28.12.11

Boiro: Aturuxo! organiza unha Mostra de Curtametraxes este xoves 29 e venres 30

Cartaz_curtas

Boiro, 28 de Nadal de 2011. Aturuxo! convida a todo o mundo á MOSTRA DE CURTAMETRAXES, que se celebrará en ATURUXO (R/ Principal nº118 Boiro) o xoves 29 e venres 30 a partir das 21 horas. Contarán con xente que participou da produción das curtas e haberá algunha sorpresa.

A mostra comezará o xoves 29 de Decembro e continuará o venres 30 a partir das 21:00. 

Aturuxo!, con esta actividade, quere por en relevo a producción galega no eido audiovisual, neste caso a través de diferentes curtametraxes.  "En Galicia existen centos de creadoras e creadores que carecen de medios e espazos para a difusión da súa obra. Ao mesmo tempo que se tiran ao lixo millóns de euros en proxectos supostamente culturais como a Cidade da ‘’Cultura’’, espazo baleiro que pretenden encher espoliando a cultura do país para encerrala nunha cidade sen vida. Con esta Mostra de Curtametraxes queremos por o noso gran de area facilitando un espazo onde poder desfrutar do noso audiovisual, que é moito e de moi boa calidade", argumenta a mocidade que constitúe esta agrupación cultural boirense.

Pasaranse as seguintes curtas:

- O Cheque - Dirección de Estevo Silva (Dur. 25 min Ano 2008)

- Es hora - Dirección de Toño Chouza voz en off Carolina Villafruela, fotografía Gema Briones, música Ethan Roses. Selección finalista Notodofilmfest. (Dur. 4 min Ano 2010)

- A consulta do Doutor Natalio - Javi Camino, proxectada fóra de concurso no Curtocircuíto (Santiago de Compostela 2004). Seleccionada nos Festivais de Sitges 2004 (sec. Brigadoon), no Festival Horror Independent Horror Fiesta (Barsowia, Polonia 2004) e no Festival Fusiónica 6.0 (Vallés Oriental, Barcelona 2004). Finalista no Festival CineCulpable 2004 (Castellón). (Dur.12 min. Ano 2004) 

- Bird Boy - Unha curtametraxe de animación dirirido por Alberto Vázquez e Pedro Rivero.Baseado en "Psiconautas", unha banda deseñada de Alberto Vázquez. (Dur. 12 min Ano 2010)

- Instalación -Unha curtametraxe de Canle 4 (Ciclo de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos do CIFP A Farixa) con dirección de José Díaz e guión de Jacobo Paz, José Díaz e Antón Coucheiro (Dur.14min. Ano 2010) 
----------------


ADEMÁIS: durante a Mostra contarase coas mellores tapas do cheff Daniel Tubío. 

Máis información en:

http://aturuxa.blogspot.com/

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical