28.12.11

Arte: o III Premio Atlante de Gravado foi para un sevillano, un xaponés, un madrileño e un barcelonés

  • Arredor de 200 traballos de 16 países distintos compareceron ao certame

Artes, Ribeira, 28 de Nadal de 2011.- No día de hoxe tivo lugar o acto no que se fixeron públicos os gañadores da terceira edición dos Premios Atlante.

Alfonso Costas informou como voceiro do xurado que o número de obras presentadas rondaron as 200 procedendo de 16 países e resaltou a calidade imperante nas mesmas.

Os gañadores foron:

I Premio Ramiro Carregal: Manuel Moreno Morales, de Sevilla (http://www.manuelmorenomorales.com)

Tres premios Atlante: Yuko Yamada -Xapón-

Ramiro de Undabeytia -Madrid-

Justo Antonio Heras -Barcelona-.

Cada un destes catro galardóns están dotados cun premio en metálico de 2.500 euros cada un.

Premio Barbanza/Ría de Arousa: Sandra González Caamaño, de Noia, agraciada con 1.400 euros. 

Finalistas:

Hugo Besard -Bélxica-
Micaela Trocello -Arxentina-
Turmi Sassaki -Brasil-

Finalistas Barbanza/Ría de Arousa: Ana Cambeiro e Encarna Méndez, ambas de Noia.

No Museo do Gravado á  Estampa Dixital localizado na parroquia riveinrese de Artes déronse cita ademais de Ruiz Rivas, que exerceu hoxe por primeira vez de Presidente da Fundación, Jorge Expósito, vicepresidente da fundación e alma máter da entidade, xunto cos membros do xurado encargados de escoller aos premiados: o pintor noiés Alfonso Costa, o director da Biblioteca de Galicia, Daniel Buján, o pintor ribeirense Manuel Ayaso e os catedráticos da USC José Manuel López e Juan M. Monterroso.

Costa Rica

Ruiz Rivas manifestou que a exposición dos gravados galardoados terá lugar ou ben a principios de marzo ou ben xa en abril, pois a organización desta mostra está supeditada ás necesidades doutra exposición que se vai realizar en Costa Rica a instancias do goberno deste país, ao que viaxará a colección de Los Desastres de la Guerra de Goya para ser exhibidos a partir do 16 de marzo e por o prazo dun mes e medio. 

Por outra parte, o rexedor riveirense salientou a importancia que para Ribeira ten o feito de contar dentro do seu termo municipal cun museo da importancia do do gravado, que acubilla nos seus fondos máis de 26.000 obras.  

A este respecto, afirmou que dende o Concello vanse  dar os pasos necesarios para conseguir que o museo continúe vivo a través da sinatura dun convenio de colaboración que incida nos gastos de persoal e mantemento da infraestrutura, e manifestou o interese existente tamén por parte doutras administracións como a Xunta ou a propia Diputación, entidade provincial esta última que destinará 20.000 euros para sufragar as actividades do museo ademais de promover dúas actividades.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical