Ribeira, 26 de abril de 2012.- Unha vintena de nenas e nenos con idades comprendidas entre os 7 e os 10 anos que están a estudar danza clásica na Escola Municipal de Ballet realizaron esta tarde unha sesión formativa especial, consistente nunha xornada de portas abertas ante a presenza dos seus pais e nais. Guiados pola profesora Cristina Riveiro, os pequenos bailaríns fixeron as delicias dos seus proxenitores ao amosarlles todo o aprendido no transcurso do presente curso.
Esta acción de carácter excepcional desenvolvida na aula de ballet do Conservatorio tiña o seu fundamento na conmemoración do Día Internacional da Danza: unha efeméride que se celebrará o vindeiro domingo día 29 de maio.
Ribeira: o ceip de Castiñeiras, tomado por forzas de seguridade e bombeiros is.gd/ml88JR
— Certo (@Certo) April 26, 2012
Ribeira: acto este sábado 28 en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular por unha sanidade pública is.gd/7Eiqmr
— Certo (@Certo) April 26, 2012
@disquecool Mercaches xa a entrada para o Festival #Vitaminasgalego? Podes facelo por PayPal k12comunicacion.com/vpg/entradas.h… Grazas por RT :)
— VitaminasParaOGalego (@vitaminasgalego) April 26, 2012
Manuel Venator non se sae do rego e fala do que todos esta semana: Argentina. E tamén sae Perón. E tamén... oi oi oi! certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) April 26, 2012
Emocionante vídeo para voltar tomar a rúa o 12 de maio. Nada cambiou, e se o fixo, foi a peor. #indignados youtu.be/0FWTGmb33Gc
— Certo (@Certo) April 26, 2012
O ribeirense Carlos Callón repetirá na presidencia da Mesa á fronte dunha candidatura renovada sermosgaliza.com/artigo/lingua/… vía @sermosgaliza
— Certo (@Certo) April 26, 2012
Hai que recordar que a Escola Municipal de Ballet depende da área de Cultura do Concello de Riveira, que dirixe a concelleira Elvira Pisos Arnoso (quen finalmente non puido acudir ao evento por xurdirlle imprevistos de última hora).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia