Hei aquí outra das marabillas de cómo con nocturnidade algún membro fáctico, leva, restaura e devolve o protoheráldico á mesma corredoira.
Unha das poucas marcas de propiedade das que poden atoparse por estas ribeiras arousáns. Neste caso trátase dun sinal que deu nome á parroquia de Palmeira.
Se cadra alguén pensou que se ninguén se enteraba: calquera día a súa prole podía presumir do primixenio liñaxe palmeirán a modo de blasón heráldico de rancias e nobres prosapias, se cadra coma a dos “Petris”.
Para a basta reposición do símbolo, que na súa orixe estaba esculpida no dintel dunha casa mariñeira palmeirán, foi preciso artellar unha masónica pescuda, o modo do CNI, para a súa recuperación.
Aínda hoxe non se sabe como o neopetróglifo —recortado a golpe de rebarbadora— , regresou o lugar de orixe. Pois cando demoleron as grosas paredes da casa, a gran pedra do dintel, en noctámbula viaxe, desapareceu da parroquia embozada como alma en pena, cara unha quimérica eira —non para un “punto limpo”—, e grazas ás insistentes reclamacións dun restrinxido grupo de persoas apegados a estas antiguallas, regresou ao seu barrio.
Como se viñera dun salón de beleza: trasquilada, maquillada e mutilada, o estilo da patanería que domina o preñado intelectualismo barbanzán. Aí a teñen.
¡Vexan, admiren e pasmen, ante a gráfica demostración!
Domingo Regueira
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario