----------------
ADEMÁIS: durante a Mostra contarase coas mellores tapas do cheff Daniel Tubío.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Alfonso Costas informou como voceiro do xurado que o número de obras presentadas rondaron as 200 procedendo de 16 países e resaltou a calidade imperante nas mesmas.
Os gañadores foron:
I Premio Ramiro Carregal: Manuel Moreno Morales, de Sevilla (http://www.manuelmorenomorales.com)
Tres premios Atlante: Yuko Yamada -Xapón-
Ramiro de Undabeytia -Madrid-
Justo Antonio Heras -Barcelona-.
Cada un destes catro galardóns están dotados cun premio en metálico de 2.500 euros cada un.
Premio Barbanza/Ría de Arousa: Sandra González Caamaño, de Noia, agraciada con 1.400 euros.
Finalistas:
No Museo do Gravado á Estampa Dixital localizado na parroquia riveinrese de Artes déronse cita ademais de Ruiz Rivas, que exerceu hoxe por primeira vez de Presidente da Fundación, Jorge Expósito, vicepresidente da fundación e alma máter da entidade, xunto cos membros do xurado encargados de escoller aos premiados: o pintor noiés Alfonso Costa, o director da Biblioteca de Galicia, Daniel Buján, o pintor ribeirense Manuel Ayaso e os catedráticos da USC José Manuel López e Juan M. Monterroso.
Costa Rica
Ruiz Rivas manifestou que a exposición dos gravados galardoados terá lugar ou ben a principios de marzo ou ben xa en abril, pois a organización desta mostra está supeditada ás necesidades doutra exposición que se vai realizar en Costa Rica a instancias do goberno deste país, ao que viaxará a colección de Los Desastres de la Guerra de Goya para ser exhibidos a partir do 16 de marzo e por o prazo dun mes e medio.
Por outra parte, o rexedor riveirense salientou a importancia que para Ribeira ten o feito de contar dentro do seu termo municipal cun museo da importancia do do gravado, que acubilla nos seus fondos máis de 26.000 obras.
A este respecto, afirmou que dende o Concello vanse dar os pasos necesarios para conseguir que o museo continúe vivo a través da sinatura dun convenio de colaboración que incida nos gastos de persoal e mantemento da infraestrutura, e manifestou o interese existente tamén por parte doutras administracións como a Xunta ou a propia Diputación, entidade provincial esta última que destinará 20.000 euros para sufragar as actividades do museo ademais de promover dúas actividades.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 28 de Nadal de 2011. O presidente da asociación cultural "Francisco Lorenzo Mariño", o técnico de Cultura municipal Unai González, informa hoxe de que o vindeiro sábado, 31 de decembro, porase en marcha un novo servizo para o pobo de Aguiño. "Trátase da Biblioteca Popular de Aguiño, denominada "Aula das Letras Francisco Lorenzo Mariño", e funcionará como unha pequena biblioteca onde as socias e socios da entidade en particular, e usuarios das instalacións parroquiais e veciñanza en xeral terán a posibilidade de consultar e levar ao seu domicilio mediante préstamo, distintas publicacións, así como algún dvd e cd".
Medio milleiro de volumes
Os fondos que teñen ata agora son mais de médio milleiro de temática variada, dende historia, teatro, poesia, fotografia, pintura ata enciclopédias, relixión ou infantis... na súa maioría recibidos mediante donacións de distintas institucións entre as que destacan o Concello de Ribeira a través das súas áreas de Cultura e Educación, o Ministério de Cultura e a Biblioteca Nacional, o Arquivo do Reino de Galicia, a Universidade de Vigo, a Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña, a Biblioteca de Pontevedra ou a Biblioteca Municipal do Estado de Ourense, entre outras. Tamén hai exemplares asinados polo seu autor como é o caso de Torres Queiruga, Chao Rego, Dourado Deira, Plácido Betanzos, Ventoso Mariño, Erolo, etc.
Agradecementos
"Queremos agradecer a colaboración da Parroquia de Aguiño e do seu párroco, David Mohedano póla colaboración mostrada para facer realidade esta instalación deixándonos o Local Parroquial; tamén a colaboración da Deputación da Coruña que nos concedeu unha subvención para mobiliário. A Biblioteca ten varias estanterías abertas e tres acristaladas para os volumes de maior valor, tamén contamos cunha pequena oficina para a asociación onde poden verse enmarcadas as cartas que enviaron importantes persoeiros como o Rei Juan Carlos, o Papa, Benedicto XVI, Nuñez Feijoo, Roberto Varela, Zapatero sendo Presidente do Goberno, etc", explica Unai González.
O acto de inauguración será o vindeiro SÁBADO 31 DE DECEMBRO ÁS 12:00 H cunha función de monicreques para xente de todas as idades pero en especial para nenas/os, durará unha hora, e titúlase “CONTO CLÁSICO DE NADAL”. Con este acto quedará oficialmente aberta a biblioteca e xa definirán o horario.
Lambetadas e carteiro real
No acto tamén se repartirán lambetadas e está prevista a visita do Carteiro Real -o dos Reis Magos, este non cobra da casa real dos Borbóns-. Dende a asociación continúan abertos á achega de fondos bibliográficos de calquera institución ou persoa que queira donalos, polo que poden facelo poñéndose en contacto con eles no correo electrónico aflm.aguinho@gmail.com, ou envialos a R/ Mestre Xosé Sans, 21, 15965, Aguiño, Riveira, A Coruña.
Un libro viaxeiro
Unai González aproveitou este convite á inauguración para subliñar que "o libro publicado pola nosa entidade “Aguiño, 50 anos de parroquia” forma xa parte das Bibliotecas Nacionais de Bos Aires (Arxentina), Lisboa (Portugal), Washintong (USA), Vaticano ou Madrid e recentemente agasallamos con el a Frinsa e Ramiro Carregal con motivo do 50 Aniversario desta empresa senlleira en Ribeira, e seguimos a envialo a outros arquivos e bibliotecas do mundo".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Dodro, 28 de Nadal de 2011. Os nenos/as de Dodro disfrutaron ao longo da tarde do día 23 de títeres e xogos para recibir despois a visita de Papá Noel.
Os máis pequenos aproveitaron para facerlle as súas peticións e Papá Noel recibiu a cambio moitos bicos e agarimos.
No que atinxe aos obradoiros infantís de nadal que se están a realizar por primeira vez en Dodro, a tenenta de alcalde, Marisol Boga, afirma que "teñen unha grande aceptación entre a veciñanza, xa que acoden máis de 30 nenos/as do Concello onde pasan unhas tardes divertidas con cinema, manualidades, globoflexia, maquillaxe, xogos e outras actividades".
Actividades este venres 30 de decembro
O día 30, este venres, a partir das 18h na Paxareira os nenos/as de Dodro disfrutarán da súa Festa de Fin de Ano particular que se celebra por primeira vez para eles no Concello. O día 2 de xaneiro ás 18 horas, tamén na Paxareira, disfrutarán de varios contacontos para recibir despois a visita do Carteiro Real que recollerá as cartas para os Reis Magos que chegarán a Dodro o 5 de xaneiro ás 5 da tarde na primeira Cabalgata de Reis que celebrará o Concello.
Relacionadas:
Programación de Nadal: vexa aquí todas as actividades
Concurso: I Concurso de Pasteis e doces o 5 de xaneiro
Un xoguete, unha ilusión: novo programa solidario
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Santa María a Nova: as tuyas, en perigo
Turismo e cultura: Javier Sierra "El ángel perdido" en Santa María a Nova
Programación cultural completa de Nadal: do Concello e do Liceo de Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia