22.1.10

Lingua Galega: a orixe da expresión "O carallo 29"

Entrevista: Jesús Parada cóntanos o micófobos que somos os galegos. E os das Rías Baixas máis!

Ribeira: voltan pedir a posta en marcha da Casa Museo de doña Adela

   
    O BNG
vén de presentar unha iniciativa municipal pola que reclama a urxente posta en funcionamento da coñecida popularmente como Casa de Dona Adela, na que o goberno do PP ten anunciado, e mesmo publicitado en folletos, a dotación dun museo.
    Tamén solicita información a cerca das causas da tardanza na posta en marcha das nomeadas instalacións, así como das actividades que se van a desenvolver neste espazo público.

O concello de Ribeira ten numerosas obras executadas, pendentes de poñer a disposición da cidadanía. A pesar da carencia que ten o noso concello de espazos públicos e mesmo do importante custo económico que supón a realización das mesmas, incomprensiblemente moito tempo despois de rematadas aínda non se pode disfrutar da súa utilización.

Antecedentes:

A Casa de Doña Adela é un claro exemplo de desleixo do goberno local. Esta edificación, emprazada no número 19 da Rúa de Galicia, é un ben inmoble catalogado como de grao I no PXOM de Ribeira. A lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia indica no artigo 75.3, en relación cos inmobles catalogados que “o planeamento deberá prever as medidas necesarias para a protección, conservación, recuperación e aproveitamento social e cultural dos bens incluídos no catálogo.”
No PXOM de Ribeira, en referencia ao patrimonio cultural, no artigo 167: recollese que “a protección destes edificios, conxuntos e elementos vai encamiñada a súa conservación, rehabilitación e posta en valor aceptando a realización de determinadas obras en función das características do obxecto protexido.”
Aínda así, fixeron falta moitas mobilizacións da cidadanía e moitas iniciativas do BNG, tanto diante do goberno do PP de Ribeira como diante da Delegación da Consellaría de Cultura, para paralizar primeiro o expediente iniciado co obxecto de declarar o inmoble en estado de ruína (Decreto de Alcaldía de data 23-04-2004 o que implicaría o seu derrubo), e logo a súa adquisición para o patrimonio público e a posterior rehabilitación. Evitouse, grazas ao esforzo colectivo, a especulación urbanística logrando á necesaria protección e conservación do noso patrimonio.

6 anos despois, segue pechada a cal e canto

Con todo, preto de 6 anos despois de iniciado o proceso, e coas obras de rehabilitación xa rematadas dende hai meses este espazo, que o goberno do PP xa publicita nos seu folletos como un museo, segue pechado a cal e canto, pese a que Ribeira non conta con ningún museo público.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Colaboracións: Susana Moo fai falar mal á tía Casiana en castelán

Unha das traducións máis complexas de Susana Moo do galego ao castelán. Ao lelo, entenderano...
http://certo.es/index.php?page=la_tia_casiana
Lean tamén o orixinal:
http://certo.es/index.php?page=A_tia_Casiana

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: un dintel de ida e volta, o neopetróglifo de Palmeira

Hei aquí outra das marabillas de cómo con nocturnidade algún membro fáctico, leva, restaura e devolve o protoheráldico á mesma corredoira.

Unha das poucas marcas de propiedade das que poden atoparse por estas ribeiras arousáns. Neste caso trátase dun sinal que deu nome á parroquia de Palmeira.

           Se cadra alguén pensou que se ninguén se enteraba: calquera día a súa prole podía presumir do primixenio liñaxe palmeirán a modo de blasón heráldico de rancias e nobres prosapias, se cadra coma a dos “Petris”.           

Para a basta reposición do símbolo, que na súa orixe estaba esculpida no dintel dunha casa mariñeira palmeirán, foi preciso artellar unha masónica pescuda, o modo do CNI, para a súa recuperación.

            Aínda hoxe non se sabe como o neopetróglifo  —recortado a golpe de rebarbadora— , regresou o lugar de orixe. Pois cando demoleron as grosas paredes da casa, a gran pedra do dintel, en noctámbula viaxe,  desapareceu da parroquia embozada como alma en pena, cara unha quimérica eira —non para un “punto limpo”—,  e grazas ás insistentes reclamacións dun restrinxido grupo de persoas apegados a estas antiguallas,  regresou ao seu barrio.

            Como se viñera dun salón de beleza: trasquilada, maquillada e mutilada, o estilo da patanería que domina o preñado intelectualismo  barbanzán.  Aí a teñen.           

            ¡Vexan, admiren e pasmen, ante a gráfica demostración!

 

Domingo Regueira

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Lingua Galega: SonCine monta un vídeo da manifestación "Queremos Galego" do 21 de xaneiro

Se o son fose perfecto xa sería demasiado: que hai moitos xornalistas no paro!
Aparecen persoeiros das Letras Galegas (nin máis nin menos que o próximo presidente da Real Academia Galega, Méndez Ferrín) e promesas como o noiés Ramón Blanco, ademais doutros que non damos recoñecido pero que seguro que moitos de vostedes si.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Turismo: así promociona Arousa Norte o Barbanza en Fitur 2010

Muros-Noia: o Bng organiza xornadas de formación municipal

Ás 12:00 horas do sábado, 23 de xaneiro, terán lugar "Primeiras Xornadas de Formación Municipal", organizadas polo BNG na comarca de Muros-Noia e que se desenvolverán no Telecentro da Casa da Cultura de Muros.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: piden Internet por microondas electromagnéticas para todo o municipio


"Os socialistas da Pobra cremos que debemos ofrecer alternativas atractivas para que os mozos non vaian vivir aos pobos limítrofes. Vimos de presentar unha moción para o próximo pleno na que solicitamos a instalación dunha rede municipal inarámica de banda ancha, xa que este servizo supón unha revolución para o entorno rural.

É un momento crucial para que o Concello da Pobra sexa pioneiro na comarca e ademais facilite o acceso á Rede aos habitantes das zonas rurais posto que éstas son deficitarias en acceso a Internet", explica Mª Teresa García Guillán, secretaria xeral do PSOE pobrense.

Máis información

Que é o Wimax? Na Wikipedia explícano ben.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: mozos que foron á manifestación de Santiago polo galego o 21 de xaneiro

Cóntannos: "Un autobús totalmente cheo saiu de Rianxo ás 10.00h do día 21 de Xaneiro de 2010 cara Santiago con un único compromiso: apoiar o galego no ensino.

O autobús estaba repleto maioritariamente por mocidade. Levamos unha pancarta co lema "Mexan por nós e temos que dicir que chove!", levamos ghaiteiros, pandereteiras, etc, e grazas a iso fixemos resoar a Rianxeira no medio da manifestación. Non puidemos entrar ao Obradoiro pois ESTABA CHEO! Moitísiiiima xente quedamos fóra. Hoxe gritamos como nunca!

Na foto, algúns dos que fomos a Santiago, pois reunir a 60 persoas despois da manifestación de 60.000 era moi díficil".

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical