O Consello Local do BNG de Boiro respalda as actuacións realizadas polo goberno municipal para a mellora da seguridade e da accesibilidade dos viais
Boiro inzarase con sinais destes en breve
Boiro, 2 de marzo de 2010 (nota íntegra do Bng). Sen ánimo de entrar en discusións estériles desde o BNG consideramos que as medidas adoptadas polo goberno de Boiro, consistentes na elevación dos pasos de peóns nas proximidades das poboacións, contribuirán á mellora da seguridade tanto de viandantes como de condutores despois de que se teña constatado en máis dunha ocasión a excesiva velocidade pola que se circula nalgúns tramos do noso viario, coa conseguinte perigosidade para nenos, anciáns e habitantes da nosa vila.
Os nacionalistas defenden este tipo de obstáculos no medio da estrada
Ninguén dubida que, cos novos pasos elevados, a velocidade de circulación dos vehículos reducirase, os pasos de peóns serán máis visíbeis e seguros e, ao mesmo tempo, facilitarase a accesibilidade das persoas maiores e dos diminuídos no habitual desenvolvemento das súas vidas. Os pasos de peóns serven de medida disuasoria e preventiva, tanto para condutores imprudentes como para posíbeis distraccións ao volante.
Outra vantaxe que lle ven é que non é unha medida recadatoria
Finalmente, trátase dunha medida probada en países europeus, así como en moitos concellos próximos como Vilagarcía, Cambados, Pontevedra, a Illa de Arousa, a Estrada, o Carballiño, etc., nos que se demostrou que esta actuacion é efectiva, ademais de non ser recadatoria. Despois dun accidente non vale de nada por multas, xa fose por imprudencia ou por exceso de velocidade, senón que é mellor previr e evitar así atropelos. Sabemos que é unha medida que afecta a todos incluso ás persoas que circulan civilizadamente, pero se así somos capaces de salvar unha soa vítima vale a pena.
Desde o BNG estamos seguros de que esta obra será ben acollida co tempo tanto no Cabo da Cruz como no resto los lugares nos que se colocaron, e que contan co beneplácito da cidadanía.
Relacionada:
Polémica en Cabo de Cruz polos pasos elevados
(CabodeCruz.net)
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia