15.11.11

Noia: case a punto as obras de acondicionamento da Chaínza arredor da ponte medieval e o vello carballo


A pontella da Chaínza é medieval, e por ela cruzaba o antigo Camiño Real


Varios veciños preguntaron xa ao alcalde se non pensaba soltar parrulos no estanque que vai quedar ao pé da ponte


Noia, 15 de novembro de 2011. A segunda obra na contorna do barrio noiés da Chaínza xa case está rematada. Trátase  da humanización do entorno, a ponte, a fonte, o lavadoiro, a estrada e os camiños. Tan só falta ubicar uns focos de iluminación para resaltar a arquitectura do lugar, plantar algunhas árbores e achandar a terra fresca para sementar herba. A primeira fase,  a do acondicionamento do solar mercado, onde se atopa a antiga curtidoría dos Cadarso, xa se rematara hai meses, co acondicionamento e limpeza dos xardíns, a eliminación da envolvente de ladrillo e a consolidación da estrutura de pedra primitiva do pazo e da fábrica.

Este proxecto está financiado polo Grupo de Acción Costeira e o Ministerio de Cultura. A adquisición da parcela de 4.000 metros cadrados edificables, onde se situa a fábrica, foi adquirida polo concello por un valor de 318.000 euros dos que 218.000 foron subvencionados pola Deputación da Coruña. Os autores do proxecto son integrantes do Estudio de Salgado e Liñares, que foron premiados varias veces pola restauración dos muíños e zona de Pedrachán, tamén en Noia.


Aspecto da curtidoría dos Cadarso, xa consolidada, de noite

Quere ver como era antes A Chaínza? Olle

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Barbanza: ningunha das sendas de curto percorrido é recomendada pola Federación Galega de Montañismo

  • O desleixo en que están todas leva a tomar esta decisión á Federación, segundo informou ese ente
Media_httpfarm4static_gchgc

Barbanza, 15 de novembro de 2011. Podemos estar satisfeitos co "gran traballo" dos concellos de Barbanza e a mancomunidade turística "Arousa Norte" na que se insiren. De acordo coa valoración da Federación Galego de Montañismo ningunha das sendas de curto percorrido (PR) do Barbanza é recomendada. A FGM non recomenda realizar, por problemas de mantemento, ningunha destas rutas: Piscinas do Río Pedras-A Portela, Circular Ribeira Axeitos-Ribeira, Devesa de Nimo e Monte San Lois, que son as únicas homologadas no ámbito do Barbanza. Como se pode comprobar na web da Federación, en

 
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira e Noia: os Concellos únense a Renacer para previr o consumo de alcohol entre a mocidade

Prevencin_alcol

  • Presentada a iniciativa no Día Mundial sen Alcol 
  • Entre as actividades, a desenvolver durante un ano, haberá obradoiros de hábitos saudables, seminarios, campañas de sensibilización e unha web

 

Ribeira, 15 de novembro de 2011.- Os concellos de Ribeira e Noia, en alianza coa Asociación Antidroga "Renacer" van promover nos próximos 12 meses un Programa de Prevención do Uso e Abuso de Alcol na Mocidade, cos obxectivos de potenciar a comunidade como axente preventivo no consumo e abuso desta substancia, especialmente en menores, así como sensibilizar sobre os riscos do seu consumo temperá e no papel que ten a comunidade na redución dos riscos. 

Os concelleiros de Sanidade de Noia e Ribeira, María Domínguez e Vicente Mariño, xunto coa presidenta de Renacer, María González, e as técnicas desta entidade María José Iglesias e María del Pilar Quintela, déronse cita na Casa Consistorial de Ribeira na xornada de hoxe, na que se conmemora precisamente o Día Mundial Sen Alcol, para explicar as grandes liñas da iniciativa, que nace a raíz da recente Lei Galega de Prevención do Consumo de Bebidas Alcólicas en menores de idade, que puxo en man das entidades locais e organizacións de prevención de adicións o pór en funcionamento unha serie de medidas encamiñadas a diminuír a prevalencia e incidencia do consumo de alcol e os episodios de intoxicación etílica en menores. 

Media_httpfarm3static_biyls

Públicos obxectivos

Segundo declarou María González, a media de idade á que a sociedade se inicia no consumo de alcol está nos 14 anos, cando o cerebro humano está en formación ata os 21, cos conseguintes danos ocasionados. De aí a importancia de promover un programa como este, que contempla distintas actividades multidisciplinares dirixidas distintos públicos obxectivos: menores de idade e mocidade en xeral, pais e nais de rapaces, comunidade educativa, establecementos dispensadores de alcol (en especial de hostalería e ocio nocturno), forzas de seguridade cidadá e  poboación en xeral. 

Ente as actividades que se barallan figuran, no que atinxe ao ámbito educativo, o desenvolvemento de hábitos saudables e prevención do consumo de alcol, campañas de sensibilización, reparto de material informativo,.... Polo que respecta ao ámbito familiar, seminarios informativos, servizo de información e asesoramento ou o reparto de material informativo e preventivo específico. E en canto ao ámbito comunitario, campañas de sensibilización, xornadas multiprofesionais, creación dun espazo web de información e consulta e outras accións coordinadas con establecementos dispensadores de alcol, forzas de seguridade, asociacións culturais e comités de festexos. 

Previamente a implantación de todas outras actividades realizarase un análise de situación acerca do uso e abuso de alcol nesta zona. 

Tanto o edil Vicente Mariño como a súa homóloga María Domínguez quixeron animar á  poboación a que se involucre nesta iniciativa para asegurar o seu éxito.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: xuntanza o xoves 17 para organizar os actos do Día Internacional dos Dereitos do Neno, que é o 20N


A presentación das actividades o ano pasado fora tamén o 17 de novembro

Ribeira, 15 de novembro de 2011. Unicef, Manos Unidas, Cáritas, Médicos sen fronteiras, Cruz Roja e Intermón Oxfam coa asociación Bastantes llons organizan unha reunión o próximo xoves, día 17 de novembro, ás 18:00 horas, no local de Cáritas situado na praza da igrexa, con motivo da celebración do Día dos Dereitos do Neno o 20 de novembro para a presentación dos seguintes actos:

.- O primeiro deles celebrarase o 9 de decembro no Auditorio de Ribeira, e consistirá nun festival no que o mesmo tempo que diversas testemuñas falarán da situación da infancia tanto nos países en vías de desenvolvemento como no noso entorno, actuarán diferentes grupos musicais do Barbanza.

.- O segundo deles consistirá nunha serie de concertos a celebrarse do 26 ao 30 de decembro, en distintos bares de Ribeira, para sensibilizar á poboación sobre a situación de fame no corno de Africa.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cinema: a Rede Cemit da Xunta convoca un concurso de curtas co móbil para estudantes de ESO e Bacharelato

  • O prazo de inscrición iníciase hoxe, 15 de novembro, e establécese o 29 de febreiro como data límite para a recollida de curtametraxes

  • O obxectivo é espertar a creatividade audiovisual dos estudantes galegos, ato tempo que se fomenta o traballo en equipo e se dan a coñecer as posibilidades que se abren no eido da formación e o coñecemento de novas tecnoloxías a través das aulas CeMIT
  • A iniciativa implica tanto ao alumnado, como creador das curtas; como aos centros educativos, como titores e facilitadores das inscricións; e aos responsables das aulas CeMIT, que se encargarán da difusión, validación e recollida das inscricións e traballos presentados
  • Haberá diversos premios, tanto a nivel provincial como autonómico, para os participantes e o centro educativo ao que pertencen. A partir do 7 de marzo comezará o proceso de votación dos vídeos presentados, mediante o sistema ‘Gústame’ de Facebook, a través do portal Facebook/IMit Xunta
Media_httpfarm7static_nwejf

Entrada ao Cemit de Noia

Barbanza-Noia, 15 de novembro de 2011.- A rede de centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, rede CeMIT, por iniciativa das aulas CeMIT dos concellos de Vimianzo e Abegondo, acaba de convocar o I Concurso de Curtas realizadas co móbil, dirixido a mozos matriculados na ESO ou no Bacharelato dos centros educativos da Comunidade Galega.

Este concurso, que se convoca por primeira vez na administración autonómica a través do Facebook da web de Iniciativas de Modernización e Innovación Tecnolóxica, http://www.facebook.com/imitxunta, abre hoxe o seu prazo de inscrición. Os obxectivos do certame son espertar a creatividade audiovisual dos estudantes galegos, fomentar o traballo en equipo e dar a coñecer as posibilidades que se abren no campo da formación e coñecemento das novas tecnoloxías que se veñen ofrecendo a través das actividades programadas nas aulas CeMIT dos distintos concellos e comarcas galegos.

Neste I Concurso de curtas realizadas co móbil os mozos da ESO e Bacharelato que teñan entre 14 e 20 anos poderán participar, de xeito individual ou colectivo, e mostrar a súa destreza cinematográfica coa gravación de curtas orixinais cunha temática que exprese aqueles valores e ideas relacionadas coas funcionalidades que ofrece a rede de aulas CeMIT como referente no acceso á formación en novas tecnoloxías e o seu impacto na vida cotiá.

Axentes implicados e fases do concurso
Os estudantes que desexen participar nesta iniciativa, cuxo prazo de inscrición se abre hoxe e permanecerá aberto ata o 29 de febreiro para a recollida das curtametraxes, contarán coa axuda activa da comunidade educativa e dos responsables das aulas CeMIT. Así, neste programa implícase tanto ao alumnado -como creador das curtametraxes-, como aos centros educativos -como titores dos alumnos participantes e facilitadores das inscricións das curtas que os representarán-, e aos responsables das aulas CeMIT, que se encargarán da difusión, resolución de dúbidas, validación e recollida das inscricións e traballos presentados ao concurso.

Media_httpfarm6static_fbcao

Unha vez recollidos todos os vídeos participantes, subiranse a internet para someterse á votación mediante o sistema ‘Gústame’ de Facebook a partir do 7 de marzo de 2012.  Tanto os alumnos das obras seleccionadas coma o centro educativo ao que representan poderán optar a unha serie de premios, tanto a nivel provincial como autonómico. Así, o centro educativo gañador a nivel provincial será obsequiado cunha cámara dixital compacta e o equipo gañador recibirá ata un máximo de 5 Ipod, que poderán ser distribuídos, a criterio do titor, no caso de que o grupo que presenta a curtametraxe estea formado por un número superior de integrantes.

A nivel autonómico entregaranse distintos premios aos centros educativos gañadores: no caso de quedar en primeiro lugar, o premio consistirá nun Netbook; e no caso de quedar en segunda posición o premio será unha videocámara.

Os alumnos e centros educativos interesados en participar neste concurso poderán inscribirse na aula CeMIT máis próxima ou a través da web www.cemit.xunta.es. As bases completas da iniciativa poderán consultarse en http://www.facebook.com/imitxunta.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: homenaxean a Cunqueiro coa etiqueta #ACunqueiro en blogs e redes sociais dende o 26 de novembro ata o Día do Gordo de Nadal

Media_httpmanuelgagoo_svdgl

"Queremos que a xornada do 26 de novembro en Santiago de Compostela non sexa máis que o inicio dunha extensa homenaxe a Don Álvaro Cunqueiro a través dos blogs e redes sociais, así como nos medios de comunicación. Unha homenaxe que debería prolongarse ata o día 22 de decembro, data na que se conmemora o centenario do nacemento do escritor.

Para participar nesta homenaxe non tes máis que publicar no teu blog ou web ou nos teus perfís das redes sociais post, notas, receitas, comentarios e referencias a Álvaro Cunqueiro, a súa obra literaria e o seu amor pola gastronomía e os viños.

Con esas publicacións contribuirás a levar a estender polo mundo enteiro o coñecemento sobre Cunqueiro e a súa obra.

Empregaremos o hagstag ou etiqueta #ACunqueiro, que reúne a inicial do nome e o apelido completo do autor, pero tamén porque dedicamos esta iniciativa “A Cunqueiro”.

Contamos coa túa colaboración e agradecemos que remitas un enlace co que publiques a soledadfelloza[arroba]gmail.com ou info[arroba]colineta.com para enlazalo dende esta web.

Mil primaveras máis para a obra inmortal de Álvaro Cunqueiro!"

Vía

Media_httpfarm7static_gadvx

Media_httpfarm6static_smphb

Media_httpfarm5static_oddhd

Media_httpfarm5static_jijvk

Media_httpfarm3static_fatjk

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: programa da Semana da Música, do martes 22 ao domingo 27 de novembro


Os concertos serán na igrexa de San Martiño

Noia, 15 de novembro de 2011. Como xa é tradicional, Noia celebra a súa Semana da Música na honra de Santa Icía. O programa deste ano é o seguinte:


Día 22, martes, Día de Santa Icía:
19:30 h. misa solemne
20:30 h. Concerto ESCOLA DE MÚSICA DE LOUSAME

Día 23, mércores:
QUINTETO CIMARRÓN
Programa: Piazzolla en Cuba
20:30 h.

Día 24, xoves:
CUARTETO SAIVA NOVA
20.30 h.

Día 25. venres,.
CONSERVATORIO municipal de música "Felipe Paz Carbajal"
20:30 h.

 Día 26, sábado,
Concerto coa Banda de MÚSICA DE LOUSAME
20:30 h

Día 27, domingo, 20:30 h.
CLAUSURA
DÍA DO CANTO CORAL . Interveñen CORAL PAZO DE OCA -A Estrada (Pontevedra), CORAL POLIFÓNICA DE NOIA e CORAL POLIFÓNICA DE MONTERROSO (Lugo)

A semana músical está organizada pola Coral Polifónica de Noia e o Concello colabora, pero non na totalidade da programación. En setembro tivo lugar en San Martiño un certame de habaneras onde participaron ambas corais de Noia xunto con outras invitadas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical