24.10.12

Ribeira: do 29 de outubro ao 4 de novembro, Semana Micolóxica

  • Todas as charlas serán na Casa do Mar

Semana_micoloxica
https://twitter.com/Certo/status/261049894519832577


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: exposición do premio Jesús Núñez do 29 de outubro ao 12 de novembro

Ribeira: este xoves 25, "Un avó especial", teatro para explicarlles o Alzheimer aos escolares

  • Organiza Agadea, cunha obra que logo deu lugar a un libro editado por Kalandraka cuxos autores son María Campos e Carlos Yus

Media_httpbetakalandr_uqzid

Máis fotos e información sobre "Un avó especial" aquí

Ribeira, 24 de outubro de 2012. AGADEA (Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer), entidade xestora do Centro de Día de Alzheimer e outras demencias de Ribeira, organizará en colaboración co Concello de Riveira, a obra de teatro infantil “Un avó especial” da Compañía de teatro Migallas dirixida aos escolares dos colexios da comarca.

A representación será o vindeiro xoves, 25 de outubro, ás 11:00 horas, no Auditorio Municipal (Praza dos Mariñeiros, s/n). A actuación pretende axudar a comprender a enfermidade de Alzheimer, a través dun enfoque que fomente actitudes optimistas dos mais cativos ante a problemática desta enfermidade facendo énfase no protagonismo que os nenos e nenas teñen en moitos momentos de ledicia dos nosos maiores e viceversa.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical