2.3.10

Motor: o Bng pide maior seguridade para os moteiros na autovía AG-11 (a do Barbanza)

Download now or preview on posterous
BARBANZA.pdf (190 KB)


Concentración en Ribeira para pedir seguridade para os motoristas

Ribeira, 2 de marzo de 2010. A deputada do BNG Ana Pontón vén de presentar unha iniciativa sobre a necesidade de colocar sistemas de contención para a protección dos e das motoristas que transitan pola autovía do Barbanza.

Pontón explica nesta iniciativa que xa durante a pasada lexislatura a seguranza das e dos motociclistas nesta autovía xerou un importante debate polas dúbidas expresadas polas asociacións de motoristas sobre a colocación destes sistemas xa que consideraban que deberían ser colocados en toda a autovía.

Para Ana Pontón, “o Partido Popular criticou con dureza ao Goberno bipartito afirmando que, os sistemas de dobre bionda instalados non eran suficientes” e asumindo o compromiso de instalar estes sistemas en todo o trazado desta infraestrutura, o que –a xuízo da deputada nacionalista- “foi  máis unha promesa electoral que un compromiso que vaia asumir o novo goberno”.

O BNG considera que a seguranza viaria é un asunto de especial transcendencia como para xerar falsas expectativas ante os datos dos accidentes producidos por colisión  contra gardarraís. De aí, a necesidade de coñecer as previsións do Goberno galego sobre o cumprimento das esixencias de seguranza para os/as motoristas e as medidas que farán efectivo o compromiso de instalar sistemas de contención adaptados  para este numeroso colectivo na devandita autovía.

A deputada nacionalista salienta os datos reflicten que un 15% dos/as accidentados/as no último ano, foron vítimas de colisións contra gardarraís véndose involucrados nun 20% dos accidentes con vítimas e o 12,2% de falecementos en vías urbanas e interurbanas no conxunto do estado.

Ante esta situación, a deputada do BNG quer saber a valoración da Xunta de Galiza sobre o grao de seguranza  para o colectivo de motoristas que circulan pola autovía do Barbanza,se considera necesario instalar a dobre bionda en todo o seu percorrido e de ser así, cando iniciará a súa instalación.

Relacionado: un colaborador de Certo referiuse a este asunto hai pouco


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical