6.9.12

Boiro: o mércores 12 de setembro chega o camión de Galicia Calidade

  • Un día antes, o 11S, en Noia
  • En Muros estará o luns 10 de setembro
  • A Ribeira chegará o venres 14

Boiro, 6 de setembro de 2012. O Tour Experiencias Galicia Calidade segue a circular por toda Galicia. A súa fin é a de achegar aos usuarios non só a calidade dos produtos do selo Galicia Calidade, senón tamén, ao mesmo tempo, as súas aplicacións na cociña.

E ten como obxectivo facelo da forma máis atractiva, interactiva e amena posible para así xerar no consumidor a maior sensación de cercanía posible, por iso, Galicia Calidade sae á rúa.

Contido do Tour

A actividade do Tour basearase principalmente, en impartir Showcookings e obradoiros de cociña por toda Galicia, concretamente tres no día, de aproximadamente 60 minutos cada un. Os horarios dos cursos son:

  • 12:30
  • 17:30
  • 19:30

Cada un dos cursos inclúe a degustación dos produtos que se preparan e agasallos por parte de Galicia Calidade aos asistentes.

Hai que anotarse previamente

Cada un dos cursos ten unha capacidade de 35 persoas, que terán que apuntarse previamente no concello, ou o mesmo día do curso, no mesmo camión. O obxectivo prioritario con esta campaña son asociacións de amas de casa e de consumidores, así como calquera outro tipo de asociación de carácter local

Para apuntarse aos cursos con antelación, poden chamar ao teléfono 981842654, ou enviar un mail a turismo@boiro.org

Antes, en Certo:


Consumo: Muros, Boiro, Ribeira e Noia acollen Galicia Calidade móbil en setembro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: retoman o Banco de Tempo para este curso

  •  Reunión o mércores 26 de setembro para xuntanza de cohesón grupal
  • Onte houbo reunión para albiscar o futuro desta ferramenta veciñal que promove o Centro de Información á Muller

 

Ribeira, 6 de setembro de 2012.- No día de onte, de 19.00 a 20.30 horas, celebrouse a primeira xuntanza do novo curso do grupo de socios e socias que forman parte do Banco de Tempo de Ribeira. O obxectivo da mesma foi informar da reanudación do funcionamento da Secretaría do Banco de Tempo e a presentación da Axente de Tempo.

 

Así mesmo, a reunión convocouse coa intención de fortalecer a confianza entre os e as integrantes do grupo e fomentar o coñecemento mutuo e a comunicación interpersonal. As persoas asistentes fixeron unha valoración positiva e enriquecedora das anteriores experiencias de intercambios e actividades, debatendo dun xeito participativo as diversas actividades a levar a cabo nos vindeiros meses e fixando unha próxima xuntanza de dinamización e cohesión grupal para o día  26 de setembro.

 

Rede social

O Banco de Tempo ten como obxectivo poñer en valor o tempo das persoas e o que son capaces de facer xuntas. Esta rede social é un xeito de evitar o illamento persoal, onde todas as persoas teñen algo que ofrecer como coñecementos e experiencias que se poden compartir cós demais. Ten o mesmo valor intercambiar xestións administrativas que acompañar a unha persoa a compartir un paseo, xa que a medida de valor é o tempo non o servizo intercambiado. Este espazo de encontro e axuda mutua fortalece as relacións e comunicación entre as persoas dun xeito recíproco, dándose valores de empatía, confianza, solidariedade e axuda.

 

Este Banco de Tempo é un proxecto promovido polo Centro de Información á Muller de Ribeira –órgano adscrito á Consellería de Igualdade- e financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.


Contacto para facerse socia ou socio

 

Calquera persoa pode participar sendo socio/a do BdT, tan só debe inscribirse, de balde, na Secretaría do Banco de Tempo, localizada no Centro de Información a Muller (CIM) na praza 8 de marzo, contactando coa Directora do (CIM) Mª Dolores Crujeiras ou coa Axente de Tempo: Herminia Dios nos teléfonos 981 874 131, 981 873 409 ou 666 689 122.


Enderezos electrónicos: cim@riveira.com e hdios@aidsocial.com.


Sitio web: http://www.bancodotempo.com/

 



 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: a Escola de Fútbol do Sálvora acepta inscricións ata o 23 de setembro

Ribeira, 6 de setembro de 2012. Ata o 23 deste mesmo mes ábrese o prazo de inscrición da Escola de Fútbol Sálvora, que outro ano máis seguirá mellorando a oferta deportiva no Concello de Ribeira.

¿A quen vai dirixida? 

A nenos e nenas nacidos nos anos 2004, 2005, 2006, 2007 e 2008  que dende a primeira semana de Outubro ata a última semana de Maio, disfrutarán á iniciación dun deporte colectivo como é o "Fútbol".
  

¿Cal é o obxectivo desta Escola?
  
Dous, son os obxectivos básicos de esta escola:

-Educativos: 

• Convivir de forma amistosa e cordial con nenos e nenas de idades similares, co obxectivo de ter novas amizades. 

• Mellorar nos hábitos de disciplina, adquirindo valores de respeto polos demais, polos materias, polo cumprimento de tarefas, actividades e demais funcións a realizar. 

-Deportivos: 

• Elaborar un método integral e globalizado no adestramento, adaptado  a nenos en idade de aprendizaxe. 

• Practicar o deporte do Fútbol, asimilando os principais contidos técnicos e tácticos que ofrece, tendo o factor diversión, como obxectivo principal.


¿ Cal é o custe da actividade?

O custe será de 18€/mensuais a razón de dúas horas semanais.


 ¿Cómo inscribirse na Escola de Fútbol Sálvora?
  • Mediante correo electrónico: salvoracf@gmail.com, (datos a ofrecer: nome e apelidos, data nacemento, colexio, teléfono e persoa de contacto).
*Nota: Todos os alumnos que fixeron a reserva de praza non fai falta que se preinscriban.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: aberta a preinscrición dende este venres 7 para un curso de teatro de outubro a xuño

Noia, 6 de setembro de 2012. A concellería de Cultura de Noia informa que de outubro a xuño vai desenvolverse un curso de teatro dirixido a personas de 8 a 99 anos.

A monitora será María Creo. 

Os interesados poderán apuntarse do 7 ao 28 de setembro no Departamento de cultura deixando os seus datos -nome, apelido, idades, enderezo- no  e-mail:  concha.allut@gmail.com.

Inscrición física dende o 21 de setembro. Reunión o 29

Tamén poden incribirse, a partir do día 21 de setembro, xa presentándose persoalmente, na Casa da Cultura de Noia.

Unha vez rematado o período de pre-inscrición todos os interesados terán unha reunión o día 29 de setembro ás 12:00 horas na Casa da Cultura para preparar o comezo do curso.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: melloras no mercado provisional a suxerencia de praceiros e veciñanza

  •  Instalan 28 taquillas para vendedores e persoal da praza
  • Acótase unha área para deixar cans, instálase mobiliario urbano e píntanse zonas de descarga

 

 

Ribeira, 6 de setembro de 2012.- O Concello está a realizar unha serie de melloras no Mercado Provisional que redunden tanto nun máis óptimo funcionamento do mesmo como na comodidade dos usuarios que cada día acoden a estas instalacións en demanda de produtos alimentarios.

 

Así, nestes momentos estase a proceder, a demanda dos propios praceiros, á instalación de 28 taquillas individuais destinadas a albergar as equipacións e utensilios tanto de cada un dos vendedores do recinto, como de persoal municipal que traballa no mesmo.

 

Carpintería da UAD

Estas 28 taquillas, distribuídas en tres módulos de tres metros de ancho por dous metros de alto, foron construídas por alumnos do obradoiro de carpintería do Servizo de Drogodependencias da UAD e están feitas en branco e granate, de forma harmónica cos cores empregados nos uniformes dos vendedores e outros elementos.

 

Así mesmo, outra das actuacións emprendidas é o pintado da zona de carga e descarga situada na zona traseira da carpa que alberga o Mercado Provisional, para evitar posibles obstáculos nestas tarefas polo estacionamento indebido de vehículos.

 

Por outra parte, a demanda da propia cidadanía do municipio foron implantadas outras melloras, entre as que destaca unha zona de cans na que están situadas catro argolas nas que atar os animais mentres os seus donos efectúan as súas compras no interior da praza.

 

Ademais, tamén a petición da veciñanza instaláronse outros elementos de mobiliario urbano en fronte do recinto, como son dous bancos e tres macetas.  O concelleiro Vicente Mariño estivo hoxe no mercado para supervisar os traballos.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical