1.4.13

Poesía: Silvia Penas irá en xuño á final do Poetry Slam en Madrid tras gañar o Slam Arousa

  • A data para a final estatal de Madrid é o 22 de xuño, no Poetry Slam Nacional

Media_httpfarm9static_fbika

Silvia Penas, nun momento da súa actuación

Na pasada fin de semana celebrouse a final rexional do certame poético Slam Arousa. Comezou a noite co acordeón de Sabela Galbán que acompañou a presentación de Esther F. Carrodeguas, tras da cal recitaron a decena de persoas que decidiron sumarse ao recitado aberto. E foi a rianxeira Ramona Golias, por ser a mellor puntuada, quen se sumou á final, que sucedeu de contado, competindo así contra Celia Parra, Ramón Blanco, Pedro Campos, Silvia Penas, Mauricia Ces Quintáns e Mercedes Pimentel. Así foi como Ramona, unha das participantes en Slam Arousa dende os comezos, chegou directamente á finalísima, con Pedro Campos que resultou segundo nas votacións, e Silvia Penas, que resultou gañadora na ronda final.

Media_httpfarm9static_wkwfh

Finalistas de Barbanza no Slam Arousa

Tras o recitado-competición, moitos dos poetas decidiron sumarse a esta fin de festa xuntando versos con música, e así o fixo Mercedes Pimentel (acompañada do acordeón por Sabela Galbán), Celia Parra (que recitou como ven facendo nas súas actuación con música pregravada composta por ela), Ramón Blanco (acompañado, como na xira de Emily on the Road, pola musicalidade de Pablo Sax) e por último o trío formado por Esther, Pedro e Sabela que mesmo se lanzaron a cantar unha canción de Pedro Campos e musicaron poemas con guitarra eléctrica e frauta traveseira.

Media_httpfarm9static_tyitw

Todos os finalistas do I Slam Arousa

Entre risas e versos tamén algúns poetas da illa recitaron os seus versos, ata que finalmente se fixo a entrega dos premios (albariño para os finalistas, e unha cea no Triskel, para a gañadora), e camisetas do Con do Moucho para todos os finalistas.

Pero a festa todavía non remataría aquí, xa que dende a Editorial Axóuxere, que colaboraron co Slam gravando todo o acto en audio e video, amenizaron con música o Con do Moucho cando rematou o certame.

Información sobre os poetas, en:

http://slamarousa.blogspot.com.es/

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical