1.4.13

Poesía: Silvia Penas irá en xuño á final do Poetry Slam en Madrid tras gañar o Slam Arousa

  • A data para a final estatal de Madrid é o 22 de xuño, no Poetry Slam Nacional

Media_httpfarm9static_fbika

Silvia Penas, nun momento da súa actuación

Na pasada fin de semana celebrouse a final rexional do certame poético Slam Arousa. Comezou a noite co acordeón de Sabela Galbán que acompañou a presentación de Esther F. Carrodeguas, tras da cal recitaron a decena de persoas que decidiron sumarse ao recitado aberto. E foi a rianxeira Ramona Golias, por ser a mellor puntuada, quen se sumou á final, que sucedeu de contado, competindo así contra Celia Parra, Ramón Blanco, Pedro Campos, Silvia Penas, Mauricia Ces Quintáns e Mercedes Pimentel. Así foi como Ramona, unha das participantes en Slam Arousa dende os comezos, chegou directamente á finalísima, con Pedro Campos que resultou segundo nas votacións, e Silvia Penas, que resultou gañadora na ronda final.

Media_httpfarm9static_wkwfh

Finalistas de Barbanza no Slam Arousa

Tras o recitado-competición, moitos dos poetas decidiron sumarse a esta fin de festa xuntando versos con música, e así o fixo Mercedes Pimentel (acompañada do acordeón por Sabela Galbán), Celia Parra (que recitou como ven facendo nas súas actuación con música pregravada composta por ela), Ramón Blanco (acompañado, como na xira de Emily on the Road, pola musicalidade de Pablo Sax) e por último o trío formado por Esther, Pedro e Sabela que mesmo se lanzaron a cantar unha canción de Pedro Campos e musicaron poemas con guitarra eléctrica e frauta traveseira.

Media_httpfarm9static_tyitw

Todos os finalistas do I Slam Arousa

Entre risas e versos tamén algúns poetas da illa recitaron os seus versos, ata que finalmente se fixo a entrega dos premios (albariño para os finalistas, e unha cea no Triskel, para a gañadora), e camisetas do Con do Moucho para todos os finalistas.

Pero a festa todavía non remataría aquí, xa que dende a Editorial Axóuxere, que colaboraron co Slam gravando todo o acto en audio e video, amenizaron con música o Con do Moucho cando rematou o certame.

Información sobre os poetas, en:

http://slamarousa.blogspot.com.es/

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o sábado 20 de abril, V Serán do Patrocinio en Rianxiño

Media_httpfarm9static_gdjjg

O vindeiro día 20 de abril, sábado, celébrase o  V Serán do Patrocinio a partires das 17:00 horas. "Este modesto serán nace como recuperación dunha festa tradicional da nosa vila esquecida no tempo e pretende darlle ao lugar de Rianxiño (Rianxo) a festa que se merece  recuperando as antigas festas con gaiteiros, pandereteiras, bailadores, boa comida e bebida", explican os organizadores.  "Por iso todos os anos tres semanas despois da semana Santa como manda a tradición celebrase o Serán  do Patricinio  no lugar de Rianxiño (Rianxo) na honra de San Xosé. O noso serán é unha  pequena foliada como as de antes na que disporemos de amplificación para os músicos que o desexen  pero tentamos facer un serán ao uso como os de toda a vida, no torreiro da festa .

Por iso convidámosvos a que vos acheguedes ao noso pequeno Serán para festexar todos xuntos e vivir a música e o baile tradicional. Non fai falla que vos anotedes antes senón que  ao chegar á festa poderedes tocar e bailar como se facía antigamente. E para coller folgos os grupos convidados terán un refrixerio", rematan.

Antes, en Certo:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o tripartito sacou adiante cos seus votos a expropiación na avenida da Coruña para rematar as beirarrúas

  • Son apenas 82 metros cadrados e 2500 euros o custe, pero son precisos para rematar unhas beirarrúas pendentes dende hai anos, que custarán case 6.000 euros

O Pleno do concello de Noia celebrado o pasado día 27 de marzo, aprobou co voto a favor dos grupos que integran o Goberno Local e os votos en contra do grupo municipal do Partido Popular, a expropiación de dúas parcelas para a conclusión das beirarrúas no último tramo da citada rúa, preto xa do barrio de San Bernardo. No mesmo acto tamén se solicita da Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia, a autorización para a urxente ocupación do ámbito citado.

Media_httpfarm9static_qllwk

A superficie total expropiada é de 81,70 metros cadrados, ascendendo o importe da mesma a un total 2.573,55 euros. O obxecto da expropiación é a de dar continuidade á  construción da beirarrúas inacabadas no citado punto desde hai unha morea de anos.

Media_httpfarm9static_dwjdu

A Avenida da Coruña constitúe desde fai anos unha vía de acceso e circunvalación ao casco urbano de Noia posto que permite enlazar as estradas que comunican desde Santiago e Muros sen pasar pola zona histórica. A apertura da citada rúa data do ano 1960, sendo alcalde do municipio D. Andrés Caamaño Martínez no período comprendido durante os anos 1955-1964.

Nas proximidades do enlace coa rúa San Bernardo encóntrase un alpendre, segundo o concelleiro de Urbanismo, "de aspecto inadecuado para o ámbito onde está situado, que invade lixeiramente o vial e provoca a interrupción das beirarrúas obrigando á invasión dos peóns da calzada co conseguinte risco de atropelos".

O concello intentou en varias ocasións (en anteriores mandatos municipais) negociar un acordo coa propiedade para a súa retirada e remate das beirarrúas sen chegar a ningún acordo. A obra de conclusión da beirarrúas acada un importe de 5.575,76 euros.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o vindeiro domingo, 7 de abril, I Marcha BTT "Concello de Rianxo"

  • Derradeiro día para anotarse, este martes 2 de abril. Límite de participantes: 500 (xa van por uns 340)
  • Foi presentada en rolda de prensa por Joaquín Domínguez Salgado, Concelleiro de Deporte e Saúde do Concello de Rianxo e José Ramón Castelo, Presidente do club P.C. Castro Barbudo

Media_httpwwwcastroba_jtcgo

Data e programa

A Marcha Cicloturista "Concello de Rianxo" celébrase o vindeiro 7 de
abril, domingo, en horario de mañá. O programa é o seguinte:
8:45 h. Recollida de dorsais
9:30 h. Saída das marchas do Porto de Rianxo
13:30 h.Hora estimada da chegada.

Organización

A marcha está organizada polo club Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa
colaboración do Concello de Rianxo. A P.C. Castro Barbudo fundouse no
ano 1997, tendo como principal motivación a promoción da actividades relacionadas coa bicicleta e o ciclismo, e organiza entre o outras actividade a Subida ao Castro Barbudo, que xa vai pola súa XII edición.

Obxectivos

O obxectivo desta proba é a promoción do cicloturismo en Rianxo, ao tempo que serve de escaparate ao noso pobo e ás súas posibilidades como recurso turístico, deportivo e recreativo. A proba pretende ser accesible a calquera tipo de afeccionado ao ciclismo, desde o principiante ata o mais experimentado, para o cal a marcha contará con tres rutas con distancias e niveis de dificultade distintos:

Iniciación (25 km.), Marcha (45 km.) e Maratón (60 km).

Os ciclistas deberán ser maiores de 18 anos ou maiores de 15 con autorización e está aberto a federados e non federados.

Inscricións

Está limitada a de 500 participantes, tendo nestes momentos formalizadas 340 inscricións, o que xa supón un grande éxito de convocatoria para tratarse da primeira edición. Está confirmada incluso a participación de ciclistas de Portugal. A data límite para apuntarse é o 2 de abril e para facelo hai que seguir as instrucións da páxina web da entidade (www.castrobarbudo.com).


Nesa mesma páxina está o regulamento da proba, perfiles das rutas, percorrido e demais información sobre a mesma.

Rutas
A saída da proba está organizada no porto de Rianxo, onde se prestarán
os servizos e atencións aos participantes e se derá a saída. A partires de
aí, farase un percorrido neutralizado polas rúas de Rianxo e en Tanxil xa
comezarán as rutas mencionadas. As duás primeiras rutas (INICIACIÓN e
MARCHA) discorren integramente por terras do Concello de Rianxo,
percorrendo os montes e camiños de tódalas parroquias do Concello. A
MARATÓN, sae do concello e percorre tamén terras de Dodro e Lousame.

Servizos
A organización da proba vaise centralizar no porto de Rianxo. Alí, os
participantes disporán de:
1. Zona de aparcamento
2. Puntos de lavado de bicicletas
3. Local de recollida de dorsais e entrega de premios
4. Duchas para os participantes.

A maiores, haberá dous puntos de avituallamento ao longo das rutas

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o PSdeG pide a demisión do deputado e responsable do PP Antonio Pérez Insua debido ao escándalo das preferentes

Media_httpfarm9static_gpesz

Pérez Insua con Núñez Feijóo, que tamén está estes días envolto nun escándalo por unhas fotos cun narcotraficante, o día da súa presentación como candidato a alcalde en 2011

Noia, 1 de abril de 2013. Segundo comunica hoxe en nota de prensa o PSdeG-PSOE de Noia, "despois da nova de prensa difundida por varios xornais escritos e dixitais, nas que se informaba que o Sr. Antonio Pérez Ínsua,
Deputado do Partido Popular no Parlamento Español e Voceiro do grupo municipal do PP no Concello de Noia, nas que se confirma que vendeu subordinadas, a agrupación local do PSdeG de Noia considera que debe dimitir".
 

O alcalde coa nómina máis alta que tivo nunca Noia

Para os socialistas noieses, "o feito de que o Sr. Pérez Insua participara no engano que supoñen as participacións preferentes e subordinadas fan que o Sr. Pérez Ínsua forma parte da súa vida profesional e persoal, pero o feito de
participar como deputado en votacións contra os afectados fai que non sexa digno de ocupar un cargo público coma o de Deputado ou Concelleiro. Pero aínda sendo parte da súa vida profesional e persoal, esiximos explicacións, porque foi o propio Pérez Insúa que empregou a súa nómina nese traballo para poñerse o soldo máis alto que tivo ningún alcalde en Noia. O Sr Pérez Insua debe explicar a cantos veciños  lles colocou estes produtos cando era director da Oficina de CaixaNova en Boiro, e canto cobrou en pluses por colocar estes
produtos e se aproveitou estes ingresos para xustificar a enorme nómina que se puxo como alcalde de Noia, xa que sempre alegou que se puxo o soldo de alcalde igual ao que viña percibindo como director de banco".

Gravidade de votar en contra dos afectados logo de vender preferentes

E tamén argumentan no PSOE noiés que "o grave é que votou en contra de varias propostas no Parlamento español para devolverlle os cartos ás persoas
enganadas pola venda de subordinadas e participacións. O Sr Pérez Insua con estes comportamentos amosa non estar capacitado para ocupar ningún cargo público e debe dimitir ou ser cesado inmediatamente. O parlamentario do PP Pérez Ínsua nunca debeu participar nas votacións, non é ético que votara en contra dos afectados polos produtos bancarios que el vendeu. Coma por exemplo de participación en votacións, entre outras, esta a proposta feita polo Partido Socialista nas Cortes na que se instaba a canxear as preferentes, nas que o Sr. Pérez Ínsua votou en contra. (ver “DIARIO DE SESIONES DEL CONGRESO DE LOS DIPUTADOS PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE”, votación 8 sesión 65 de 30 de octubre de 2012).

Esixencia de cese fulminante a Núñez Feijóo


Tamén se esixe a Alberto Nuñez Feijóo, como presidente do PPdeG, dar explicacións das razóns polas que el e unicamente el, incluiu nas listas electorais ao Congreso dos Deputados a unha persoa como Pérez Insúa, sendo coñecedor de que participara na venda destes produtos. E debe explicar se está de acordo que persoas que venderon estes produtos voten contra os intereses dos afectados no Parlamento Español. Núñez Feijoo debe aclarar dunha vez por todas se está do lado dos afectados ou do lado dos que venderon este produtos, e se vai cesar ou non ao Sr Pérez Insua demostrará de que lado está. Desde o Partido Socialista de Noia queremos expresar o rexeite que supón na veciñanza que un representante dos cidadáns teña este tipo de actitudes, que supoñen unha mala imaxe para a corporación noiesa da que forma parte, e o mellor que pode facer por Noia é dimitir, porque como parlamentario o único que fixo e prexudicar os intereses da Vila".


Pode que tamén lle interese:

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical