A pontella da Chaínza é medieval, e por ela cruzaba o antigo Camiño Real
Varios veciños preguntaron xa ao alcalde se non pensaba soltar parrulos no estanque que vai quedar ao pé da ponte
Noia, 15 de novembro de 2011. A segunda obra na contorna do barrio noiés da Chaínza xa case está rematada. Trátase da humanización do entorno, a ponte, a fonte, o lavadoiro, a estrada e os camiños. Tan só falta ubicar uns focos de iluminación para resaltar a arquitectura do lugar, plantar algunhas árbores e achandar a terra fresca para sementar herba. A primeira fase, a do acondicionamento do solar mercado, onde se atopa a antiga curtidoría dos Cadarso, xa se rematara hai meses, co acondicionamento e limpeza dos xardíns, a eliminación da envolvente de ladrillo e a consolidación da estrutura de pedra primitiva do pazo e da fábrica. Este proxecto está financiado polo Grupo de Acción Costeira e o Ministerio de Cultura. A adquisición da parcela de 4.000 metros cadrados edificables, onde se situa a fábrica, foi adquirida polo concello por un valor de 318.000 euros dos que 218.000 foron subvencionados pola Deputación da Coruña. Os autores do proxecto son integrantes do Estudio de Salgado e Liñares, que foron premiados varias veces pola restauración dos muíños e zona de Pedrachán, tamén en Noia.
Aspecto da curtidoría dos Cadarso, xa consolidada, de noite
Quere ver como era antes A Chaínza? Olle
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario