2.3.10

Ribeira: apremian á Xunta para que entregue durante o mes de marzo as vivendas sociais de Xarás

O Viceportavoz do Grupo Parlamentario do PSdeG,José Manuel Lage urxe á Xunta de Galicia nunha proposición non de lei a entregar as 21 vivendas de protección oficial de Ribeira e denuncia "o incumprimento dos prazos por parte da Xunta de Galicia".


-Lage Tuñas recorda que "as vivendas tiñan que terse rematado o 16 de maio de 2009 pero non se cumpriu o prazo e despois o goberno galego volveu a dar un novo prazo para finais de setembro do 2009, e volveron a incumprir a súa palabra".

-"Non é normal que a Xunta actúe con tal lentitude porque da moi mala imaxe e amosa unha falta seriedade por parte do Goberno de Núñez Feijóo".

-O deputado do PSdeG agarda "que o PP vote a favor da nosa proposta e a Xunta entregue antes de que remate o mes de marzo as vivendas aos seus adxudicatarios."

-"Estamos a falar dun proxecto que comezou fai dez anos, e supón unha auténtica vergonza ver como aínda non se entregaron as vivendas. É algo que non se pode volver a repetir".

 



Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

1 comentario:

Anónimo dijo...

A verdade é que hai que ser ben cínicos para esixir a outros o que eles no foron capaces de cumprir en catro anos.
Aquí os máximos prexudicados foron esas familias, mentres os señores deputados do PP, PSOE e BNG se riron de todos nós.

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical