera día dicimos nós o mesmo. Polo de pronto, bo martes e boa sorte. Grazas e sentímolo, en serio. Ler novas coma esta sacan as gañas de facer nada...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: encomiable iniciativa dos comuneiros de San Pedro de Muro

recollida de lixo

O domingo pasado (18 de outubro), xuntámonos un reducido grupo de persoas coa finalidade común de manter os nosos montes limpos de lixo. E é que, tralos desbroces destes últimos días, a retirada da maleza deixou ao descuberto as vergonzas da parroquia. 

lixo 1

lixo 2

sorpresa!

Ao vermos estas accións "espontáneas" un recobra a súa fe no xénero humano. Felicitacións!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: programación cultural de outono

Datos técnicos do informático: en dúas imaxes froito de capturas de pantalla metemos o pdf que colga o Concello de Boiro na súa web. O pdf pesa oito megas e pouco e estas imaxes, que se ven igual nunha pantalla normal, pesan un mega e pouco.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical