Mostrando entradas con la etiqueta infraestruturas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta infraestruturas. Mostrar todas las entradas

3.10.12

Infraestruturas: rematados os arranxos na estrada Cee-Ribeira, entre Noia e Ribeira

  • Segundo informa a Xunta, foron 30 quilómetros de rehabilitación do firme executados nos treitos comprendidos entre os PK 73+250 ao 84 e 84 ao 103+500 e complementouse coa reposición das marcas viarias horizontais e de sinais verticais
[[posterous-content:pid___0]]

Barbanza-Noia, 3 de outubro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas informa que xa rematou as obras da reparación da capa de rodadura na estrada Cee- Ribeira (AC-550). O Goberno galego, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, investiu preto de 1,3 millóns de euros na mellora destes viais.

Trátase dun tramo de 30 quilómetros (dende o punto quilométrico 73+250 e 103+500) cuxa execución dividiuse en dous treitos, coa fin de que esta fose máis áxil e eficiente. Así, leváronse a cabo obras entre os puntos quilométricos 73+250 (Noia) ao 84+000 (intersección coa CP-7101 a Nebra), que foi adxudicada á empresa Arias y Hermanos, cun orzamento de 573.146 euros; mentres que desde o PK 84+000 ao 103+500 (Ribeira), a empresa Ponciano Nieto encargouse de executar esta obra, que contou cun investimento de 606.551 euros.

A reposición da capa de rodadura permitirá mellorar as condicións de conservación do vial. A actuación complementáronse coa reposición das marcas viarias horizontais e de sinais verticais.

A Xunta analizou o estado do pavimento en cada un dos treitos, e concluíuse que nas zonas de travesía a capa de rodadura atopábase moi deteriorada, polo que non sería posible selar o pavimento e sería necesario realizar un fresado e eliminar a capa de rodadura de todo o carril de circulación, para posteriormente repoñer o firme eliminado estendendo unha nova capa de mestura bituminosa.

Fóra das travesías, realizouse un fresado e reforzo do firme das zonas agretadas, e estendeuse posteriormente un microaglomerado en frío para mellorar as características superficiais do firme. O fresado aplicouse en anchos mínimos de 1,5 metros para asegurar unha compactación óptima.





 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

1.10.12

Infraestruturas: o repintado da autovía do Barbanza farase dende este martes, 2, ata o xoves 11 de outubro

  • As tarefas obrigan a realizar cortes dun carril no tronco da autovía, deixando en todo momento un carril habilitado para a circulación en cada sentido
  • Manterase informados os usuarios mediante os paneis de mensaxería variable
Media_httpfarm4static_xzpor

Barbanza, 1 de outubro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas procederá a repintar parte das marcas viarias da Autovía do Barbanza (AG-11). Concretamente, repintaranse os treitos nos que o resultado das auscultacións realizadas así o aconsellan. Esta actuación levarase a cabo desde este martes, día 2 de outubro, ata o xoves día 11.

Para realizar o repintado das liñas do eixo e beiravía esquerda, así coma o dos símbolos do carril esquerdo de ambas calzadas, é necesario executar cortes do carril interior do tronco da autovía, de lonxitude aproximada 5 quilómetros, deixando, en todo momento, o carril exterior habilitado para a circulación en cada sentido.

Nos labores de repintado das marcas do carril dereito de ambas calzadas realizarase un corte na zona de cada símbolo a repintar. Mentres que para facer o dos ramais, glorietas e sinais dos enlaces non será necesario realizar ningún corte, xa que se empregará sinalización de obras e regularase o tráfico mediante sinalistas.

A Xunta lembra que durante o tempo que se produzan estas afeccións ao tráfico, manteranse informados os usuarios mediante os paneis de mensaxería variable.

As datas aproximadas nas que se repintará a autovía AG-11 son as seguintes:

Calzada dereita: 3 e 4 de outubro

Calzada esquerda: 8 e 9 outubro

Ramais, glorietas e simboloxía: 2, 5, 10 e 11 de outubro





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

20.6.12

A Pobra: a nova glorieta na estrada AC-305 estará rematada a primeiros de 2013

  •  A actuación, que se licitará o próximo mes, conta cun orzamento base de licitación de 115.000 euros e un período de execución de catro meses
  • O alcalde, Isaac Maceiras, foi á Coruña a reunirse con Belén do Campo para falar desta infraestrutura

Belen_docampo_maceiras

A Pobra, 20 de xuño de 2012.- A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, mantivo esta mañá un encontro de traballo en Coruña co alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, no que analizaron os detalles do proxecto de construción dunha glorieta na estrada AC-305 (Padrón-Ribeira) para mellorar a seguridade viaria.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que xa iniciou os trámites de expropiación necesarios, prevé licitar a actuación a través da Axencia Galega de Infraestruturas o próximo mes, co obxectivo de rematala a principios de 2013. O proxecto ten un orzamento base de licitación de 115.000 euros. Como sempre que se trata de datas facilitadas pola Xunta, e vistos os exemplos nesta comarca, poñemos en dúbida e "suspense" estas datas, sobre todo se convocan eleccións en breve.

A nova glorieta realizarase na intersección existente pola marxe dereita da estrada AC-305 á altura do punto quilométrico 33+230, de maneira que se habilitará un cambio de sentido con carrís de espera para os xiros á esquerda. A intervención completarase co fresado e reposición da capa de rodadura da superficie da calzada non afectada pola actuación anterior, a reposición de marcas viarias e sinais verticais, así como de beirarrúas, elementos de drenaxe, iluminación e servizos afectados. 

Do Campo, súperdelegada da Xunta que tamén deixa sentir a precampaña electoral, sinalou que a licitación deste proxecto "demostra o compromiso do Executivo galego coa comarca do Barbanza", á vez que destacou "o cumprimento dos obxectivos marcados para a mellora da rede viaria da provincia, de xeito que se proporcione aos usuarios unha forma de condución cómoda e segura".

Izado de bandeiras o venres 29 de xuño

Por outra banda, os representantes autonómica e local aproveitaron para analizar as actuacións previstas por ambas administracións para a limpeza das praias do municipio, a dotación de socorristas e para garantir os servizos nos areais. Neste senso, Maceiras trasladoulle a Do Campo a invitación para asistir ao acto de izado das bandeira azuis, que terá lugar o venres 29 de xuño na praia de Cabío.

Tamén, neste concello:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical