- Simulacro conxunto coordinado polo Grupo de Intervención Rápida de Ribeira para valorar o plan de autoproteción do colexio
- Os pequenos, moi colaboradores, foron desaloxados en apenas tres minutos. Un deles deuse por desaparecido e foi atopado na aula de informática (non, non estaba enganchado ao tuenti, era todo unha proba)
Ribeira, 26 de abril 2012- Bombeiros, Policía Nacional, Policía Local, Tráfico da Garda Civil, Ambulancias e Grumir/Protección Civil de Ribeira estiveron a traballar no día de hoxe nun operativo conxunto dirixido a poñer en práctica o plan de autoprotección do colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras.
Baixo a coordinación do Grumir, no simulacro partiuse dunha suposta alarma de incendio nunha aula do centro e a desaparición dun dos 243 alumnos do colexio: algo que se detectou unha vez os profesores procederon ao reconto dos alumnos desaloxados. O exercicio constou da evacuación total e correcta do centro educativo, o control de alumnos e persoal desaloxado no exterior, e a valoración dos tempos de evacuación e de resposta de medios externos.
Desaloxo
O desenvolvemento do exercicio foi satisfactorio. Tardáronse tres minutos en evacuar totalmente o centro educativo (os estudantes foron trasladados a un dos patios do recinto) e, tras o oportuno rastreo polos equipos de bombeiros e protección civil, o neno desaparecido foi atopado na aula de informática situada na segunda planta e rapidamente asistido por técnicos de ambulancia. Tamén se procedeu á revisión do peche de portas e fiestras e se comprobou se o desaloxo do edificio foi realizado correctamente.
Finalizado o operativo, os estudantes do centro de Castiñeiras tiveron ocasión de coñecer os vehículos e equipos de que dispón Protección Civil, Bombeiros e Ambulancias.
RT@vitaminasgalego Toda a información do Festival de #vitaminasgalego no teléfono móbil aquí j.mp/JmyRiU Grazas por compartir :)
Libro no Ateneo de Ribeira: o 27 de abril, "Héroes de polvo", de B. Manjón
I Asemblea Dorna: este sábado 28 de abril
"Galicia Saudable": presentado o programa para ver se o 70% que non fai exercicio se anima
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario